Cantos de Reis no Fórum: Canto de Nadal de Bembibre
Canto de Nadal de Bembibre interpretado polos participantes nos Obradoiros das Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña durante o concerto celebrado no Fórum Metropolitano o luns 22 de decembro de 2008.
Canto de Nadal de Bembibre
Esta noite de Nadal / por ser noite de alegría,
camiñando vai Xosé / e mais a Virxe María.
Camiñan para Belén / a ver se chegan con día,
cando a Belén chegaron / a media noite sería.
- Abre as portas porteiro / a Xosé e a María.
- Como as vou abrir? dilles, / porque chaves el non tiña.
Se non as teño de ouro / nin tampouco prata fina,
eu só quería saber / cando a Virxe paría.
A Virxe non pare hoxe / nin a noite que xa viña,
mais, á media noite en punto, / a Virxe parido tiña.
Trouxo un neno tan fermoso / que ao mundo resplandecía,
tanta era a súa pobreza / que pano para el non tiña.
Botou man ao seu cabelo / ao paniño que traía,
rompeuno en tres anacos / ricamente o envolvía.
Baixou un anxo do ceo / que ricos panos traía,
uns que eran de Holanda / e outros de Holanda fina.
Subiu o anxo ao ceo / cantando o Ave María.
Preguntoulle o Pai Eterno: / - como queda a parida?
- A parida queda ben / na camiña recollida,
cuberta con mantos de ouro / bordados de prata fina.
Déanos o aguinaldo, / anque sexa pouco
un touciño e medio / e a metade doutro.
Na canle A Coruña Cultura de YouTube: Canto de Reis de Santaia de Moar




















