Jenaro Marinhas del Valle
ACTOS DE HOMENAXE NO CENTENARIO DO NACEMENTO DE JENARO MARINHAS DEL VALLE:

A Concellaría de Cultura, a Universidade da Coruña e a AS-PG celebran o centenario do nacemento de Jenaro Marinhas del Valle cun amplo programa de actividades arredor da vida e obra deste intelectual e escritor, exemplo de compromiso con Galiza. Conferencias, exposicións, obras de teatro e audivisuais achegarán a súa figura a toda a poboación:
PROGRAMA:
Martes 11:
Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña:
Ás 12.00 h.
-
Presentación dos actos previstos. Primeira aproximación a D. Jenaro Marinhas del Valle.
Interveñen: María Xosé Bravo, Mª Pilar García Negro, Pablo G. Mariñas, X. María Monterroso Devesa e Teresa López.
Ás 13.00 h.
-
Perfil humano-literario de Jenaro Marinhas. Henrique Rabuñal
-
Experiencias en dirección e escenificación de obras teatrais de Jenaro Marinhas:
Interveñen: Lino Braxe e Francisco Rodríguez.
Venres 21:
Casa Museo Casares Quiroga:
Ás 18.00 h.
-
O feminino e a protesta na obra de teatro Ramo Cativo:
Interveñen: Kathleen March e Tareixa Campo.
Ás 19.00 h.
-
Mesa redonda: Continuidade dos presupostos vangardistas no teatro de Jenaro Marinhas. Laura Tato.
-
Claves expresivas do teatro de Jenaro Marinhas. Cilha Lourenço
-
O público na constitución dun teatro nacional: o pensamento de Jenaro Marinhas. Carlos Viscainho.
Ás 20.30 h.
Teatro Rosalía Castro:
Representación: “A velada”. Teatro proscrito (Memorial Iván Toxeiro. Asociación Alexandre Bóveda)
Exposición “Jenaro Marinhas: drama e exemplo do século XX galego”.
No mes de decembro a Casa Casares Quiroga acollerá unha exposición que pretende axudar a difundir a vida e a obra deste intelectual galeguista sempre comprometido coa dignificación da nosa cultura.














