Outonarte: de que se falou na mesa redonda

luns, 22 setembro 2008, 10:39 | Category : Arte, mesas redondas, outonarte
Tags :

  • A arte galega goza dun bo momento grazas a nomes illados, pero a maioría atópase cun mecenado institucional interesado que actúa con criterios puramente mercantilistas”

  • O mercado é acoutado e conservador: só prima os nomes e valores seguros”

  • Resulta antieconómico traer unha figura de prestixio e desembolsar unha alta suma para facela participar nun só acto”

OS ARTISTAS PLÁSTICOS GALEGOS VENSE FORZADOS A MARCHAR FÓRA DO PAÍS PARA ACADAR PROXECCIÓN

 

É a principal conclusión da mesa redonda que organizou OUTONARTE estes días ao redor de “A creación hoxe, retos e oportunidades”

 

A Coruña, luns 23 de setembro de 2008.- “Os artistas plásticos galegos padecen unha situación periférica e consideran necesario instalarse nas metrópoles –Nova York ou Berlín- para que as súas obras teñan a proxección desexada”. Esta é unha das principais conclusións da mesa redonda que, dentro das actividades paralelas de OUTONARTE, tivo lugar esta semana na sala Palexco. Os participantes que asistiron ao foro estiveron de acordo en que “no lanzamento dunha obra, ademais de aspectos puramente artísticos, inflúen outros relacionados coa crítica, os intereses das galerías e mais os medios de comunicación”, en palabras do moderador do encontro, o escritor Xulio López Varcárcel. Ademais de Valcárcel, no coloquio participaron o crítico Joaquín Lens, as artistas Mar Caldas, Mirian Pérez e Neves Seara, e o director das salas de exposición municipais da Coruña, Jaime Oíza.

Os participantes confirmaron o bo momento do que goza a arte galega, con artistas de primeira orde no concerto mundial como Leiro, Murado ou Antón Lamazares. “Sen embargo, esta circunstancia non é extrapolable, xa que a maioría se atopa cun mecenado institucional moitas veces interesado, que non arrisca e que actúa desde criterios puramente mercantís, e mesmo coa dificultade inherente a un mercado acoutado e conservador, no que priman os nomes e os valores seguros, máxime nun contexto económico desfavorable como é o actual”, recalca Xulio L. Valcárcel, voceiro do coloquio.

Outra das conclusións da mesa é que resulta aconsellable o intercambio de exposicións, facéndoas, cando sexa posible, itinerantes, así como a colaboración entre as diversas institucións para optimizar esforzos e recursos. Nese sentido, os representantes dos distintos estamentos artísticos presentes na sala Palexco razonaron que resulta antieconómico traer unha figura de prestixio e desembolsar unha alta suma para participar nun só acto, cando aproveitando a viaxe, e por pouco máis, podería intervir en diversos lugares.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path