Mañá mércores, dous concertos para toda a familia

martes, 17 marzo 2009, 11:15 | Category : Arte
Tags : , ,

Mañá mércores 18 no Palacio da Ópera terá lugar un dos Concertos en familia organizados polo Consorcio para a Promoción da Música. A partir das 19 horas poderemos escoitar O paxaro de lume de Igor Stravinsky, nunha función con prezos populares: 2 € a entrada xeral, e de balde para os nenos (máximo dous convites por persoa).

Tamén mañá mércores ás 20:45 no Teatro del Andamio (Alcalde Suárez Ferrín, 10 – Plaza Elíptica – Os Rosais), Xabier Díaz ofrecerá un concerto co título Coplas para Icía. A entrada custa 6 €, e é de balde para os nenos menores de 9 anos acompañados dun adulto. O aforo está limitado a 50 prazas, e pódense facer reservas chamando ao teléfono 981129392.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

2 Comments for “Mañá mércores, dous concertos para toda a familia”

  1. 1pekote

    ¡non mo perdo! xabier díaz & o andamio…. ¡isto ten que ser unha combinaçao explosiva!

  2. 2pekote

    ¡non mo perdo! xabier díaz & o andamio…. ¡isto ten que ser unha combinaçao explosiva!

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path