Fernando Lalana no Fórum Metropolitano

luns, 23 marzo 2009, 10:00 | Category : bibliotecas, escritores
Tags : , ,

Hoxe luns 23 de marzo ás 18 h. o escritor de literatura infantil e xuvenil Fernando Lalana -autor de Morirás en Chafarinas, El zulo ou La tuneladora- manterá un encontro cos seus lectores na sala Marilyn Monroe do Forum Metropolitano. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de zanfonas  no Forum Metropolitano

domingo, 22 marzo 2009, 0:30 | Category : concertos, música
Tags : , , , ,

O vindeiro luns 23 de marzo ás 21 horas o ciclo Forumfolk acollerá unha noite adicada á zanfona, un dos instrumentos máis característicos da música tradicional galega e do folk. O grupo de zanfonas de Cántigas da Terra e o músico Óscar Fernandez convídannos a un percorrido dende os cantos tradicionais ata a zanfona contemporánea. O prezo das entradas é de 5 euros e de 3 euros con desconto carnet xoven, maiores de 65 anos e desempregados.

No ano 2002 incorporouse a zanfona ás escolas de Cántigas da Terra da man de Oscar Fernández, e ten continuidade ata hoxe cunha media de oito alumnos, algúns deles xa vinculados a Cántigas como gaiteiros ou coristas. Co tempo, dun xeito natural, foise incorporando este instrumento no repertorio de Cántigas tanto en pezas instrumentais coma vocais. O seu repertorio basease na música tradicional galega tanto instrumental como vocal.

Óscar Fernández é membro fundador do grupo Os Cempés e autor da maioría dos arranxos e composicións dos catro CDs que editou con ese grupo. Actualmente é responsable tamén da creación e da zanfona eléctroacústica do trío bOnOvO. Participou en gravacións e concertos con artistas como Chouteira, Uxia, O Jarbanzo Negro, Xochilmica, Quempallou, Eclética Ensemble, e en proxectos como a primeira e quinta edicion do festival Cantos da Maré ou no espectáculo galego-cubano realizado na Habana con motivo da Feira do Libro 2008 Descarga ao Vivo. Imparte aulas de Zanfona no Centro Galego de Música Popular, na Escola Municipal de Música de Narón e no coro Cantigas da Terra de A Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Oskorri en concerto coa Banda Municipal

O concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Marcel Van Bree ten mañá domingo 22 de marzo un convidado moi especial: o grupo vasco Oskorri. A actuación comezará ás 12:15 no Palacio da Ópera, con entrada libre até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Rosalía de Castro no Día Mundial da Poesía

venres, 20 marzo 2009, 15:38 | Category : Sen clasificar
Tags :

A Concellaría de Cultura da Coruña celebra o Día Mundial da Poesía cunha homenaxe á máis grande das poetas galegas, Rosalía de Castro. Ás 13:00 do sábado 21 de marzo na Sala de Exposicións de Durán Loriga celebrarase un recital poético-musical coa participación de Tonecho Castelos Boutureira (violín), Pablo Gómez Esqueira (acordeón) e as poetas Lucía Aldao, Tati Mancebo, Diana Varela Puñal, Paloma Calvo Varela, Berta Dávila e Olga Patiño. O público asistente recibirá como agasallo unha edición do poema “A Sir John Moore” realizado coa colaboración do Padroado Rosalía de Castro. Inaugúrase tamén unha exposición con obras de Julia Ares, Soledad Penalta, Yolanda Ferrer, Carmen Chacón, Dorda, Carmen Senande, Anxeles Penas e Dolores Gálvez con escultura, fotografía, pintura e gravado feito por oito artistas coruñesas. A exposición estará aberta do 18 ao 22. Ademais, até o 6 de abril unha mostra bibliográfica percorrerá na Biblioteca de Estudos Locais a traxectoria vital e creativa da autora de Cantares gallegos e Follas novas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hermanas, unha comedia sobre as relacións familiares no Rosalía

xoves, 19 marzo 2009, 1:00 | Category : teatro
Tags : , ,

A comedia chega ao Teatro Rosalía con Hermanas, unha obra con dramaturxia e dirección da nova autora catalá Carol López, que poderá verse este venres 20 e sábado 21 dentro do ciclo Caixanova.

