Entrada de balde os sábados no Castelo de San Antón
Todos os sábados do ano a entrada ao Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña ubicado no Castelo de San Antón é de balde. O resto da semana o prezo da entrada é de 2 € (1 € con tarifa reducida). O horario de funcionamento do Museo é de martes a sábados de 10:00 a 19:30 e os domingos e festivos de 10:00 a 14:30. Poden concertarse visitas por parte de centros escolares e grupos en xeral á exposición no enderezo electrónico museo at sananton.org ou ben chamando ao teléfono 981189850.
Alén dos seus excepcionais contidos permanentes, o Castelo de San Antón acolle actualmente a exposición "Onde as rúas non teñen nome: unha ollada etnoarqueolóxica ao pobo Gumuz”, que poderá visitarse até o mes de marzo.














