Ciclo Música con raíces

sábado, 31 xaneiro 2009, 21:00 | Category : concertos, música
Tags :

Programación en PDF 1,1 MB [descargar]

A cantante Uxía Senlle e a concelleira María Xosé Bravo durante a presentación do ciclo "Música con raíces"

Uxía. 5 de febreiro. 21 horas. Teatro Rosalía de Castro.

María de Medeiros. 15 de febreiro. 20 horas. Teatro Rosalía de Castro.

Omara Portuondo. 13 de marzo. 21 horas. Coliseum (aforo teatro).

Serrat. 29 de marzo. 20 horas. Palacio da Ópera.

Mariem Hassam. 9 de abril. 21 horas. Teatro Rosalía de Castro.

Mayte Martín. 16 de abril. 21 horas. Teatro Rosalía de Castro.

Ballet Nacional de Cuba. 24 de abril. 21:30. Coliseum (aforo teatro).

Lila Downs. 22 de maio. 21:30. Coliseum (aforo teatro).

Fía na roca. 28 de maio. 21 horas. Teatro Rosalía de Castro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

As Bibliotecas Municipais ofrecen cursos intensivos sobre ferramentas tecnolóxicas

venres, 30 xaneiro 2009, 14:47 | Category : cursos, internet
Tags :

As Bibliotecas Municipais da Coruña abren unha nova liña de cursos para os vindeiros tres meses que pretenden dar resposta a aspectos moi concretos do interese cidadán polas novas tecnoloxías: redes sociais, correo electrónico, teléfonos móbiles, etc. Trátase de cursos intensivos de curta duración (normalmente dúas xornadas) cuxa intención é que o alumno amplíe e desenvolva os seus coñecementos das últimas ferramentas sociais, tamén coñecidas como Internet 2.0. Estes cursos desenvólvense na maioría das bibliotecas municipais da Coruña e o prazo de inscrición comeza o 29 de xaneiro. Estas son as propostas formativas:

1. CURSOS INTERNET 2.0

1.1. Redes sociais (Avanzado): para persoas interesadas en unirse ás redes sociais utilizando sistemas de participación vía Internet. A inscrición é online cun aforamento de 12 persoas. Duración: 4 horas repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. O obxectivo é dotar o alumno das competencias necesarias para crear e xestionar un espazo persoal dentro dun sistema de redes sociais.
1.2. Correo Web (Avanzado): para persoas cun coñecemento previo de informática e Internet. A inscrición é online cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 5 horas repartidas en 2 sesións de 2.30 horas cada unha. O obxectivo é coñecer en profundidade todas as posibilidades e facilidades do correo web, unha ferramenta usada nas nosas relacións persoais e laborais.
1.3. Viaxes en Internet (Avanzado): para persoas cun coñecemento previo de informática e Internet. A inscrición é online cun aforamento de 12 persoas. Duración: 6 horas repartidas en 2 sesións de 3 horas cada unha. O obxectivo é dar a coñecer os recursos en liña para unha excelente planificación e xestión dunha viaxe turística ou de traballo.
1.4. Procura de traballo en Internet (Avanzado): para persoas interesadas en atopar ou mellorar o seu posto de traballo. A inscrición é online cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 4 horas repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. O obxectivo é dotar o alumno das competencias necesarias para buscar empregos adecuados ao seu perfil de formación utilizando ferramentas dispoñibles en Internet.
1.5. Mantemento de computador portátil (Avanzado): para persoas que utilizan o ordenador portátil. A inscrición é online cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 5 horas repartidas en 2 sesións de 2.30 horas cada unha. O obxectivo é proporcionarlles aos usuarios o coñecemento necesario para un correcto mantemento e optimización dos seus equipos portátiles.
1.6. Álbumnes de fotos on-line (Avanzado): para persoas interesadas en almacenar, xestionar e compartir as súas fotografías. A inscrición é online cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 4 horas repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. O obxectivo é dotar o alumno das competencias necesarias para organizar e compartir fotografías e vídeos empregando ferramentas da web.

2. CURSOS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS

2.1. Uso básico do teléfono móbil (Básico): para persoas con dificultades no manexo básico do teléfono móbil. A inscrición é presencial (solicitude escrita) cun aforamento máximo de 6 persoas. Duración: 3.30 horas repartidas en 3 sesións de 1.10 horas cada unha. O obxectivo é dotar de autonomía as persoas con dificultades no manexo do teléfono móbil (especialmente persoas maiores) e mostrar as posibilidades comunicativas da telefonía celular.
2.2. Que fan os nosos fillos en Internet? (Básico) para pais, nais, titores e educadores interesados en coñecer o uso que fai a mocidade das ferramentas e aplicacións que ofrece Internet. A inscrición é presencial (solicitude escrita) cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 4 horas repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. O obxectivo é orientar os adultos para educar a mocidade no bo uso dos servizos ofrecidos por Internet.

