Conferencia de Eudald Carbonell na Domus

luns, 20 abril 2009, 10:00 | Category : ciencia
Tags : , , ,

Eudald Carbonell ofrece unha conferencia sobre evolución humana, enmarcada no ciclo de divulgación Luns con ciencia e nos actos de celebración do Ano Darwin organizados polos Museos Científicos Coruñeses. A súa charla, titulada Evolución, innovación e resocialización, comezará na Domus ás 20:00, con entrada libre.

Eudald Carbonell é director do Institut Català de Paleoecología Humana i Evoluciò Social da Universitat Rovira i Virgili de Barcelona, e codirector, xunto a Juan Luis Arsuaga e José María Bermúdez de Castro do proxecto da Serra de Atapuerca (Burgos). Por este proxecto, recibiu xunto aos outros dous codirectores, o premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 1997. Publicou numerosos artigos sobre paleontoloxía en prestixiosas revistas especializadas, e é autor e coautor dunha decena de libros de divulgación sobre estes temas, entre eles o titulado Atapuerca. Un millón de años de historia, que recibiu en 1999 o Prisma Casa das Ciencias ao mellor libro editado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Os cineastas Nicolas Klotz e Elizabeth Perceval visitan o CGAI

luns, 20 abril 2009, 9:45 | Category : cinema
Tags : , ,

O director Nicolas Klotz e a súa compañeira e guionista Elizabeth Perceval visitarán esta semana o CGAI, onde presentarán os tres filmes que compoñen a chamada “Triloxía dos tempos modernos”, Paria, La blessure e La question humaine. A parella de cineastas participará ademais o venres 24 nun coloquio sobre a súa obra. A entrada a todos os actos é gratuíta. O mesmo venres 24 desenvolverase no CGAI o seminario A herdanza de Shoah. A propósito de La question humaine, dirixido por Angel Quintana e que ten coma ponentes a Miguel Morey, Adán Kovacsics, Santos Zunzunegui e Santiago Filloll. A asistencia ao seminario é gratuíta previa inscrición.

Luns 20 de abril, 20:30: Paria (2000)
Martes 21 de abril, 20:30: La blessure (2004)
Xoves 23 de abril, 20:30: La question humaine (2007)
Venres 24 de abril, 19:30: coloquio con Elizabeth Perceval e Nicolas Klotz. Despois, ás 21.30 h., proxección das curtametraxes Jeunesse D’Hamlet e La consolation (Klotz-Perceval) e do documental Les amants cinéma, dirixido pola filla da parella, Héléna Klotz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XXI Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña

Esta semana celébrase o XXI Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña, que comeza hoxe coa representación da obra Máquina Muller a cargo da Aula de Teatro da Universidade da Coruña. Mañá martes poderemos ver Os figurantes de José Sanchís Sinisterra, interpretada pola Aula de Teatro da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra). As dúas obras terán lugar no Fórum Metropolitano ás 20:30. O prezo das entradas é de 5 € (3 € para a comunidade universitaria, usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Rosalía recibe a Sancho Gracia e Juanjo Cucalón en La cena de los generales

venres, 17 abril 2009, 23:00 | Category : teatro
Tags : , , ,

O sábado 18 e o domingo 19 no Teatro Rosalía de Castro representarase a obra de José Luis Alonso de Santos La cena de los generales, dentro do Ciclo Caixanova. Forman o reparto os actores Sancho Gracia, Juanjo Cucalón, Ana Goya, Víctor Manuel Dogar, Adolfo de Grandy, Antonio Escribano, Borja Luna, Candela Arroyo, César Camino, Emilio Gómez, Jesús Prieto, Lorenzo Area, Lucía Bravo, Luis Garbayo e Luis Muñiz; a dirección corre a cargo de Miguel Narros. As funcións comezarán os dous días ás 20:30, e o prezo das entradas é de 8, 10, 13 e 17 € (os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as teñen un desconto do 20%).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro para nenos durante a fin de semana

venres, 17 abril 2009, 20:30 | Category : infantil, teatro
Tags : ,

Este domingo ás 17:30 no Fórum Metropolitano os máis novos teñen unha cita co teatro coa obra O monstro do castelo, apta para nenos maiores de catro anos. A representación corre a cargo de Teatro del Andamio, cun reparto formado por Sheila Sardá, Gema Ulloa, Nacho Martín, Álvaro Guevara, Anxo Tirado. As entradas custan 3 € (o abono familiar para tres persoas vale 6 €).

