Revisitando a Darwin, artigo de Xosé Antón Fraga en La Voz de Galicia

mércores, 7 xaneiro 2009, 14:00 | Category : ciencia, prensa
Tags : , ,

O sábado 3 de xaneiro apareceu en La Voz de Galicia este artigo do director dos Museos Científicos Coruñeses, Xosé Antón Fraga, no que se apuntan algunhas actividades que se desenvolverán este ano para conmemorar o bicentenario de Charles Darwin.

Revisitando a Darwin

A conmemoración dos aniversarios do nacemento de Charles Darwin (1809) e da publicación do seu singular libro, A orixe das especies (1859), converterán o 2009 no Ano Darwin. Unha boa oportunidade para revisitar a biografía e a obra deste singular científico.

Unha obra, o darwinismo, que xa no momento inicial provocou un debate científico, filosófico, político e teolóxico sen precedentes. A teoría da evolución estivo presente en todos os ámbitos culturais como a plasmación na natureza da idea do progreso. En Galicia espertou un grande interese, como amosa o importante volume de intervencións arredor do tema. A súa difusión iniciase en 1868 e Xosé Rodríguez Carracido deixounos un testemuño: «Con el mismo calor con que se venía discutiendo la soberanía nacional y la separación de la Iglesia y el Estado, empezó a discutirse en los círculos intelectuales la mutabilidad de las especies y el origen simio del hombre».

Será en 1870 cando por vez primeira o famoso libro de Darwin acceda a un centro de ensino en Galicia. Aparece nunha lista dos que a Deputación de Pontevedra entregou ao Instituto desa cidade. E corresponde ao da Coruña a honra de adquirir os primeiros exemplares, nos cursos 1876-77 e 1878-79. Un feito que contrasta coa ausencia de tan singular publicación na Universidade de Santiago en todo o século XIX. Un claro síntoma de como foi recibida, mellor dito, rexeitada, a mensaxe evolucionista pola principal institución académica do país. [Segue aquí]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path