Poesía e música para pechar o centenario de Curros Enríquez
A Concellaría de Cultura pecha a programación de actividades realizadas no 2008 con motivo do centenario de Manuel Curros Enríquez coa presentación dun avance do audiovisual "Na fronte unha estrela" de X. H. Rivadulla Corcón, documental que aborda a obra poética e xornalística dunha figura referencial para a cultura galega. Ademais, disfrutaremos coa representación poético-musical "Quen puidera convosco voar!", un espectáculo a cargo de CASAHAMLET que ten como base literaria os poemas de Aires da miña terra. Conta coa participación dos actores Santiago Fernández e Manuel Lourenzo, a cantante Anahí Varela e o músico Brandam. A función terá lugar o martes 30 de decembro ás 20.30 no Teatro Rosalía Castro. A entrada é de balde.














