Poesía e música para pechar o centenario de Curros Enríquez

A Concellaría de Cultura pecha a programación de actividades realizadas no 2008 con motivo do centenario de Manuel Curros Enríquez coa presentación dun avance do audiovisual "Na fronte unha estrela" de X. H. Rivadulla Corcón, documental que aborda a obra poética e xornalística dunha figura referencial para a cultura galega. Ademais, disfrutaremos coa representación poético-musical "Quen puidera convosco voar!", un espectáculo a cargo de CASAHAMLET que ten como base literaria os poemas de Aires da miña terra. Conta coa participación dos actores Santiago Fernández e Manuel Lourenzo, a cantante Anahí Varela e o músico Brandam. A función terá lugar o martes 30 de decembro ás 20.30 no Teatro Rosalía Castro. A entrada é de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña declara exentas de taxas as rodaxes audiovisuais

venres, 26 decembro 2008, 15:00 | Category : audiovisual, cinema, comunicados, noticias
Tags :

Desde o 1 de xaneiro de 2009 as rodaxes cinematográficas e televisivas na cidade da Coruña quedarán exentas de taxas, despois de que fose aceptada a proposta da Concellaría de Cultura que dirixe María Xosé Bravo para modificar a ordenanza fiscal 39, reguladora das ocupacións de terreos de uso público, como son os espazos urbanos de rúas, prazas, parques e edificios municipais. A decisión afecta a calquera rodaxe de películas de ficción, documentais e curtametraxes en calquera tipo de formato, agás as producións de carácter publicitario. De todos os xeitos os interesados deberán obter a autorización e aboar, se é o caso, os gastos ocasionados polos danos e estragos que se puideran producir.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Estrea do documental Flores tristes

venres, 26 decembro 2008, 11:55 | Category : cinema
Tags :

Hoxe venres 26 de decembro ás 20.30h preséntase no Teatro Rosalía de Castro a película-documental Flores tristes, escrita e dirixida por Manuel Abad. A entrada é de balde. Este filme conta coa produción de Formateo, Portico e Tic Tac e foi subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte

Sinopse: A ditadura de Franco rematou hai máis dun cuarto de século, mais as súas sentencias de morte aínda non foron esquecidas. Máis de mil galegos, familiares das vítimas do franquismo, queren desenterrar a verdade, sepultada en fosas comúns en cunetas, montes e tapias de cemiterios dende hai máis de 70 anos: queren os restos dos seus irmáns, pais ou avós. E queren recuperar a súa memoria despois de tantos anos de silencio. Flores Tristes traza unha analoxía entre as flores nacidas nestas fosas e cunetas de Galicia con estes descendentes vivos que por fin falan rompendo un longo silencio.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival de Títeres María José Jove, do 26 ao 30 de decembro

venres, 26 decembro 2008, 11:54 | Category : infantil, teatro
Tags :

Desde hoxe venres e até o vindeiro martes 30 terá lugar na nosa cidade o Festival de Títeres María José Jove, organizado conxuntamente polo Concello da Coruña e a Fundación María José Jove. Serán en total dez espectáculos que achegarán o teatro aos máis pequenos da casa por medio de obras moi divertidas dirixidas especificamente para eles. Relatamos a seguir o programa de actividades:

Venres 26:
Fundación María José Jove: “LA DETECTIVE DE LA TORRE DE HÉRCULES”, pola compañía Duende Sico. Para maiores de 4 anos. A función comeza ás 17:00.
Forum Metropolitano: “O FERREIRO E O DIAÑO”, pola compañía Títeres Cascanueces. Para maiores de 5 anos. A función comeza ás 19:00.

Sábado 27:
Fundación María José Jove: “UNHA DE AMOR”, pola compañía Artello Teatro Alla Scala 1:5. Para maiores de 4 anos. A función comeza ás 17:00.
Forum Metropolitano: “RINGO RANGO”, pola compañía Pistacatro. Para maiores de 5 anos. A función comeza ás 19:00.

Domingo 28:
Fundación María José Jove: “EL TEATRO DE KARABÁS”, pola compañía Teatro Plus. Para maiores de 4 anos. A función comeza ás 17:00.
Forum Metropolitano: “KRAFT”, pola compañía Bambalina. Para maiores de 6 anos. A función comeza ás 19:00.

