OUTONARTE 2008: balance
Ao redor de 5.000 persoas participaron nas distintas iniciativas que puxo a Mostra de Arte Contemporánea á dispor da cidadanía durante todo o mes de setembro
MARÍA XOSÉ BRAVO: “OUTONARTE REVELOUSE TAN VÁLIDO COMA NECESARIO; AGORA O PRINCIPAL OBXECTIVO É CONVERTELO NUN REFERENTE DAS ARTES PLÁSTICAS EN TODA GALICIA”
A concelleira de Cultura adiantou que na vindeira edición OUTONARTE se retrasará ata outubro e contará cunha escolma diferente de artistas; potenciará as actividades paralelas e mesmo reforzará a súa presenza nas rúas
A Coruña, martes 30 de setembro de 2008.- A aposta saíu ben. OUTONARTE, a Mostra de Arte Emerxente que organizou durante todo o mes de setembro a Concellería de Cultura da Coruña, revelouse coma unha iniciativa “tan válida coma necesaria”. É a conclusión, contrastada polos datos de afluencia e crítica, que expresou hoxe a máxima responsable da iniciativa, a concelleira María Xosé Bravo, á hora de facer balanzo. “É imprescindible seguir adiante e, daquela, converter OUTONARTE nese referente galego das Artes Plásticas que todos desexamos acadar”.
María Xosé Bravo lembrou a intención primixenia de OUTONARTE Sobre o espazo infinito. A creación ao redor do mar: abrir un debate “dinámico, crítico e plural sobre a arte, o seu consumo e mais a súa funcionalidade social”. Un mes despois, pode dicirse que o obxectivo se cumpriu. “A pesares de tratarse dunha arte difícil, pola súa modernidade, conseguimos atraer ao público coruñés, que revalidou co seu interese a participación todas as actividades que, máis aló das exposicións en si mesmas, lles ofrecemos”.
De feito, a concelleira de Cultura cifrou en 5.000 las persoas que, dun xeito ou outro, se implicaron en OUTONARTE, xa fose nas visitas guiadas, obradoiros, mesas redondas, charlas ou concertos que se programaron ao longo de todo o mes. Máis dun millar de visitantes pasaron por cada unha das salas de exposición, María Pita, Palexco e Salvador de Madariaga, aínda que –tal e como subliñou María Xosé Bravo- no caso da montaxe de Durán Loriga é difícil precisar o número exacto, debido ás moitas ofertas culturais que alí coincidiron ao mesmo tempo. Foi, concluíu a concelleira, “unha experiencia moi, moi positiva” que, inda así, no futuro ten que abrirse a outros públicos.
“Ás veces dise que a cidadanía non se interesa polas Artes Plásticas máis novas porque non as comprende, pero eu non estou de acordo. O que si penso é que propostas culturais como OUTONARTE son moi necesarias, porque achéganlles aos cidadáns e cidadás as novas realidades artísticas e, daquela, as obras resultan máis doadas de entender e aprezar, porque o público ten a oportunidade de coñecelas e valoralas na súa xusta dimensión”.
A titular de Cultura do Concello da Coruña amosou tamén o seu convencemento de que a marca OUTONARTE está consolidada, aínda que adiantou algúns cambios cara a vindeira edición. A “Festas das Artes Plásticas” pasará seguramente a celebrarse máis tarde, en outubro ou incluso novembro, e ofrecerá unha escolma de artistas diferente, sen que se descarte volver incluír algún dos nomes presentes este setembro. Potenciarase a programación de actividades paralelas e mellorarase a sinalización e visibilidade da sala Palexco, así como a presenza na rúa de pezas da Mostra e mesmo actuacións.





A Coruña, sábado 20 de setembro de 2008.- Unha caravana de cidadáns e cidadás, equipados con aparellos de gravación, percorrerá mañá domingo a zona do porto da Coruña na procura dos sons máis característicos da cidade, especialmente os que teñen que ver co mar. Esta será a segunda e última fase do Obradoiro Sonoro que, a cargo do colectivo galego
OUTONARTE CONVIDA A COÑECER COMO “SOA” A CORUÑA CUN OBRADOIRO GRATUÍTO, DE ENTRADA LIBRE E APTO PARA TODAS AS IDADES
A Mostra de arte contemporánea continúa tamén maña sábado, día 20 de setembro, ca quenda de visitas guiadas polas tres salas que acollen OUTONARTE. As visitas guiadas comezarán ás 18 horas na sala de exposicións do Palacio Municipal de María Pita. Ás 18.45, as explicacións dos expertos produciranse en Palexco. O percorrido rematará cun repaso polas obras que se exhiben en Salvador de Madariaga. As visitas repetiranse o domingo, día 21 de setembro, a partir das 12 horas.
OUTONARTE convida os coruñeses e coruñesas ao concerto musical que terá lugar tamén mañá sábado, a partir das 21 horas, diante de Palexco. Correrá a cargo do cuarteto Xerión, un grupo formado por catro clarinetistas galegos, que fan todo tipo de música e están empeñados en incorporar este tipo de agrupación ao eido musical galego. Os seus membros son orixinarios de diferentes vilas de Galicia, aínda que a cidade da Coruña é o seu centro da formación e por iso Xerión é o símbolo que representa a súa orixe.