A peza é unha marabillosa comedia melodramática que toma como escusa a morte do patriarca dunha familia acomodada para reflexionar con intelixencia e sen pretensións sobre as relacións familiares e, en especial, sobre os vínculos que hai entre as mulleres dunha mesma saga que intentan reconstruír as súas vidas.

Hermanas é unha produción da sala La Villarroel de Barcelona que protagonizan Maria Lanau, Nora Navas, Aina Clotet, Amparo Fernández, Paul Berrondo e Marcel Borràs. Desde a súa estrea hai un ano a obra non parou de colleitar excelentes críticas. A autora considera que a obra ten algo das Tres irmás de Anton Chéjov, pero que ten máis de Hannah e as súas irmás de Woody Allen. As funcións comezan os dous días ás 20.30 h.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: O discreto encanto da burguesía

xoves, 19 marzo 2009, 0:45 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme O discreto encanto da burguesía de Luis Buñuel, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Buñuel francés.

Horario: Xoves 19, 20:30. Venres 20, 20:30 e 23:00. Sábado 21, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Domicilio privado

xoves, 19 marzo 2009, 0:30 | Category : cinema
Tags : , ,

Private (Domicilio privado) de Saverio Costanzo, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A eterna loita. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 19, 20:15. Venres 20, 20:15 e 22:45. Sábado 21, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mañá mércores, dous concertos para toda a familia

martes, 17 marzo 2009, 11:15 | Category : Arte
Tags : , ,

Mañá mércores 18 no Palacio da Ópera terá lugar un dos Concertos en familia organizados polo Consorcio para a Promoción da Música. A partir das 19 horas poderemos escoitar O paxaro de lume de Igor Stravinsky, nunha función con prezos populares: 2 € a entrada xeral, e de balde para os nenos (máximo dous convites por persoa).

Tamén mañá mércores ás 20:45 no Teatro del Andamio (Alcalde Suárez Ferrín, 10 – Plaza Elíptica – Os Rosais), Xabier Díaz ofrecerá un concerto co título Coplas para Icía. A entrada custa 6 €, e é de balde para os nenos menores de 9 anos acompañados dun adulto. O aforo está limitado a 50 prazas, e pódense facer reservas chamando ao teléfono 981129392.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Esta semana, no VII Festival Manicómicos…

martes, 17 marzo 2009, 11:00 | Category : teatro
Tags :

Esta é a axenda do VII Festival Manicómicos para esta semana:

Martes 17.- ASOCIACIÓN CULTURAL MANICÓMICOS: “DEPRIMIDOS AO RÍO”. Fórum Metropolitano. Función: 21:00. Entradas: 7 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 5 €)

Mércores 18.- YLLANA TEATRO: “BROKERS”. Teatro Rosalía de Castro. Función: 21:00. Entradas: 7, 9, 12 e 15 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20 %)

Xoves 19.- PEPE VIYUELA: “ENCERRONA”. Teatro Rosalía de Castro. Función. 21:00. Entradas: 8, 10, 14 e 18 (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20 %)

Venres 20.- ASOCIACIÓN CULTURAL MANICÓMICOS: “GALA VII FESTIVAL”. Fórum Metropolitano. Función: 21:00. Entradas: 7 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 5 €)

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencias de Henrique Harguindey e Alfredo Vigo

martes, 17 marzo 2009, 11:00 | Category : conferencias
Tags : ,

O profesor Henrique Harguindey Banet impartirá mañá a conferencia Testemuñas francesas sobre Galiza na Fundación Caixa Galicia (no Cantón Grande), nun ciclo organizado pola Agrupación Cultural O Facho. O acto comeza ás 20 horas e é de entrada libre até completar capacidade.

O mesmo día ás 20:30 na Fundación Biblioteca de la Casa Consulado (Panaderas, 58 – baixo) Alfredo Vigo Trasancos, catedrático de Historia da Arte da USC, dará unha charla co título A reparación do moi antigo Faro da Coruña comezada no reinado e de orde de Carlos III. A conferencia forma parte do ciclo A Torre de Hércules: Faro romano, paradigma da arquitectura da ilustración e ¿Patrimonio da humanidade?, no que participou hai unhas semanas Xosé María Bello. Será a partir das 20:30. A entrada é libre até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luns con ciencia: Vitoriano Urgorri presenta a última campaña do buque Hespérides

luns, 16 marzo 2009, 11:30 | Category : ciencia
Tags : , , , ,

Na segunda sesión do ciclo de divulgación científica Luns con ciencia, hoxe 16 de marzo Vitoriano Urgorri, director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, presentará na Domus a última campaña do buque Hespérides. O pasado outono, un equipo de científicos dirixidos por Vitoriano Urgorri, embarcouse no buque Hespérides para realizar un estudo dos fondos profundos mariños de Galicia. O obxectivo da campaña DIVA-Artabria II (2008) comprende o estudo e descrición da biodiversidade nesas áreas, contribuír a unha estimación real do número de especies que viven nos fondos abisais de Galicia e como se distribúen en función da profundidade e o tipo de substrato.

