O sábado 24 e o domingo 25 o Teatro Rosalía de Castro acolle unha nova entrega do Ciclo Caixanova, desta volta coa función “Cosmética del enemigo”, adaptación teatral da novela de Amélie Nothomb a cargo de Concha Busto Producciones. A obra está protagonizada por José Pedro Carrión e Jesús Castejón; dirixe José Luis Sáez. O espectáculo comeza os dous días ás 20:30. O prezo das entradas é de 6, 7, 9 e 13 € (os usuario de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados teñen un desconto do 20%).
Tamén o sábado 24 e o domingo 25 Teatro del Andamio representa a obra “A preguiza (La fiaca)” de Ricardo Talesnik, con Anxo Tirado, Mari Lodeiro, María Martín, Carlos Martín e Bárbara Grandío. Dirixe Álvaro Guevara. A función terá lugar no Fórum Metropolitano o sábado ás 20:30 e o domingo ás 19:00. A entrada custa 5 € (3 € para os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados).