Ciencia e Cinema
Curtas e longas, producións para a televisión e para a gran pantalla, películas de intencións didácticas e outras de marcado carácter experimental... A Sección Oficial da I Mostra de Ciencia e Cinema ofrece un variado panorama das maneiras que o audiovisual ten de achegarse aos conceptos, procedementos e oficios da ciencia a través dunha selección atrevida e provocadora, que pretende escapar dos tratamentos máis convencionais.
Un dos documentais máis eloxiados do último Festival de Sundance, The linguists, exemplifica ben esta decidida aposta pola calidade, como proban as entusiastas reseñas de Variety ou Reuters, que titulou a súa crónica cun contundente "Linguists, the talk of the town at Sundance". "Excellent" foi o calificativo que o influínte Jonathan Rosenbaum lle dedicou ao documental de Maria Finitzo Terra incognita, un valente e honesto achegamento á investigación con células nai por medio da figura do doutor Jack Kessler, que decidiu mudar a súa liña de investigación logo de que a súa filla ficase parapléxica por mor dun tráxico accidente.
Persoal e audaz é o retrato que Dana Ranga fai do Cosmonauta Polyakov, o home que ten o record de permanencia no espacio, nun documental que obtivo o premio ao mellor filme no Festival de São Paulo. Galardoado nunha morea de festivais científicos foi Crude, o documental sobre o petróleo -un tema de permanente actualidade- escrito e dirixido polo australiano Richard Smith.
A Mostra abre un oco á experimentación con dúas obras de Ruth Jarman e Joe Gerhardt, Brilliant Noise e Magnetic Movie, e tamén á televisión intelixente grazas a dous programas arxentinos, Proyecto G e Alterados por Pi. Dese mesmo país chéganos El ojo de la Tierra, sobre a búsqueda dun lugar idóneo onde establecer o maior telescopio do planeta.
Unha ollada diferente sobre o drama da SIDA en África ofréceo a curtametraxe Les raisons d'un sourire, da cineasta de Bukina Faso Fanta Regina Nacro. A súa peza pertence á serie Scenarios from Africa, un fascinante proxecto de educación a través do cinema polo cal directores internacionalmente recoñecidos elaboran filmes sobre a SIDA inspirados en ideas proporcionadas por mozos africanos.
As nove pezas de Dimensions explican apaixonantes cuestións de xeometría e matemáticas mediante atractivos gráficos, coa singularidade de que o documental pode ser descargado libremente desde esta páxina web. Do humor e dun inequívoco espírito friki válese Laureano Jiménez para falar de ciencia na serie Wolframio, un tipo con química, co actor Miquel Simó encarnando ao excéntrico protagonista. E o humor non está tampouco ausente de In the name of roses: The fabulous story of poop, que repara nunha actividade fisiolóxica tan frecuente como pouco coñecida.

TODOPÚBLICO
TODO PÚBLICO
PROGRAMA OUTONO
- Día 18 de outubro - 19 h
CRISTOVO E O LIBRO DAS MARABILLAS
Sabemos da admiración que Cristóbal Colón sentía por Marco Polo. Coñecemos que “O libro das marabillas” do mercader veneciano acompaañou ao navegante na súa viaxe coa intención de chegar por outra ruta a aquelas “indias” descritas douscentos anos antes. Recollemos esta fascinación para amosar en “Cristovo eo libro das marabillas” a un Colón neno ao que o mundo se lle queda pequeno e aborrece a escola. Cristovo quere viaxar e cre que a coraxe e a forza son a súa mellor carta de presentación. Sofía e “o libro das marabillas” descubriranlle que a máis grande aventura está no coñecemento.
Compañía: SARABELA TEATRO (Galicia)
Con Fernando Dacosta, Tito Asorey, Sabela Gago, Elena Seijo, Fina Calleja
Dirección: Fina Calleja
Duración: 50 min. Público: +7 anos
- Día 25 de outubro - 19 h
BLANCANIEVES
“Brancaneves! Quen non coñece a historia de Brancaneves?
Dous técnicos, Igor e Igor, acostumados a estar entre bastidores, atópanse en escea interpretando o clásico conto, disfrazándose de Brancaneves, dos sete ananos, da madrasta, do príncipe e do cazador, quedan fascinados e emocionados pola historia e desfrutan do pracer de vivir no imaxinario mundo de BRANCANEVES.
Compañía: BARACCA (Italia)
Con Bruno Cappagli e Fabio Galanti
Texto de Bruno Cappagli e Fabio Galanti
Duración: 60 min. Público: +4 anos
- Día 8 de novembro - 19 h
MADCAP
Espectáculo de danza no que tres bailaríns tentarán conquistar o seu lugar no xogo no mundo da imaxinación e da amizade.
