Cinema no Fórum: Con uñas y dientes

xoves, 30 abril 2009, 17:00 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme Con uñas y dientes de Paulino Viota, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.

Horario: Xoves 30, 20:15. Venres 1, 20:15. Sábado 25, 20:15. A proxección do venres contará coa presenza do director, Paulino Viota.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Amateurs

xoves, 30 abril 2009, 16:00 | Category : cinema
Tags : , ,

Amateurs de Gabriel Velázquez, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Colleita española.

Horario: Xoves 30, 20:30. Venres 1, 20:30 e 23:00. Sábado 2, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Día Internacional da Danza

Hoxe 29 de abril é o Día Internacional da Danza, e na Coruña teremos ocasión de celebralo con dúas actividades. Pola mañá ás 12:30 a Asociación da Danza Escénica Galega fai unha mostra aberta na escalinata da Domus, para presentar parte do que se pode ver nas salas e outras coreografías creadas para a ocasión, coa participación entre outros de Armando Martén, Caterina Varela, Javier Matín, Carlota Pérez e as Descarriadas. Pola noite ás 21 horas no Fórum Metropolitano e dentro do XXI Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña haberá unha mostra de danza. A entrada para esta función é de 5 € (prezo especial de 2,50 € para a comunidade universitaria, carné xove, maiores de 65 años e desempregados/as).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: ARRÁS

venres, 24 abril 2009, 15:49 | Category : concertos, música
Tags : ,

O vindeiro luns 27 ás 21 horas o auditorio do Forum Metropolitano acollerá no marco do seu ciclo Forumfolk a presentación do traballo discográfico Asumindo riscos, o primeiro disco do grupo folk ARRÁS no que o grupo condensa as diversas tendencias musicais e sonoras que o caracterizan. ARRÁS nace a finais do ano 2004 como un grupo de amigos estudantes que deciden facer a música que lles gusta. Sen dúbida a ideosincrasia do grupo refléxase na súa música, un auténtico "potaxe galego" froito das diversas influencias dos seus integrantes. Manteñen unha liña de traballo definida; a base do seu repertorio son as composicións propias, que en ocasións o grupo mestura en perfecta sintonía coa música tradicional e popular. ARRÁS foi gañador do VI Concurso Folk organizado por Radio Obradoiro grazas ao cal levaron a súa música ao longo destes anos por algúns dos máis representativos escenarios e festivais galegos (Teatro Principal de Compostela, Teatro de Viveiros, Viveifolk, Festival folk de Guísamo, Festival folk da praia de Ézaro, Festa do Queixo...) e compartiron escenario e vivencias con grupos de renome: Kepa Junquera, Cristina Pato, Leilía, Susana Seivane, Brath, Faltriqueira... ARRÁS está formado por seis compoñentes de diversa procedencia, todos eles curtidos no mundo da música dende moi novos e unidos cun obxectivo común: desfrutar coa boa música. O prezo das entradas é de 5 euros (3 euros para xente nova con carné xove, maiores de 65 anos e desempregados).

A banda: Manu Abraldes: baixo eléctrico e acústico; Rocío Jiménez: voz; David Bellas: gaitas, saxos tenor e soprano e frautas; Pablo Gómez: piano, teclados e voz; Michel Ribadulla: guitarras acústica e eléctrica; Dani Díaz: batería e percusión.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Ballet Folklórico Nacional de Cuba no Coliséum

