Cinema no Fórum: "Arctic tale"

xoves, 20 novembro 2008, 11:43 | Category : cinema
Tags :

Continúa o ciclo Cine e natureza na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano. Esta semana, Arctic tale, de Adam Ravetch e Sara Robertson.

Horario: Horario: Xoves, 20.15 h. Venres, 20.15 e 22.45 h. Sábado, 17.15 e 20.15 h (a proxección do venres ás 22.45 h. é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: "Pantaleón y las visitadoras"

xoves, 20 novembro 2008, 11:37 | Category : cinema
Tags :


Pantaleón y las visitadoras, a adaptación que Francisco J. Lombardi fixo da novela de Mario Vargas Llosa, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Os Bardem.

Horario: Xoves, 20.30 h. Venres, 20.30 e 23.00 h. Sábado, 17.30 e 20.30 h (a proxección do venres ás 23.00 h. é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Jenaro Marinhas del Valle

xoves, 20 novembro 2008, 10:42 | Category : conferencias, mesas redondas, teatro
Tags :

Continúan os actos en homenaxe a Jenaro Marinhas del Valle polo seu centenario:

Venres 21:

Casa Museo Casares Quiroga (r/ Panadeiras, 12)

Ás 18.00 h, conferencia: “O feminino e a protesta na obra de teatro Ramo Cativo”, impartida por Kathleen March e Tareixa Campo

Ás 19.00 h, mesa redonda: “Continuidade dos presupostos avangardistas no teatro de Jenaro Marinhas” (Laura Tato), "Claves expresivas do teatro de Jenaro Marinhas” (Cilha Lourenço) e “O público na constitución dun teatro nacional: o pensamento de Jenaro Marinhas” (Carlos Viscainho).

Entrada: libre até completar aforo

No Teatro Rosalía Castro, ás 20.30 h.

Memorial Ibán Toxeiro: Representación de “A velada”, de Jenaro Marinhas del Valle, a cargo de Teatro Proscrito. Organiza a Asociación Alexandre Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Certame Rock Mariño

xoves, 20 novembro 2008, 10:35 | Category : música
Tags :

Dentro do Certame Rock Mariño, hoxe xoves 20 ás 22:00 no Playa Club terá lugar a actuación das bandas Tataratrío e Madialeva. A entrada é de balde (con invitación).

MySpace de Madialeva

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cine e natureza no Fórum

mércores, 19 novembro 2008, 11:55 | Category : cinema
Tags :

En agosto de 1920 o cineasta estadounidense Robert J. Flaherty marchou ao asentamento esquimó de Inukjuak, ao norte de Quebec en Canadá. Coñecía ben a zona pois traballara facendo prospeccións para unha compañía de ferrocarrís, e estaba ben familiarizado cos costumes dos inuit. Conviviu con eles durante un ano e nese tempo rodou moito material, que lle serviría logo para montar o que está considerado o primeiro gran documental da historia, Nanook of the North. O filme acadou un enorme éxito comercial: amosáballe ao público occidental un territorio de impactante beleza e se esforzaba en conseguir unha intensa identificación cos personaxes protagonistas, ao nolos presentar nas súas actividades cotiás (a caza, a pesca, mesmo a construción dun iglú). O poderoso mito do home en contacto coa natureza chegaba ao cinema e ficaría para sempre. Unha natureza ás veces xenerosa e ás veces hostil, que atopa na escuridade dunha sala e sobre unha gran pantalla o lenzo idóneo onde lucir ben fermosa.
Que sería do western sen eses grandes espacios excepcionalmente retratados por xenios coma Winton C. Hoch? O relato épico da “conquista do Oeste” é tamén a historia da conquista da natureza salvaxe, domesticada para facela máis accesíbel e permitir o nacemento de novas cidades. É o relato, pois, da desaparición dos espacios naturais, e dos que neles tiñan o seu fogar, nalgúns casos con ton elexíaco, o que corresponde para cantar un mundo que se extingue. O cinema sempre mirou con bos ollos a aqueles que quixeron vivir en harmonía coa natureza, de Dersu Uzala a Jeremiah Johnson, ou o exemplo máis cercano de Into the wild, o máis recente filme de Sean Penn baseado na experiencia real de Christopher McCandless. O conflito entre o desenvolvemento e o difícil equilibrio sustentábel asoma en A selva esmeralda ou Os derradeiros días do Edén, e con apuntamentos de comedia en Un lugar chamado Milagro, dirixida por Robert Redford. Con vocación de impactante experiencia audiovisual Godfrey Reggio preparou a súa triloxía Qatsi, co apoio da música de Philip Glass. Intencións semellantes tiña Ron Fricke con Baraka, ou a parella Claude Nuridsany e Marie Perennou, que pasou de descubrirnos en Microcosmos o fascinante mundo que se agacha en calquera xardín a contarnos a marabillosa historia da orixe da vida na voz dun griot africano en Xénese, un filme cheo de imaxes abraiantes.
En novembro, a Natureza invade a Sala Marilyn Monroe da man dunha familia nómade de Mongolia, unha tribo do Nepal e un sabio sufí cego nos desertos de Túnez e Irán, e tamén de Nanu e Seela, un osiño e unha morsa aprendendo a sobrevivir nuns xeos ameazados polo cambio climático.

