Culturgal 2008, do 4 ao 7 de decembro na Coruña

venres, 28 novembro 2008, 12:16 | Category : culturgal
Tags :

Do 4 ao 7 de decembro A Coruña acolle a segunda edición do Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, punto de encontro para todas as empresas e entidades que crean, distribúen, promocionan e ofrecen produtos e servizos relacionados coa cultura en Galiza e que llelos queren achegar á cidadanía. O Culturgal 2008 terá lugar no Palexco, Palacio de Congresos e Exposicións situado no Peirao de Transatlánticos da Coruña. A entrada ao recinto é de balde. A Concellaría de Cultura vai ter un stand na Feira cuxo horario será de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00; nos próximos días detallaremos neste blog as actividades que desenvolveremos no noso espazo do Culturgal. Na web da Feira hai xa en calquera caso adiantos coa programación deseñada para profesionais, para público en xeral e para o público infantil.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Catálogo da exposición "Quen puidera convosco voar"

venres, 28 novembro 2008, 11:41 | Category : exposicións
Tags :

“Quen puidera convosco voar” é a homenaxe de 56 artistas plásticos á figura de Manuel Curros Enríquez. A exposición poderá visitarse até o vindeiro 8 de decembro no Quiosco Alfonso no horario habitual das salas de exposicións municipais, de luns a domingo de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas. Poden descargar o catálogo da exposición premendo nesta ligazón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Novembro remata con teatro e música

venres, 28 novembro 2008, 11:00 | Category : música, teatro
Tags :

O teatro e a música volven ter un peso destacado na programación cultural da fin de semana. O sábado 29 no Teatro Rosalía de Castro a compañía italiana FONDAZIONE TEATRO RAGAZZI E GIOVANI representará a obra “Kolok. Los terribles vecinos”, que forma parte do ciclo Todo Público. A obra está recomendada para maiores de 5 anos. A función comezará ás 19 horas, e o prezo de cada entrada é de 5 €, e existe un abono familiar válido para tres persoas por 12 €.

O venres 28 e o sábado 29 no Fórum Metropolitano poderemos ver “A mirada de Pier” a cargo da compañía NUT TEATRO, dentro do ciclo 4x2. No reparto, Arantza Villar, Iria Sobrado, Nerea Barros, Xiana Carracelas; dirixe Carlos Neira. A función comeza ás 20:30 e o prezo das entradas é de 9 € (6 € para usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados).

Este domingo 30 hai concerto da BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA no Pazo da Ópera, con Marcel Van Bree como director. A actuación empeza ás 12:15, e a entrada é libre até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: "La zona"

xoves, 27 novembro 2008, 12:00 | Category : cinema
Tags :

La zona de Rodrigo Plá, con Maribel Verdú, Daniel Giménez Cacho e Carlos Bardem, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Os Bardem.

Horario: Xoves, 20.30 h. Venres, 20.30 e 23.00 h. Sábado, 17.30 e 20.30 h (a proxección do venres ás 23.00 h. é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: "Himalaya"

xoves, 27 novembro 2008, 12:00 | Category : cinema
Tags :

Continúa o ciclo Cine e natureza na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano. Esta semana, Himalaya de Eric Valli.

Horario: Horario: Xoves 27, 20.15 h. Venres 28, 20.15 e 22.45 h. Sábado 29, 17.15 e 20.15 h (a proxección do venres ás 22.45 h. é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Curros Enríquez

xoves, 27 novembro 2008, 11:35 | Category : conferencias, exposicións, homenaxes, música, poesía
Tags :

Continúan os actos de homenaxe ao escritor galego Manuel Curros Enríquez no centenario do seu falecemento. Mañá venres 28 ás 18 horas na Casa Museo Casares Quiroga Laura Mariño e Diego Pardo impartirán a conferencia “Manuel Curros Enríquez e a Igrexa do seu tempo”. A seguir haberá unha visita á exposición do Quiosco Alfonso “Quen puidera convosco voar” guiada por Ánxeles Penas. Pechará a tarde un recital poético-musical con temas de Curros Enríquez a cargo de Casa Hamlet, no mesmo escenario do Quiosco Alfonso, até aproximadamente as nove da noite.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rock Mariño: concerto de Brothers in Band e Colorado

xoves, 27 novembro 2008, 11:34 | Category : música
Tags :

Hoxe no Playa Club ás 22:00, concerto Brothers in Band , unha banda tributo a Dire Straits, e Colorado dentro do Certame Rock Mariño. A entrada é gratuita con invitación.