Luns 29:
Fundación María José Jove: “PEQUEÑECES”. Para maiores de 3 anos. A función comeza ás 17:00.
Forum Metropolitano: “LA ORUGA”, pola compañía Asombra, Teatro de Sombras. Para maiores de 4 anos. A función comeza ás 19:00.

Martes 30:
Fundación María José Jove: “SOMBRAS DEL MUNDO” (espectáculo – obradoiro), pola compañía Asombra, Teatro de Sombras. Para maiores de 5 anos. A función comeza ás 17:00.
Forum Metropolitano: “EL MONSTRUITO”, pola compañía Tropos, Teatro de Títeres. Para maiores de 4 anos. A función comeza ás 19:00.

O prezo das entradas para cada espectáculo é de 3 € (abono familiar, 6 €).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de A Coruña Son 2009

mércores, 24 decembro 2008, 10:32 | Category : A Coruña Son, música
Tags :

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cantos de Reis no Fórum: Canto de Nadal de Bembibre

martes, 23 decembro 2008, 17:07 | Category : Nadal, música
Tags :

Canto de Nadal de Bembibre interpretado polos participantes nos Obradoiros das Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña durante o concerto celebrado no Fórum Metropolitano o luns 22 de decembro de 2008.

Canto de Nadal de Bembibre

Esta noite de Nadal / por ser noite de alegría,
camiñando vai Xosé / e mais a Virxe María.
Camiñan para Belén / a ver se chegan con día,
cando a Belén chegaron / a media noite sería.
- Abre as portas porteiro / a Xosé e a María.
- Como as vou abrir? dilles, / porque chaves el non tiña.
Se non as teño de ouro / nin tampouco prata fina,
eu só quería saber / cando a Virxe paría.
A Virxe non pare hoxe / nin a noite que xa viña,
mais, á media noite en punto, / a Virxe parido tiña.
Trouxo un neno tan fermoso / que ao mundo resplandecía,
tanta era a súa pobreza / que pano para el non tiña.
Botou man ao seu cabelo / ao paniño que traía,
rompeuno en tres anacos / ricamente o envolvía.
Baixou un anxo do ceo / que ricos panos traía,
uns que eran de Holanda / e outros de Holanda fina.
Subiu o anxo ao ceo / cantando o Ave María.
Preguntoulle o Pai Eterno: / - como queda a parida?
- A parida queda ben / na camiña recollida,
cuberta con mantos de ouro / bordados de prata fina.
Déanos o aguinaldo, / anque sexa pouco
un touciño e medio / e a metade doutro.

Na canle A Coruña Cultura de YouTube: Canto de Reis de Santaia de Moar

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cantos de Reis no Fórum: Os Gaiteiriños

martes, 23 decembro 2008, 16:56 | Category : Nadal, música
Tags : ,

A campá que resoa interpretada polo grupo Os Gaiteiriños no concerto de Cantos de Reis celebrado o luns 22 de decembro de 2008 no Fórum Metropolitano.

A campá que resoa

A campán que s’escoita, / Din, Don, Dan,
é a da miña aldea, / Din, Don, Dan.
Mira como resoa, / Din, Don, Dan,
porqu’e día de festa, / Din, Don, Dan.
RETROUSO
Toc’a campán / meu campaeiro / que hox’e Nadal.
Anunci’a nova / porque Xesús / hoxe nasceu xa
Ai lalala, ai lala, ai lala / ai lalala, ai lala, ai lala.

Na canle A Coruña Cultura de YouTube: Pastores vinde lixeiros

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cantos de Reis no Fórum: Mini, Mero e Raúl Galego

martes, 23 decembro 2008, 16:36 | Category : Nadal, música
Tags : , , ,

Excerto da actuación de Mini, Mero e Raúl Galego no concerto de Cantos de Reis celebrado no Fórum Metropolitano o luns 22 de decembro de 2008.