Sala Marilyn Monroe: Novembro de 2008
6, 7 e 8: La historia del camello que llora (Luigi Falorni e Byambasuren Davaa, 2003)
13, 14 e 15: Bab'Aziz (Nacer Khemir, 2005)
20, 21 e 22: Los reyes del Artico (Adam Ravetch e Sara Robertson, 2007)
27, 28 e 29: Himalaya (Eric Valli, 1999)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

80 anos da Agrupación Musical Albéniz

mércores, 19 novembro 2008, 11:39 | Category : música
Tags :

Mañá xoves 20 ás 20:30 no Teatro Rosalía Castro a Agrupación Musical Albéniz -a orquestra de pulso e púa máis antiga de España- celebrará o seu 80 aniversario cun concerto especial. A función comezará ás 20:30; a entrada é libre até completar aforo. O acto estará presentado por Antonio Luaces Teixido, e constará de dúas partes, estruturadas de acordo ao seguinte programa:
PRIMEIRA PARTE:
A cargo da orquestra actual
Director: Óscar Iglesias Vázquez
Romanesca (Danza do século XVI)
Folía (Gaspar Sanz)
Bolero (Julián Arias)
Tani (Monreal)
Malagueña (Enrique de Uliarte)
María la portuguesa (Carlos Cano). Solista: Carlos Martínez Caabeiro

SEGUNDA PARTE:
Orquestra actual e antigos compoñentes
Recuerdos de la Alhambra (F. Tárrega). Director: Xosé Carlos García Pardo
Albéniz swing (Enrique González Iglesias). Director: Enrique González Iglesias
Oblivión (Astor Piazzola). Director: Alberto Couce Vidal
La leyenda del beso (Soutullo e Vert)
Muiñeira de Souto (Manuel Galán)
Sevilla (Isaac Albéniz)
¿Qué más se puede pedir? (Antonio Gundín-Enrique Rodríguez). Solistas: María Victoria Álvarez (soprano), Mario Suárez (barítono) e Carlos Martínez (tenor).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Circuitos culturais nos Centros Cívicos

martes, 18 novembro 2008, 11:51 | Category : maxia, música
Tags :

Martes 18:
Centro cívico Monelos: actuación do grupo TANXEDOIRA. Ás 19:00. Entrada libre até completar aforo.
Centro cívico Palavea: actuación de TIRITITEMPO. Ás 19:00. Entrada libre até completar aforo.
Xoves 20:
Centro cívico Os Mallos: actuación de CHRYSTYAN MAGIC. Ás 19:00. Entrada libre até completar aforo.
Venres 21:
Centro cívico Castrillón: actuación de ATURUXO. Ás 20:00. Entrada libre até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Historias da Coruña: A memoria da cidade

martes, 18 novembro 2008, 11:37 | Category : conferencias
Tags :