Para máis información e inscrición en liña, visiten a web das bibliotecas municipais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

PistaCatro presenta o espectáculo Kamikaze

venres, 30 xaneiro 2009, 12:00 | Category : cabaré, circo, música, teatro
Tags : , ,

O vindeiro domingo 1 o Teatro Rosalía de Castro acollerá o espectáculo Kamikaze, da compañía PistaCatro Produtora de Soños. Baixo a dirección de Hernán Gené actuarán Alfonso Medina, Manuel Lago, Xabier Mera, Natalia Outeiro “Pajarito”, Antón Concheiro, Borja Fernández e Pablo Reboleiro. A función é ás 19:00, e o prezo das entradas é de 9 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 6 €).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2009: concerto de Terela Grandín e Manolo Gutiérrez

Remata hoxe venres 30 o ciclo Iberojazz co concerto que ofrecerán no Fórum Metropolitano a vocalista Terela Grandín e o pianista Manolo Gutiérrez, que presentarán o seu novo traballo Pascala, un disco que afonda no pop de Radiohead e nas creacións propias desde a estética do Jazz. A banda estará formada por Terela Grandín, Manuel Gutiérrez (piano), Thomas Warbultan (baixo), Marcelino Galán (guitarra), Dani Domínguez (batería). A función comeza ás 21 horas e o prezo das entradas é de 7 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 5 €).

A serie paralela de concertos nos clubes tamén conclúe hoxe coa actuación a partir das 23 horas no Jazz Filloa do trío Citric, que presentará o seu primeiro traballo discográfico. Citric é un trío que vén de participar no circuíto de jazz do Injuve 2008 e está composto polo saxofonista Luis Verde, o contrabaixista Ander García e o baterista Hilario Rodeiro. A entrada é de balde.

Lembramos que o concerto de Clunia inicialmente previsto para mañá sábado 31 foi suspendido hai unhas semanas por causas alleas á vontade da organización e da banda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concertos no Rosalía e no Palacio da Ópera

Hoxe venres 30 temos dobre oferta de música sinfónica para o lecer. Para comezar, ás 19 horas no Teatro Rosalía de Castro, os concertos en familia darannos a posibilidade de escoitar a Suite Hary Janos. A entrada é de 2 € (nenos gratis). E unha hora e media despois a Orquestra Sinfónica de Galicia interpretará baixo a dirección de Jakub Hrusa un programa con pezas de Isabel Urrutia (Gerok, premio concurso composición AEOS 2007), Paul Hindemith (Der Schwanendreher, concerto para viola e pequena orquestra sobre vellas cancións populares) e Nikolai Rimski-Kórsakov (Sheherezade, suite sinfónica). Participará como solista Gérard Caussé (viola). A función é no Palacio da Ópera ás 20:30 e as entradas teñen un prezo de 9, 14’30, 18 e 26’40 € (maiores de 65, menores de 26 anos e desempregados, 6’30 € na zona C2).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Danza: Sara Baras convírtese en Carmen

venres, 30 xaneiro 2009, 10:15 | Category : danza
Tags : ,

A bailarina Sara Baras é a protagonista do espectáculo Carmen, unha versión contemporánea e afastada de tópicos do mítico personaxe creado por Prosper Merimée. Concibido en tres actos, o espectáculo percorre todos os palos do flamenco co acompañamento dunha suite sinfónica da ópera de Bizet revisada por Joan Valent e a música de Paco de Lucía empregada no filme Carmen de Carlos Saura. A función será o domingo 31 de xaneiro no Palacio da Ópera ás 20:30; o prezo das entradas é de 15, 20, 25 e 30 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Iberojazz 2009: Combo ESMAE de Porto + CSM da Coruña

xoves, 29 xaneiro 2009, 12:00 | Category : concertos, música
Tags :

En colaboración coa Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Iberojazz 2009 ofrece un novo intercambio entre músicos de diferentes escolas superiores da Península e un grupo da nosa comunidade. Nesta edición compartirán escenario un combo da Esmae (Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo de Porto) con outro de diferentes características do Conservatorio Superior de Música da Coruña. A función será hoxe xoves a partir das 21 horas no auditorio do Fórum Metropolitano. A entrada é libre até completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Cen cravos

xoves, 29 xaneiro 2009, 11:30 | Category : cinema
Tags : , ,

Cen cravos (Centochiodi) de Ermanno Olmi, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Estreas en V.O.. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 29, 20:15. Venres 30, 20:15 e 22:45. Sábado 31, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: El custodio

xoves, 29 xaneiro 2009, 11:15 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme mexicano El custodio de Rodrigo Moreno, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A política no cinema.

Horario: Xoves 29, 20:30. Venres 30, 20:30 e 23:00. Sábado 31, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición sobre o Himno Galego no Fórum Metropolitano

xoves, 29 xaneiro 2009, 11:00 | Category : exposicións
Tags : ,

Até o luns que vén segue aberta no Fórum Metropolitano a exposición O Himno. Os tempos son chegados, organizada pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia. Aos asistentes entregaráselles un exemplar da publicación “Un xeito de soñar Galicia. Nazón de Breogán” [descargar en PDF aquí].

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google