Estrea do documental Flores tristes

venres, 26 decembro 2008, 11:55 | Category : cinema
Tags :

Hoxe venres 26 de decembro ás 20.30h preséntase no Teatro Rosalía de Castro a película-documental Flores tristes, escrita e dirixida por Manuel Abad. A entrada é de balde. Este filme conta coa produción de Formateo, Portico e Tic Tac e foi subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte

Sinopse: A ditadura de Franco rematou hai máis dun cuarto de século, mais as súas sentencias de morte aínda non foron esquecidas. Máis de mil galegos, familiares das vítimas do franquismo, queren desenterrar a verdade, sepultada en fosas comúns en cunetas, montes e tapias de cemiterios dende hai máis de 70 anos: queren os restos dos seus irmáns, pais ou avós. E queren recuperar a súa memoria despois de tantos anos de silencio. Flores Tristes traza unha analoxía entre as flores nacidas nestas fosas e cunetas de Galicia con estes descendentes vivos que por fin falan rompendo un longo silencio.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path