Rubén Ventureira recibe o Premio Pérez Lugín
O xornalista Rubén Ventureira Novo recibe hoxe no Concello da Coruña o Premio de Xornalismo “Pérez Lugín”, que este ano acada a súa LXIX edición. O Premio, dotado con tres mil euros, foi instituido pola Asociación da Prensa da Coruña e conta co patrocinio conxunto do Concello da Coruña e da Secretaría Xeral de Comunicación.
Rubén Ventureira leva escrito moitos artigos sobre a etapa coruñesa de Pablo Picasso, da que é non só un gran divulgador senón tamén un atento investigador. Do seu traballo sobre o xenial pintor beneficiámonos todos os coruñeses e coruñesas polo apoio que Rubén Ventureira prestou e presta á Concellaría de Cultura en todo o relacionado coa Casa-Museo Picasso. Hoxe queremos recoñecer publicamente o noso agradecemento e darlle a través desta anotación os nosos máis agarimosos parabéns.
Imaxe: La Voz de Galicia