No local da compañía na Praza Elíptica dos Rosais (Alcalde Suárez Ferrín, 10) poderemos ver tamén esta fin de semana unha peza para títeres, Cinco historias para unha man, de Spaguetti Títeres. A función, pensada para nenos e nenas de 4 a 9 anos, terá lugar o sábado ás 17 horas e o domingo en dous pases, ás 12:30 e 17:00. A entrada custa 4 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fotografías de Andrei Tarkovski na Fundación Luis Seoane

venres, 17 abril 2009, 16:00 | Category : cinema, exposicións, fotografía
Tags : ,

Desde o 16 de abril ata o 31 de maio a Fundación Luis Seoane acollerá, por vez primeira en España, a colección completa de polaroids que o cineasta ruso fixo entre 1979 e 1984 nas cercanías da súa dacha rusa e diversas localizacións en Italia. A mostra, titulada LUZ INSTANTÁNEA. FOTOGRAFÍAS, ITINERARIOS E SAUDADES DE ANDREI TARKOVSKI, contará ademáis cunha instalación audiovisual baseada na súa película Nostaxia, así como cun ciclo de documentais sobre o xenial realizador de Solaris e A infancia de Iván e, de xeito exclusivo, un debuxo inédito de gran formato de Tarkovski.

polaroid-blog-1Andrei Tarkovski (1932-1986) é recoñecido na actualidade, xunto a Sergéi Eisenstein, coma o cineasta ruso máis importante de tódolos tempos, e un dos máis destacados directores da historia do cine. Aínda que a súa película máis coñecida segue sendo probablemente a adaptación da novela de Stanislaw Lem Solaris en 1972, pola que obtivo ese mismo ano o Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cannes, a súa filmografía ten un significado moito máis profundo, e é entendida hoxe en día coma unha reflexión constante e coherente sobre a relación entre tempo e imaxe. Esta última -a imaxe- será protagonista indiscutible do desenvolvemento artístico do cineasta ruso desde un punto de vista tanto práctico coma teórico, o que lle levará a reflexionar sobre a mesma a través non só do cine, senon tamén das artes escénicas, o xénero documental, o ensaio e a fotografía, soporte este último ao que pertence o grupo de instantáneas polaroid que conforman a mostra Luz Instantánea, que presenta nesta ocasión a Fundación Luis Seoane.

O eixo central do proxecto expositivo xira ao redor de 80 fotografías polaroid tomadas por Andrei Tarkovski nas cercanías da súa dacha rusa e en diversas localizacións italianas entre 1979 e 1984, época na que o cineasta se atopaba inmerso na realización da súa primeira película rodada no extranxeiro, Nostalxia. Ésta é unha circunstancia que aparece nas propias instantánteas, xa que nelas podemos comprobar toda unha serie de minuciosos ensaios sobre os encadres, motivos ou mesmo tonalidades cromáticas que finalmente formarán parte do seu penúltimo film.

Sen embargo, o que converte a estas fotografías en documentos excepcionais é a súa dimensión autobiográfica. Desde este punto de vista e baixo a intensidade contida nestes apuntes instantáneos, nos que semella dilatarse indefinidamente o tempo e a súa brétema, atopamos unha serie de inestimables documentos que dan fe da preocupación do seu autor por desentramar o misterio de toda imaxe -en especial a do propio fogar- e o sentido da súa propia melancolía, presente en toda a súa obra.

polaroid-blog-2A presenza desta colección de polaroids nas salas da Fundación Luis Seoane supón unha oportunidade única a nivel nacional, pois xamais tiñan sido expostas en España con anterioridade. A este factor fundamental, súmase o feito de que 20 das fotografías presentes nesta exposición foron atopadas recentemente e incluidas na devandita colección, o que singulariza aínda máis a proposta. Pero o carácter de primicia non só se limita ao número final de fotografías nin á súa chegada por vez primeira ao noso país: dentro do proxecto da Fundación Luis Seoane preséntase por vez primeira, tanto en España coma no extranxeiro, un debuxo de gran formato feito polo propio Andrei Tarkovski, tamén relacionado coa rodaxe de Nostalxia, un deseño a escala que o director ruso fixo para a construcción dunha reproducción da súa propia dacha rusa que sería incluida en varias secuencias do film. Este debuxo inédito sinala o punto de partida do proceso de análise e traballo realizado pola Fundación para esta exposición, pois ilustra o motivo sobre o que se pretende reflexionar a partir de aquelas pequenas instantáneas: a figura da “casa” ou o “fogar” na obra de Tarkovski.