Urgorri falará hoxe, luns, ás 8 da tarde na Domus, sobre o desenvolvemento desta campaña, na que participou o Aquarium Finisterrae (representado polo xefe de bioloxía mariña, Antonio Pérez Cribeiro). Durante a presentación, proxectarase un vídeo da expedición. O acto celébrase na Sala Leonardo da Vinci da Domus a partir das 20 horas, e a entrada é libre e gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Noitenova, actividades de lecer nocturno na Coruña

venres, 13 marzo 2009, 11:00 | Category : Sen clasificar
Tags :

Organizado pola Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, o programa NOITENOVA ofrécelle aos mozos e mozas entre 14 e 30 anos unha serie de actividades de lecer (xogos, música, pequenos espectáculos artísticos, deportes, actividades circenses, novas tecnoloxías, astronomía…) para que as teñan en conta á hora de planificaren a súa fin de semana. Podedes descargar o folleto co programa para os meses de marzo, abril e maio picando aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Unha primavera para Aldara, teatro no Rosalía

xoves, 12 marzo 2009, 15:00 | Category : teatro
Tags : , ,

O venres 13 e o sábado 14 temos oportunidade de ver no Teatro Rosalía de Castro a obra Unha primavera para Aldara de Teresa Moure, gañadora do XIII Premio Rafael Dieste. A peza está representada por Teatro do Atlántico e conta no seu reparto con María Bouzas, Pilar Pereira, María Barcala, Belén Constenla, Marcos Correa, Josi Lage, Lucía Regueiro, Amparo Malo, Arthur Trillo e Xoan C. Mejuto. Dirixe Xulio Lago. A función comeza os dous días ás 20:30 e o prezo das entradas é de 9 € (6 € en tarifa reducida para usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados).

Unha primavera para Aldara acadou nove candidaturas para os premios María Casares de teatro, nas categorías de mellor espectáculo, dirección, texto orixinal, escenografía, vestiario, iluminación, actriz protagonista (María Bouzas) e actriz de reparto (Belén Constenla e Lucía Regueiro). Os premios María Casares entregaranse o vindeiro 27 de marzo nunha gala que se celebrará no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Sinopse de Unha primavera para Aldara: As monxas residentes no mosteiro de Santa María están a pasar por un momento difícil no que atinxe á súa subsistencia; os medios económicos non alcanzan e os arrendatarios das súas terras hai tempo que non lles fan pago das rendas. No exterior é tempo de revoltas. Un criado chega ao convento, solicitando acollida para o seu señor, cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla e necesitado de refuxio e de coidados para sandar. As monxas, logo de intensos debates xa que as regras non permiten presencia masculina no convento, deciden poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro ata que se vexa curado das súas feridas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Por fin en galego o libro de memorias da coruñesa María Casares

xoves, 12 marzo 2009, 1:15 | Category : cinema
Tags : , ,

A editorial Trifolium vén de publicar a versión galega de Residente privilexiada, o libro de memorias da actriz María Casares (1922-1996). Nacida na Coruña, María Casares tivo que exiliarse en Francia co seu pai, Santiago Casares Quiroga, tralo levantamento militar fascista de 1936. Ao longo de cinco décadas desenvolveu unha fecunda carreira no teatro; no cinema a súa presenza foi moito menos continuada, mais tivo ocasión de traballar con algúns dos máis grandes directores franceses de todos os tempos, coma Robert Bresson, Alain Resnais ou Jean Cocteau. O CGAI celebra a publicación da súa memorábel autobiografía e réndelle homenaxe hoxe xoves 12 ás 20:30 coa proxección do filme Les dames du Bois de Boulogne.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Os limoeiros

xoves, 12 marzo 2009, 1:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Etz limon (Os limoeiros) de Eran Riklis, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo A eterna loita. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 12, 20:15. Venres 13, 20:15 e 22:45. Sábado 14, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google