Xa non hai billetes para o concerto de Joan Manuel Serrat
Hoxe no Palacio da Ópera terá lugar o concerto do cantante Joan Manuel Serrat programado dentro do ciclo Música con raíces. A gran expectación polo concerto fixo que as entradas quedase esgotadas hai xa máis dunha semana. A próxima entrega do ciclo será a actuación de Mariem Hassam o próximo 9 de abril no Teatro Rosalía de Castro.