Fillo do poeta ruso Arseni Tarkovski e da actriz Maria Ivanovna, a súa formación académica tivo lugar no Instituto de Cinematografía Gerasimov, en donde foi alumno doutro gran realizador soviético, Mikhail Room, de quen aprendería un concepto fundamental na súa obra, a de considerar o cine coma un xeito de esculpir no tempo. Herdeiro directo do gran Alexander Dovjenko, desenvolveu un léxico e unha concepción do quefacer cinematográfico sumamente personal e inconfundible. Dada a solidez das súas conviccións e o profundo vencello que existe en todo o seu corpus creativo, a súa morte prematura en 1986 non deixou unha filmografía mutilada na súa orientación conceptual, senón unha fermosa e extremadamante coherente herdanza artística pese á súa escasa producción, limitada a sete títulos: A infancia de Ivan, Andrei Rubliev, Solaris, O espello, Stalker, Nostalxia e Sacrificio, prácticamente todas ellas obras de culto cinéfilo e premiadas cos máis altos galardóns da crítica nos principais festivais internacionalis como o de Venecia, Cannes ou San Francisco. Estas películas son sen dúbida a mellor mostra do xenio “tarkovskiano”, así coma un exemplo excepcional da vertente poética e de vontade trascendente desta arte.

Mirador Sonoro
O espazo Mirador Sonoro da Fundación Luis Seoane ofrecerá unha escolla de pezas clásicas incluidas por Andrei Tarkovski nas súas películas, así coma unha serie de temas musicais elaborados por artistas contemporáneos inspirados polo cine e a figura do director ruso.

Ciclo de documentais
Grazas á colaboración do festival de cine documental Punto de Vista de Pamplona se proxectará o ciclo Querido Andrei, composto por unha serie de documentais sobre Tarkovski realizados por autores da talla de Alexander Sokurov, Chris Marker o Sergei Paradjanov.

Instalación audiviosual
A exposición remata cunha instalación audiovisual baseada na película Nostalxia, que, como xa indicaramos, está vencellada tanto ás fotografías da mostra coma ao debuxo inédito de Andrei Tarkovski. As imaxes da instalación pertencen a un proxecto documental baseado nun percorrido polas localizacións orixinais de Nostalxia. Tamén de Nostalxia, se emitirán unha serie de entrevistas a personas vencelladas á película e ao seu director, como Andrei A. Tarkovski, fillo do director, Tonino Guerra, guionista do film ou Domiziana Giordano, unha das súas protagonistas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Espazo aberto: concerto de Pepe Vaamonde Grupo

venres, 17 abril 2009, 9:30 | Category : concertos, música
Tags : ,

Hoxe venres 17 no Fórum Metropolitano dentro do ciclo Espazo aberto, actuación de Pepe Vaamonde Grupo. O concerto comezará ás 21 horas, e o prezo das entradas será de 5 € (3 € para os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

AVISO IMPORTANTE: cambio de horario no ciclo "Cinema e cidade"

venres, 17 abril 2009, 9:00 | Category : cinema
Tags : ,

Debido á longa duración de Va savoir e a que o estado da copia de O terceiro home non é o óptimo, soamente se fará un pase de cada unha das películas, sendo o horario das proxeccións do venres e do sábado ás 20.15 e 20.30 h. respectivamente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de Mayte Martín hoxe no Rosalía

xoves, 16 abril 2009, 12:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

O Teatro Rosalía de Castro recibirá hoxe xoves 16 a partir das 21 horas a marabillosa voz da cantaora catalana Mayte Martín, que presentará alCANTARa MANUEL, un proxecto que naceu coma homenaxe ao poeta malagueño Manuel Alcántara e foi ideado para a bienal de flamenco da súa terra na edición de 2007. En formato quinteto de guitarras flamencas, violín e percusión, Mayte Martín pon voz e música aos máis fermosos poemas de Manuel Alcántara.

Mayte Martín é unha das voces prodixiosas do panorama flamenco e está considerada como un referente nacional e internacional deste xénero musical. O seu interese por descubrir novos camiños e formas musicais coma o bolero caracterizan a súa versatilidade e estilo propio.

O prezo das entradas para o espectáculo é de 9’00, 11'00, 13'00 e 17'00 €; os usuarios de carné xove, maiores de 65 años e desempregados poden adquirir entradas ao prezo especial de 7’00 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital de Eva Veiga e Francisco Fernández Naval

xoves, 16 abril 2009, 11:00 | Category : poesía
Tags : , ,

Hoxe xoves 16 de abril terá lugar unha nova xornada do ciclo Poetas coruñeses, a palabra na voz de quen a crea. Nesta ocasión participarán Francisco Fernández Naval e Eva Veiga, apresentados por Xoán Abeleira. Será ás 20:30 h no salón de actos da Asociación Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16-18, 1º). A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: O terceiro home

xoves, 16 abril 2009, 10:30 | Category : cinema
Tags : , ,

O filme The third man de Carol Reed, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Cinema e cidade. O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario: Xoves 16, 20:30. Venres 17, 20:30 e 23:00. Sábado 18, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Va savoir

xoves, 16 abril 2009, 10:25 | Category : cinema
Tags : ,

vasavoirVa savoir (Vai saber) de Jacques Rivette, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Cinema e cidade.

