Concerto desconcerto, danza no Rosalía

Hoxe domingo 29 no Teatro Rosalía de Castro haberá unha nova sesión do ciclo Ghilladas de danza contemporánea. A compañía Entremans presenta o espectáculo Concerto desconcerto, coproducido coa AGADIC a través do Centro Coreográfico Galego. A función comeza ás 19 horas e o prezo das entradas é de 9 € (os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados teñen un prezo especial de 7 €).

Concerto desconcerto é unha peza onde os/as bailaríns/as executan a música a partir do movemento, recreando o espazo sonoro de cada escena. Poñerlle son ao movemento, deixar escoitar a danza, descubrir un mundo de sensacións onde a música nace do propio intérprete. Nesta peza o público pode verse involucrado tomando certo protagonismo no transcurso da representación, desarticulando o espazo escénico formal e transformando toda a sala nun espazo en común. A obra conta co asesoramento e produción musical da gran artista galega Mercedes Peón. Participan na peza os bailarín Alexis Fernández, Kirenia Martínez, Armando Marten e Caterina Varela.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path