Concertos no Rosalía e no Palacio da Ópera
Hoxe venres 30 temos dobre oferta de música sinfónica para o lecer. Para comezar, ás 19 horas no Teatro Rosalía de Castro, os concertos en familia darannos a posibilidade de escoitar a Suite Hary Janos. A entrada é de 2 € (nenos gratis). E unha hora e media despois a Orquestra Sinfónica de Galicia interpretará baixo a dirección de Jakub Hrusa un programa con pezas de Isabel Urrutia (Gerok, premio concurso composición AEOS 2007), Paul Hindemith (Der Schwanendreher, concerto para viola e pequena orquestra sobre vellas cancións populares) e Nikolai Rimski-Kórsakov (Sheherezade, suite sinfónica). Participará como solista Gérard Caussé (viola). A función é no Palacio da Ópera ás 20:30 e as entradas teñen un prezo de 9, 14’30, 18 e 26’40 € (maiores de 65, menores de 26 anos e desempregados, 6’30 € na zona C2).