Reices vellos de Xanceda
De lejos venimos los que aquí llegamos, / se nos dan licencia los reices cantamos.
Y si no la dan, señor cantaremos, / con buenas palabras encomenzaremos.
É descortesía, é desobedencia / a puerta de un hombre cantar sin licencia.
Cantade, muchachos, que es preciso andare / y antes de las doce a Belén llegare.
A Belén camina la Virgen María / san José llevaba en su compañía.
Como quier que i-ó vaia en su compañía / está la noche oscura perderán la guía.
Compañía santa digna de adorare / antes de las doce a Belén llegare.
Esta estrella nueva que nos ilumina / contempla sus tierras con grande alegría.
Denos aguinaldo se no-lo han de dar / que somos de lejos, queremos marchar.
Déanos aguinaldo anque sea pouco / touciño e medio e a mitá de outro.

Quédense con Dios, señores, / hasta el año que volvamos
si pal año no volvemos / que nel cielo nos veamos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cantos de Reis no Fórum: Maghúa

martes, 23 decembro 2008, 16:29 | Category : Nadal, música
Tags : ,

Reices de San José interpretado por Maghúa, grupo de cantareiros de IAR, no concerto de Cantos de Reis celebrado o luns 22 de decembro de 2008 no Fórum Metropolitano.

Cantar de Reices de San Xosé

De las partes del Oriente / Tierra de su Rei Candela
Salieron tres Reices Majos / Giados por una estrella.
Sin saber unos de otros / En el camino se encuentran,
Almirador le preguntan / Que destino es el que llevan.
Dicen que se van siguiendo / Una muy lucida estrella,
Qie sus ojos no han visto / Otra semejante a ella.
Llejan a casa de Herodes / Que era un rei de jran soberbia,
Prejuntando por el niño / Rei de los Cielos y Tierra.
Turbado se halló Herodes / Cuando esto les oyera,
Donde puede haber les dice / Niño de tanta grandeza.
Buscando el Rey de Oriente / Me diréis en donde queda,
Yo también quiero ir a verle / Y llevarle una fineza.
Se despidieron los Majos / De Herodes y su pureza,
Y andando por la ciudad / Volvieron a hallar l’astrella.
Hallaron al niño Dios / En manos de una doncella.
Se arrodilaron los Majos / Le ofrecieron foresteza,
Los dones incomparables / Valor que allí representa.
Mirra le ofreció Melchor, / Oro le ofreció Gaspar,
e incienso el que se nombra / el rey Santo Baltasar.
Partieron para sus tierras / Después de les adorar,
Cogieron otro camino / Por Herodes no encontrar.
Dejollan los inocentes / Números que han de notar,
Pensando que en ellos iba / El verdadero Imperior.
Que se vino a hacer hombre / Por el pecado de Adán.
Quédanse con Dios señores / Hasta el año que volvamos,
Si p’al año no volvemos / Qu’en el Cielo nos veamos,
Pues allá hay muchos buenos / Y nosotros con ellos vamos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cantos de Reis no Fórum: Eidos

martes, 23 decembro 2008, 16:19 | Category : Nadal, música
Tags : ,

Canto de Reis das terras de Tamarela interpretado por membros da Asociación de Coros e Danzas Eidos no concerto de Cantos de Reis celebrado o luns 22 de decembro de 2008 no Fórum Metropolitano.

Pedida de permiso
De “leghos venimos” / o que aquí “lleghamos”:
se nos dan licencia / os Reis lles cantamos.
E se nola dan-e, / señor, cantaremos
con “buenas” palabras / encomenzaremos.
Que é descortesía / e é desobediencia,
na casa dun home / cantar sen licencia.
Escoiten, señores, / que é bo escoitar-e,
as palabras santas / que vimos cantar-e.

Romance
San “Ghosé” e mais María / eles ían para Belenhe,
ían cantando nos Reices, / cantémolos nos tamenhe.
Ían de vila en vila, / De lughar-e en lughar-e,
Na busca de “Ghesucristo” / Non o puideron “hallar-e”
Foron dar con el a Roma / revestido no altar-e,
misa nova quer dicir-e, / misa nova quer cantar-e.
Aquela pombiña branca / que está posta no altar-e,
aquela é Nosa Señora / que nos vén a visitar-e.
San Ghabriel bóta-las redes / por riba de San Bernaldo;
toma nena este “pañuelo” / bótano-lo aghinaldo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google