MySpace de Brothers in Band

My Space de Colorado

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Roteiros culturais pola cidade

mércores, 26 novembro 2008, 15:34 | Category : ciencia, roteiros
Tags :

O ciclo Historias da cidade ofrece esta semana unha maneira diferente de revisar o pasado da Coruña en forma de roteiros culturais de enorme interese. Hoxe mércores 26 de 18 a 21 horas o director dos Museos Científicos da Coruña será quen nos descubra A presenza da Ciencia na cidade nun paseo que se iniciará na Praza da Palloza. E mañá Xoves 27, tamén de 18 a 21 horas, Espazos identitarios da cidade, a cargo de Xosé Luís Martínez, arquitecto e Vicerreitor da Universidade da Coruña. A saída terá lugar en Porta Real. En caso de que o tempo non permita facer os roteiros desenvolverase unha charla na Casa Museo Casares Quiroga.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programación cultural nos centros cívicos

mércores, 26 novembro 2008, 15:23 | Category : concertos, danza, teatro
Tags :

Esta é a axenda dos circuítos culturais nos centros cívicos para esta semana:

Mércores 26:
Centro cívico San Diego: actuación ás 19 horas do grupo FAS QUE FAS. Entrada: libre até completar aforo.

Xoves 27:
Centro cívico Labañou: actuación de ARTESTUDIO. Ás 18:30. Entrada libre até completar aforo.

Venres 28:
Centro cívico Monte Alto: actuación da ASOCIACIÓN LÍRICA DE GALICIA. Función ás 19:30, con entrada libre até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Jim Finn, hoxe no CGAI

martes, 25 novembro 2008, 7:05 | Category : cinema
Tags :

Comeza no CGAI o ciclo A utopía ianqui, organizado en colaboración co IVAC-Filmoteca de Valencia e o Festival Internacional de Cine de Gijón. A retrospectiva, que prosegue nos meses de decembro e xaneiro, inclúe longametraxes realizadas por cineastas estadounidenses educados en torno á contracultura dos 60, traballando desde coordenadas e canles de difusión periféricas e alternativas. Abre o ciclo La trinchera luminosa del presidente Gonzalo do director norteamericano Jim Finn, que hoxe estará no CGAI para presentala. A entrada é libre até completar o aforo. Do mesmo autor poderemos ver o venres as longametraxes Interkosmos e The Juche idea.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro no Fórum Metropolitano

martes, 25 novembro 2008, 7:00 | Category : teatro
Tags :

Dentro do Memorial Ibán Toxeiro o Fórum Metropolitano acolle mañá mércores 25 de novembro ás 21 horas a representación de dúas obras de Jenaro Marinhas del Valle, cuxo centenario estamos a celebrar cun ciclo de actividades. As pezas elixidas son A serpe, a cargo do Grupo de Teatro Alexandre Bóveda, e O bosque, representada por Fas que fas. A entrada é libre até completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nova exposición no Quiosco Alfonso

luns, 24 novembro 2008, 11:36 | Category : exposicións
Tags :

Mañá martes 25 de novembro ás 19:30 inaugúrase no Quiosco Alfonso a exposición QUEN PUIDERA CONVOSCO VOAR, a homenaxe de máis de medio cento de artistas plásticos a Curros Enríquez con obras inspiradas nos versos do poeta de Celanova. A exposición pode visitarse de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00; a entrada é de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música folk no Fórum Metropolitano

luns, 24 novembro 2008, 11:30 | Category : concertos
Tags :

O CICLO FORUMFOLK acolle hoxe luns 24 a actuación do dúo Sobre Rodas, formado por Luis "O Caruncho" e Carlos do Viso (zanfoña e voz). A función comeza ás 21 horas. A entrada custa 5 € (prezo reducido para usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: 3 €).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro e música para a fin de semana

venres, 21 novembro 2008, 7:00 | Category : concertos, teatro
Tags :

Teatro Rosalía de Castro:

Sábado 22 ás 19:30: GALA XVII PREMIO IAR, coa actuación do GRUPO DE DANZAS DE VILLENA, o RANCHO FOLCLÓRICO DO PADRÄO DA LÉGUA e o GRUPO DE BAILES POPULARES IAR. Entradas: 5 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 3 €).

Domingo 23 ás 19:00 e dentro do CICLO 4X2, representación da obra teatral O CLUB DA CALCETA, adaptación da novela de María Reimóndez con dirección de Celso Parada. No reparto, Estívaliz Espinosa, Susana Dans, Laura Ponte, Maxo Barjas, Elina Luaces, Luisa Merelas e Inma Antonio. Entradas: 9 euros (carné xove, maiores de 65 e desempregados: 6 €). Comprando entradas para dous espectáculos deste ciclo obtéñense entradas de balde para os outros dous.

Fórum Metropolitano:

Sábado 22 ás 19:00: CICLO TODO PÚBLICO. Representación da obra LA ARENA Y EL AGUA a cargo da compañía La Galera Encantada (Arxentina). Recomendada para maiores de 6 anos. Entradas: 5 € (abono 3 familiar: 12 €).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Últimos días para ver a exposición sobre Curros Enríquez

venres, 21 novembro 2008, 7:00 | Category : Sen clasificar
Tags :

A exposición sobre Curros Enríquez organizada pola Real Academia Galega, Na fronte unha estrela, finaliza o próximo domingo 23 de novembro. Pode verse até esa data no Pazo Municipal, de 12:00 a 14:00 polas mañás e de 18:00 a 21:00 en horario de tarde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google