As xornadas Historias da Coruña: A Memoria da Cidade continúan esta semana na Casa Museo Casares Quiroga (r/ Panadeiras, 12) de acordo co seguinte programa:
Mércores 19 (de 18 a 21 h.):
Conferencia: “Renovación artística na Coruña (1950-2000)". Xavier Seoane, profesor, escritor e crítico de arte.
Proxección de audiovisuais sobre Urbano Lugrís realizados polo IES Urbano Lugrís.
Xoves 20 (de 18 a 21 h.):
Conferencia: “María Barbeito y Cerviño, pedagoga e humanista”. Aurora Marco, profesora da Universidade de Santiago.
Conferencia: “María Casares. Memoria e Vida”. María Lopo, escritora.
A entrada é libre até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

II Festival A Coruña Visible

martes, 18 novembro 2008, 11:28 | Category : música, poesía, teatro
Tags :

MARTES 18
Teatro: "Cruzadas cotidianas", pola Compañía La Trapera. Creada, dirixida e interpretada por Cristina Castillo
No Teatro Rosalía de Castro, ás 20:30. Entrada: con invitación (a recoller na billeteira central do IMCE e Centros Cívicos)


MÉRCORES 19
Recital poético: "Amores iguales". Coa dirección de Eduardo Alonso e a participación de María Bouzas, Ernesto Chao, Chistian Escuredo, Xavier Estévez e Mabel Ribera. Música en vivo con Chefa Alonso (saxo soprano e percusión). Na Fundación Luis Seoane, R/ San Francisco s/n. Ás 20:30h


XOVES 20
Espectáculo: Maribingo + Cocó Mandala. Sala Patachím, R/ Orillamar, 16. Ás 21:30h


VENRES 21
Acción na rúa: voda. Espacio por determinar.


SÁBADO 22
Performance: "La epopeya del jardín". Dirixida por Abajo Izquierdo. Música en vivo: Crisol de corda. Xardín de San Carlos, ás 13:00h


Actuación musical: Manu Clavijo & Friends. Na Sala Garufa (R/ San Francisco, 8, Cidade Vella) ás 23:00h

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña no medievo

luns, 17 novembro 2008, 10:55 | Category : conferencias
Tags :

Dentro do Ciclo "A Coruña no medievo", mañá martes 18 de novembro ás 20.00 h na Biblioteca de Estudos Locais a profesora da Universidade de Santiago de Compostela Elisa María Ferreira Priegue impartirá a conferencia Á SOMBRA DO FARO: DO PORTO ROMANO AO MEDIEVAL. O acto é de entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centenario de Jenaro Marinhas del Valle

luns, 17 novembro 2008, 10:48 | Category : homenaxes, presentacións
Tags :

Proseguen os actos de homenaxe a Jenaro Marinhas del Valle no centenario do seu nacemento:

Martes 18:

Casa Museo Casares Quiroga (r/ Panadeiras, 12):
Ás 19.30 h.

Presentación da obra dramática completa e "Caderno de notas” de Jenaro Marinhas. Interveñen: Alexandrina Fernández Otero, Lino Braxe, Pablo González Mariñas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Semana da Ciencia nos Museos Científicos

venres, 14 novembro 2008, 12:17 | Category : ciencia, conferencias, obradoiros, presentacións
Tags :

Venres 14: Conferencia "Las ventanas de la mente", a cargo de Susana Martínez-Conde, directora do Laboratorio de Neurociencia Visual, Instituto Neurolóxico Barrow, Estados Unidos. Sala Leonardo da Vinci da Domus, ás 20:00 horas. Entrada libre até completar aforo.

Sábado 15: Presentación do documental "El nuevo universo, cómo la física cambio al mundo", Prisma da Casa das Ciencias á Divulgación ao mellor traballo multimedia de 2008. Sala Leonardo da Vinci da Domus, ás 12:00 horas. Entrada libre até completar aforo.