O filme proxéctase en versión orixinal con subtítulos en castelán.

Horario:
Xoves 16, 20:15.
Venres 17, 20:15 e 22:45.
Sábado 18, 17:15 e 20:15
A proxección do venres ás 22:45 é gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Espazo aberto: concerto de Graham Summer e Fabián

xoves, 16 abril 2009, 10:15 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Hoxe xoves 16 no Fórum Metropolitano dentro do ciclo Espazo aberto, actuación de Graham Summer e Fabián. O concerto comezará ás 21 horas, e o prezo das entradas será de 5 € (3 € para os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Cinema e cidade

Un mozo americano, Jesse (Ethan Hawke), e unha estudante francesa, Celine (Julie Delpy), coñécense nun tren e deciden pasar unhas horas xuntos en Viena, coa chegada dun novo día como límite para a súa relación. Ese era o argumento de Before sunrise de Richard Linklater, unha delicia que nos sorprendeu alá polo ano 1995. O filme Before sunset reunía unha década despois á mesma parella en París para presentarnos aos dous protagonistas xa máis maduros e experimentados recuperando o tempo perdido mentres paseaban pola cidade do Sena e falaban e falaban sen parar.

París é un tópico cinematográfico, o lugar ao que escapan os mozos e mozas americanos para atopar o seu lugar no mundo, como facía a Sabrina encarnada por Audrey Hepburn no lendario filme de Billy Wilder. Non é a única ocasión en que Audrey visitou París: volveu alá en Funny face, en Love in the afternoon e sobre todo en Charade, acompañada por un Cary Grant que mudaba de identidade cada poucos minutos; mais non é esa a única cidade asociada á súa filmografía, porque... quen non quixo coñecer a capital de Italia despois daquelas Vacacións en Roma, ou ir a Nova York ao ver a Holly Golightly tomando un almorzo diante do escaparate dunha xoiaría?

Bos Aires en Happy together (Wong Kar-wai, 1997), Kuala Lumpur en I don't want to sleep alone (Tsai Ming-Liang, 2006), Nova Delhi en Monsoon wedding (Mira Nair, 2001), México D.F. en Batalla en el cielo (Carlos Reygadas, 2004), Taipei en Millenium Mambo (Hou Hsiao-Hsien, 2001), a Bamako do filme homónimo de Abderrahmane Sissako, a Lisboa dos de Pedro Costa... a memoria dos cinéfilos está inzada de espazos urbanos inesquecíbeis, amosados ás veces sen piedade, mais cheos de vida en calquera caso. De cidades e de espazos urbanos vai o ciclo que en abril ocupará as salas do Fórum Metropolitano con catro obras mestras que nos levarán á Viena da posguerra na que se cociñaban negocios turbios (The third man, 1949), á Roma pasada pola peneira da imaxinación desbordada de Federico Fellini (Roma, 1972), a París para gozar cos personaxes que se entrecruzan conducidos pola man maxistral de Jacques Rivette (Va savoir, 2001) e a Estrasburgo para seguir os pasos dun home novo na procura dunha muller que coñeceu anos atrás (En la ciudad de Sylvia, 2007).

Sala Fernando Rey:
16, 17 e 18 de abril The third man de Carol Reed.
23, 24 e 25 de abril Roma de Federico Fellini.

Sala Marilyn Monroe:
16, 17 e 18 de abril Va savoir, de Jacques Rivette.
23, 24 e 25 de abril En la ciudad de Sylvia de José Luis Guerin

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Gala de entrega do III Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico

mércores, 15 abril 2009, 11:00 | Category : galas, teatro
Tags : , , ,


teatro-radiofonicoHoxe a partir das 20:30 no Teatro Rosalía de Castro celébrase a gala de entrega do III Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico, organizado pola Radio Galega en colaboración co Centro Dramático Galego. A entrada ao acto é libre até completar o aforo.

Nesta edición o primeiro premio foi para a obra Peter Buckley de Rubén Ruibal e César Candelas. Quedaron finalistas as obras Servizo de información de Paula Carballeira e O xou mas gou on de Eva Freixeira. As tres obras finalistas publicaranse nun libro-cd editado por Xerais.

-Escoitar Peter Buckley de Rubén Ruibal e César Candelas: 1

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google