Conferencia de Carlos Taibo

martes, 31 marzo 2009, 10:00 | Category : conferencias
Tags : ,

O vindeiro día 2 de abril, xoves, o profesor e investigador Carlos Taibo pronunciará dentro do ciclo Economia, História, e Realidade Social unha palestra co título O nacionalismo español. O acto, organizado por O Facho, celébrase ás oito do serán no local da Fundación Caixa Galicia no Cantón Grande da Coruña.

Carlos Taibo é profesor de Ciencia Política e da Administración na Universidade Autónoma de Madrid. Firme activista do movimento antiglobalización, a súa obra investigadora é recollida en diversos libros tanto en galego como en castelán: O castelo de fogos. Nove ensaios sobre ou porvir da Europa do Leste, Europa sen folgos, Un novo Terceiro Mundo, Miserias da globalización capitalista, Fendas abertas: Seis ensaios sobre a cuestión nacional, La desintegración de Yugoslavia, Guerra en Kosova: Un estudio sobre la ingeniería del odio, El conflicto de Chechenia, Crisis y cambio en la Europa del Este, Rapiña global ou Sobre política, mercado y convivencia, en colaboración co economista e escritor José Luis Sampedro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path