Sábado 15 e domingo 16: "O método científico". Espectáculo de títeres en clave científica. Sábado 15 ás 13, 17 e 18 horas, e domingo 16 ás 12, 13, 17 e 18 horas, na Domus.

Sábado 15: Durmindo con Tiburóns-Encontro co Mar. Actividade pensada para nenos de entre 7 e 11 anos, que poderán durmir rodeados de peixes na Sala Nautilus. No Aquarium Finisterrae, noite do sábado ao domingo (de 20:00 horas a 11:00 horas do día seguinte).

Domingo 16: Fish and Chips. Campamentos para fomentar o consumo responsable dos produtos do mar dirixidos aos nenos de entre 10 e 13 anos. Aquarium Finisterrae, de 12 a 19 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro e música para a fin de semana

venres, 14 novembro 2008, 11:58 | Category : concertos, teatro
Tags :

A adaptación á escena do filme Sonata de Otoño de Ingmar Bergman chega esta fin de semana ao Teatro Rosalía Castro dentro do Ciclo Caixanova. Definida polo director, José Carlos Plaza, como "unha biopsia da alma", a obra está protagonizada por Marisa Paredes no papel de Charlotte, unha pianista de éxito que antepuxo a súa carreira profesional á súa familia. A complexa relación coas súas fillas, ás cales durante anos apenas viu, é o eixo dunha peza de enorme intensidade dramática. Completan o reparto Nuria Gallardo, Chema Muñoz e Pilar Gil. As funcións celébranse o sábado 15 e o domingo 16 ás 20:30. O prezo das entradas é de 10, 12, 15 ou 21 euros; os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados teñen un 20% de desconto.

Prosegue o ciclo Todo Público no Fórum Metropolitano, que mañá sábado acolle a representación de El canto del alma por parte da compañía italiana Viva Ópera Circus. A obra está aconsellada para maiores de cinco anos. A función comeza ás 19:00. O prezo de cada entrada é de 5 €, e existe un abono familiar para tres persoas por 12 €.

Fóra do teatro, o domingo 16 ás 12:15 no Pazo da Ópera, concerto da Banda Municipal de Música, coa dirección de Marcel Van Bree. A entrada é libre até completar aforo. E o luns 17 ás 20:00 no Teatro Rosalía de Castro haberá un concerto para conmemorar o décimo aniversario da Escola Municipal de Música. As entradas custan 2 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de libros sobre Uruguai

venres, 14 novembro 2008, 11:29 | Category : presentacións
Tags :

Mañá sábado 15 de novembro ás 20:00 no local da Asociación de Uruguayos “25 de agosto” (situado na Praza do Comercio, nº 2, baixo) presentaranse os libros TIEMPOS DE EXILIO. Memoria e historia de españoles y uruguayos”, de Silvia Dutrénit Bielous, Eugenia Allier Montaño e Enrique Coraza De Los Santos; e MEMORIAS DE VIOLENCIA EN URUGUAY Y ARGENTINA, de Eduardo Rey Tristán. No acto, de entrada libre, intervirán María Xosé Bravo (Concelleira de Cultura), Gonzalo Konke (Cónsul de Uruguai en Galicia) e os autores dos libros, Enrique Coraza de los Santos e Eduardo Tristán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"O libro das viaxes imaxinarias": presentación na Coruña

xoves, 13 novembro 2008, 11:44 | Category : bibliotecas, presentacións
Tags :

Hoxe xoves 13 de novembro ás 20:00 na Biblioteca González Garcés (r/ Miguel González Garcés, 1, 15008 A Coruña) preséntase a nova obra do escritor Xabier P. DoCampo e o ilustrador Xosé Cobas, O libro das viaxes imaxinarias. No acto, de entrada libre, participarán ademais dos autores o crítico Ramón Nicolás e os editores Manuel Bragado (Xerais) e Antonio Ventura (Anaya). Na Biblioteca González Garcés están expostas, ademais, as ilustracións orixinais que Xosé Cobas creou para este libro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google