venres, 24 abril 2009, 8:54 | Category : Sen clasificar
Tags : ,

bfncuba3bnA esencia cubana, a través do ritmo da música e o baile das súas xentes, encherá hoxe o escenario do Coliséum coa presenza do Ballet Folclórico Nacional de Cuba co seu espectáculo A raíz do tempo.
A principal agrupación folclórica do país antillano foi fundada a comezos de 1962 polo folklorista cubano Rogelio Martínez Furé e o coreógrafo mexicano Rodolfo Reyes Cortés. Desde as súas orixes propúxose contribuír ao rescate e á revitalización das danzas e músicas tradicionais da súa terra, seleccionando aquelas de máis valor artístico para organizalas de acordo coas máis modernas esixencias teatrais, sen traizoar a súa esencia popular. 43 anos despois da súa fundación, ten desenvolvido un estilo de arte folklórico teatral de grande efectividade escénica e estética, que reflicte as diversas tradicións culturais cubanas, tanto de orixe europea (hispánicas ou francesas), como de antecedentes africanos (yoruba, congo, carabalí, arará, etc.) ou chegadas a Cuba doutras illas caribeñas. Levan realizado máis de 80 xiras por 45 países e teñen recibido, entre outros premios, o Tonel de Ouro e o Colar de Prata, Dijón (Francia) e o Templo de Ouro, Agrigento (Italia).
A función está prevista para as 21.30 h. e é certo que o público que asista, como sucede en todas os lugares en que o Ballet Folclórico Nacional de Cuba presentan os seus espectáculos, ficará abraiado e enmuderá co xenio orixinal dun pobo en que o ritmo e a sensualidade son innatos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: En la ciudad de Sylvia

xoves, 23 abril 2009, 9:24 | Category : cinema
Tags : , ,

En la ciudad de Sylvia de José Luis Guerín, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Cinema e cidade. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 23, 20:15. Venres 24, 20:15 e 22:45. Sábado 25, 17:15 e 20:15 (a proxección do venres ás 22:45 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Roma

xoves, 23 abril 2009, 9:23 | Category : cinema
Tags : , , ,

O filme Roma de Federico Fellini, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Cinema e cidade.

Horario: Xoves 23, 20:30. Venres 24, 20:30 e 23:00. Sábado 25, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Chega ao Rosalía As dunas, a primeira colaboración de Manuel Lourenzo e Quico Cadaval

xoves, 23 abril 2009, 9:00 | Category : teatro
Tags : , , ,

as-dunasO Centro Dramático Galego representará o seu novo espectáculo As dunas o venres 24 e o sábado 25 de abril no Teatro Rosalía de Castro. As dunas xorde da colaboración entre o escritor Manuel Lourenzo e o director Quico Cadaval, que suman os seus talentos creativos nunha produción que ambos definen como “un cabaré sobre o paraíso perdido”. A peza é unha comedia cun destacado compoñente onírico que fala de temas moi actuais como a especulación urbanística, ecoloxía, corrupción, amor, desamor e sexo.

Proposto polo propio Manuel Lourenzo (Premio Nacional da Cultura Galega 2008 na categoría de Artes Escénicas) para levar ás táboas o seu texto, Quico Cadaval recunca no CDG con As dunas tralo éxito acadado a pasada tempada con Noite de Reis. Nesta ocasión o polifacético director ideou unha montaxe de teatro, danza e música en directo para a que conta cun elenco multidisciplinar do que forman parte tanto nomes consagrados como novos valores da escena galega: Paula Buján, Evaristo Calvo, Paulo Oliveira, Manuel Cortés, Susana Dans, Christian Escuredo, Juan Carlos Mosquera “Mos”, Iria Pinheiro, Rodrigo Roel e Davide Salvado. Completan o equipo artístico Baltasar Patiño, no deseño do espazo escénico e da iluminación, Gilda Bonpresa (vestiario), Armando Martén (coreografía), Bernardo Martínez (espazo sonoro) e Hugo Torres como axudante de dirección.

A estética do espectáculo inspírase na cultura popular dos anos setenta, especialmente nos filmes da chamada terceira vía (a medio camiño entre o cine chabacano e o intelectual), no cómic, na telenovela e na fotonovela. O resultado, en palabras do propio director, é “unha especie de pastiche cun pouco de aventura, un pouco de crítica política, un pouco de sexo e un pouco de risa”. A acción transcorre na Mariña luguesa, nunha nave industrial en desuso onde son convocados polo construtor Florencio Pardo, a gobernanta Lola, o intendente Serapio, o empregado Calí Caiate e unha tropa estrafalaria de músicos, bailaríns e cantantes para animar a inauguración do free spa “As dunas”, un moderno balneario musical que terá como destinatarios a “amantes de praceres prolongados” e integrará actividades que van dende o relax ao goce musical pasando por “todo tipo de refinados praceres do corpo”. Para rexentar este gran complexo turístico-musical, o empresario contrata unha antiga noiva da xuventude, Lola, muller entrada en carnes, disposta e realista, que ademais lle segue querendo. A moza é moi hábil para controlar a Pardo, para rexentar o local e para se entender cos músicos. Coa chegada destes á nave, asistimos á presentación das súas vidas, das súas esperanzas, frustracións, soños e angustias. Así, sabemos dos amores homosexuais entre Serapio (home xa maduro e descrido) e Milo (mozo depresivo, pusilánime e torturado); das dotes musicais e amatorias do inmigrante Cali Caiate (caboverdiano residente en Burela, ou burelao con orixes caboverdianas); e das relacións de amor e celos entre Cristian, Eva, Melo, Lucinda e Helio, personaxes que se moven entre a esperanza nun futuro incerto e a prosaica realidade.

