FORUMFOLK
Cartaz coa programación en PDF: [descargar]
O ciclo Forumfolk naceu como un espazo do Forum Metropolitano adicado a presentar novas propostas do folk galego e da musica tradicional co propósito de dar a coñecer as novas tendenzas dentro das creacións galegas ligadas ás tradicións e abertas a explorar novos horizontes, ben sexa a través da fusión con outros estilos musicais ou experimentando con novos formatos e instrumentacións. Forumfolk pretende ofertar aos grupos folk un espazo inexistente actualmente no ámbito galego para aqueles grupos pequenos que comenzan a súa andaina (presentacións de grupos, presentacións de proxectos, presentacións de traballos discográficos, pequenos formatos) ou que simplemente non sexan tan comerciais pero que teñan un peso importante dentro do folk ou da música tradicional do noso país.
Cada cuarto luns de mes ás 21h presentarase un concerto do ciclo Forumfolk no auditorio do Forum Metropolitano. Os prezos das entradas son de 5 euros e de 3 euros para xente nova con carnet xove, + 65 anos e desempregados. No futuro o ciclo incluiŕa tamén actividades paralelas, como mesas de debate, proxeccións, exposicións, clases maxistrais, etc. Forumfolk fica aberto a propostas e pretende convertirse nun espazo moi dinámico. Coidarase moito a calidade dos grupos co fin de afianzar o ciclo como un referente de apoio e fomento do folk e da música galega.
Programación primavera-verán:
22 de xaneiro de 2009, 21 h: Pedro Lamas e Jacobo de Miguel Dúo
Presentarán o seu primeiro traballo A lebre e a mazá, un proxecto na que farán asúa interpretación de temas tradicionais en clave de jazz. Concerto intimista e elegante no que Pedro Lamas (gaita e saxo) e Jacobo de Miguel (piano) contarán coa colaboración de Xabier Díaz.
23 de febreiro de 2009, 21 h: Foliada
Saboreando aínda o éxito da convocatoria de Cantos de Reis como broche da tempada Forumfolk 08, esta foliada prevista para o luns de entroido abre as suás portas para convidar a xente a participar neste concerto. Os grupos interesados deberán de enviar a súa proposta ao enderezo forummetropolitano at coruna.es E importante que na proposta especifiquen a formación do grupo e o repertorio que non debería de incluir máis de dúas pezas. Concerto de entrada libre ata completar o aforo.
23 de marzo de 2009, 21 h: Grupo de zanfonas de Cántigas da Terra + Óscar Fernández
Un percorrido desde os cantos tradicionais ata a zanfona contemporánea nun programa que incluirá cantos trandicionais acompañados de zanfona, interpretación de pezas de música tradicional, interpretacións da percusión da zanfona e finalmente por parte de Oscar Fernández a presentación dos seus traballos tanto en Os Cempés como os máis recentes coa zanfona contemporánea.
27 de abril de 2009, 21 h: ARRAS
Grupo de música folk emerxente integrado polos músicos Manu Abraldes (baixo eléctrico e acústico), Rocío Jiménez (voz e pandeireta), David Bellas (frautas, gaita e saxos), Michel Ribadulla (guitarras), Pablo Gómez (piano, teclados e voz) e Dani Batera (batería e percusión).
25 de maio de 2009, 21 h: Grupo de Pandereteiras de Donaire
Músicos da propia asociación mesturan voces, melodías e harmonías empregando instrumentos como a zanfona, guitarra acústica, acordeón, clarinete... Os bailaríns da propia asociación axudarán ao público a interactuar con esta proposta axudando tanto ritmicamente coma no baile para que a zente participe dunha maneira lúdica do seu concerto.
22 de xuño de 2009, 21 h: Ophiusa
Este grupo creado nos 80 renace agora cun novo proxecto e unha nova formación. Os integrantes Ramón Feans (guitarra), Paula Gacio (saxo), Paco Nogueiras (acordeón) e Antonio Presedo (mandolina) presentan “Paos”, un traballo autorpoducido no que se recolle unha boa mostra do que se deu en chamar sonido Ophiusa, é decir: un repertorio do século XXI onde se combinan diferentes influencias estilísticas coas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías. O resultado é un son directo e apaixoante, unha viaxe que, con marcada entidade galega, interactúa cos ritmos das música populares globales.
28 de xuño de 2009, 19 h: Concerto Extraordinario da Banda Municipal no Parque Europa
Música galega para gaita e banda coa colaboración como solista de Susana Seivane. Concerto gratuito














