Mañá mércores 17 de decembro terá lugar a quinta edición da xornada anual de divulgación científica organizada pola AIRS, Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra. A sesión celébrase en horario de tarde, de 17 a 21 horas, no Centro Sociocultural Caixa Galicia (na rúa Médico Rodríguez), con entrada libre até completar a capacidade do recinto. A seguir relatamos o programa da xornada:
-Presentación da xornada por Xosé Antón Fraga, presidente da Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra.
- A actividade científica de Ramón de la Sagra, por Ascensión Cambrón, profesora da Universidade da Coruña. Ramón de la Sagra iniciou os seus estudos na Escola de Náutica e Navegación, creada polo Real Consulado de A Coruña. Despois traladouse a Santiago en cuxa Universidade estudou ciencias naturais, lóxica e matemáticas. Os seus profesores foron Domingo Fontán, José Rodríguez e Antonio Camiña. Desde Santiago desprazouse a Alcalá de Henares. Xa na illa de Cuba (como catedrático de ciencias naturais e Director do Xardín Botánico de la Habana), para realizar as tarefas encomendadas polo goberno español. Neste período mantivo relacións con importantes científicos. La Sagra non foi un “descubridor” senón máis ben un cualificado divulgador dos conocimientos máis vanguardistas da súa época. Todo iso axuda a comprender a relevancia internacional que acadou.
-A divulgación cientifica en Internet a través dos blogs. Experiencias cun blog sobre evolución, bioloxía e paleontoloxía: "El PaleoFreak", por Ernesto José Carmena Riesco, licenciado en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Autor do libro sobre o creacionismo (El Creacionismo, ¡vaya timo! Ed. Laetoli).
- Unha editorial da divulgación científica, Le pourquoi pas?, por Julio Casal e Óscar Sánchez, quen comentarán a súa experiencia ao longo destes últimos dous anos como editores de libros de divulgación científica. Le pourquoi pas? é un selo editorial nacido na Coruña en 2007.
- Un xeito de divulgar ciencia, Neurocom, por Xurxo Mariño, Profesor Contratado Doutor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña; membro do grupo de investigación Neurocom.
- Giacomo Casanova e as subprime . Unha experiencia de divulgación da economía e as matemáticas, por José Luis Fernández, profesor de Análise Matemática da Universidade Autónoma de Madrid, director da Revista Matemática Iberoamericana. A Teoría da Probabilidade permite xestionar (razonablemente ben) o azar nas compañías de seguros e nas entidades de crédito e asemade úsase para deseñar estratexias de apostas en xogos de azar e inversións en mercados financieiros. A conferencia explicará a maneira, e analizará tamén o papel das Matemáticas e os matemáticos na crise financieira que se iniciou en xullo de 2007.
- O reto de divulgar. Ciencia e literatura para o século XXI, por Martí Domínguez, Universidade Valencia, director de Métode, revista de divulgación científica.