As localidades para as representacións no Teatro Rosalía Castro poranse á venda, ao prezo de 13, 9, 7 e 6 euros, os mesmos días das funcións de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 20.00 horas. Ademais, e co obxectivo de promocionar esta produción no marco de “Espazos CDG”, programa do que forma parte o teatro coruñés, o CDG realiza conxuntamente coa compañía galega de novo circo Pistacatro un espectáculo promocional que se desenvolverá o xoves 23 ás 12.00 horas na rúa peonil da praza de Lugo. Trátase dunha acción escénica na que se mestura circo, ritmo, música e humor para comunicar aos viandantes que a escena é algo próximo, divertido e sorprendente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Promoción da lectura: actividades do Día do Libro

xoves, 23 abril 2009, 8:00 | Category : Promoción da lectura
Tags : ,

cartazbusCo gallo do Día do Libro, hoxe xoves 23 de abril nos Xardíns de Méndez Núñez na Coruña terá lugar unha lectura colectiva de A Esmorga, obra de Eduardo Blanco Amor cuxos primeiros cincuenta anos celebramos hai unhas semanas. A seguir haberá un Concerto ourensán, un concerto de voz e acordeón pensado para, por, sobre Ourense. Dende cantares de cego que falan de afiadores e paragueiros a temas populares e tradicionais de Ourense e arredores. Voz, acordeón e percusión para poñer banda sonora a unha obra como A Esmorga xuntando o acordeón de Moncho do Orzán e a voz de Nelson Quinteiro. Será entre as cinco e as sete desta tarde.

Hoxe ademais as bibliotecas municipais instálanse por un día na Estación de Trens e Autobuses, desde ás dez da mañá até as sete da tarde. Haberá tamén animación de rúa a cargo da Compañía Femme Fatale.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Houston Ballet, hoxe no Rosalía

mércores, 22 abril 2009, 13:30 | Category : danza
Tags : ,

hballet1bnDentro da súa xira europea, o Houston Ballet recala no Teatro Rosalía Castro hoxe mércores 22 de abril para presentar catro das súas máis afamadas coreografías: Mediaeval Baebes, , Hush e Nós.

Houston Ballet é unha das principais compañías de danza nos Estados Unidos. Fundada en 1969 baixo a dirección de Nina Popova, na actualidade está integrada por 54 bailaríns, que inclúen artistas premiados a nivel internacional.

De1979 a 2003, a dirección artística do ballet correu a cargo de Ben Stevenson quen sentou as bases do esplendor que vive actualmente esta agrupación na que se formaron grandes estrelas como Janie Parker, Li Cunxin, Carlos Acosta e Lauren Anderson.

hballet12bnActualmente, as redes da compañía están nas mans do coreógrafo australiano Stanton Welch que é un dos máis solicitados da súa xeración e que creou ballets para tan prestixiosas compañías internacionais como San Francisco Ballet, American Ballet Theatre, The Australian Ballet, Birmingham Royal Ballet no Reino Unido, e Royal Danish Ballet. Stanton Welch apostou por unha liña contemporánea e arriscada como pon de manifesto a súa versión d'O lago dos cisnes e a súa creación Divergence. Houston Ballet realizou actuacións en Moscova, Londres, Washington, Os Angeles, Hong Kong, Ottawa ou Montreal, nos seus teatros máis representativos, coma o Bolshoi, o Kennedy Center de Washington ou o New York City Center.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google