Compañía: STILTE (Holanda)
Con Karisma Costumes, Sabrina Zyla, Bert Voorhaar
Coreografía de Jack Timmermans
Duración: 55 min. Público: +3 anos
- Día 15 de novembro - 19 h
EL CANTO DEL ALMA
Un fermoso espectáculo arredor dos códigos da natureza no que o artista realiza unha obra plástica.
Compañía: VIVA OPERA CIRCUS (Italia)
Autor Guianni Franceschini (actor-pintor), María Ellero (actriz-bailarina)
Duración: 60 min. Público: +5 anos
- Día 22 de novembro - 19 h
LA ARENA Y EL AGUA
Unha historia na que dúas parellas descubrenoutro mundo fora do seu entorno habitual.
Compañía: LA GALERA ENCANTADA (Arxentina)
Con Héctor Presa, Lali Lastra, Matias Zarini, Marina Pomeranice
Dirección: Héctor Presa
Duración: 55 min. Público: +6 anos
- Día 29 de novembro - 19 h - TEATRO ROSALÍA CASTRO
KOLOK, LOS TERRIBLES VECINOS
Unha obra na que se une o teatro e o circo para falarnos dun problema actual: o medo ao diferente. Un delicado equilibrio que crea unha intesna relación entre xesto, acrobacia, palabra, música, luz e escenografía.
Compañía: FONDAZIONE TEATRO RAGAZZI E GIOVANI (Italia)
Con Olivia Ferraris, Milo Scotton
Dirección: Philip Radice
Duración: 60 min. Público: +6 anos
- Día 6 de decembro - 17.30 h
POLGARIÑO
Compañía: ARTELLO TEATRO ALLA SCALA 1:5 (Galicia)
Manipulación e narración: Rosa Hurtado, Santiago Montenegro
Dirección: Manuel Pombal
Duración: 50 min. Público: +5 anos
- Día 13 de decembro - 19 h
UN RATIÑO E A LÚA
Un dos mellores titiriteros de Arxentina e a narración de Isabel Blanco
O ratiño Gualdo se afana por coñecer a súa eterna namorada: a lúa.
Compañía: OMAR ÁLVAREZ TÍTERES (Arxentina)
Intérprete-manipulador: Omar Álvarez
Narración: Isabel Blanco
Dirección: Rafael Curci, Omar Álvarez
Duración: 45 min. Público: +4 anos
VENDA DE ENTRADAS PRÓXIMAMENTE
TAQUILLA CENTRAL: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13 e de 16.30 a 19.30 h.
Nota: até que finalicen as obras no contorno da praza de Ourense, a Billeteira Central funcionará no Teatro Rosalía Castro:
TAQUILLA TEATRO ROSALÍA CASTRO: só os días de función, de 12 a 14, de 16 a 20 h. e desde unha hora antes do inicio do espectáculo.
TAQUILLA FORUM METROPOLITANO: só os días de función, desde unha hora antes do inicio do espectáculo (cine, media hora).
Os datos do evento
- Datas do evento: Desde 18/10/2008 até 13/12/2008
- Rúa Río Monelos s/n. 15006 A Coruña
- Horario: 19 h (agás Polgariño, 17.30 h)
- Entradas: á venda proximamente
Centenario Curros Enríquez

A Concellaría de Cultura segue a desenvolver o programa de actividades con motivo do centenario da morte do poeta Manuel Curros Enríquez.
Queremos incidir no ámbito do ensino para divulgar a figura de Curros porque o coñecemento dos nosos escritores e escritoras entre a poboación escolar non só é necesario, senón que é inaprazable por formar parte da realidade máis próxima e da que o sistema educativo é portavoz fundamental.
Convidámosvos a participar nas actividades máis inmediatas e facer extensiva a información a toda a comunidade escolar.
- EXPOSICIÓN “NA FRENTE UNHA ESTRELA”. Na Sala de exposicións do Pazo Municipal (Casa do Concello, María Pita). Até o 23 de novembro. Horario: de luns a domingo, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00
- Domingo 19, ás 12:00. ROTEIRO “AO PÉ DE CURROS”: Visita guiada ao cemiterio de San Amaro con Xulio Cuba, profesor de ensino secundario.
- Martes, 21, ás 19:30. “CURROS EN CUBA”: Conferencia impartida por Elisardo Varela, profesor e inspector de ensino secundario. Na Biblioteca de Estudos Locais, en Durán Loriga
- Luns, 27, ás 19:30. “VIXENCIA E MODERNIDADE NA OBRA DE CURROS”. Conferencia impartida por María Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña e Xosé Luís Axeitos, profesor de ensino secundario e membro da Real Academia Galega. Na Biblioteca de Estudos Locais, en Durán Loriga


























