Concerto de Los Secretos

O concerto deste sábado 30 de maio no Coliseum da Coruña non será un máis. A excepcional banda Los Secretos está preparando un concerto moi especial que contará coa colaboración de Iván Ferreiro, Julián Hernández e Rosa Cedrón como convidados de luxo. Esta será unha gala presentada polo popular Manuel Manquiña, que xunto á citada presenza de artistas galegos contribuirá a converter este evento en todo un acontecemento para os seguidores de Los Secretos. A organización tamén informa que de acordo co grupo e como consecuencia da coincidencia co horario establecido no partido de futbol que enfrontará o Depor contra o Barcelona, decidiu atrasar o inicio do concerto ata o remate do citado encontro. O prezo das entradas é de 23 e 28 €.
Kvetch, teatro no Rosalía hoxe e mañá

Aínda que o tango di que "vinte anos non é nada", Teatro do Morcego considerá que é motivo máis que sucifiente para facer algo especial e xa que logo volveu colaborar co grupo portugués Seiva Trupe co que fixeron o seu primeiro traballo hai dúas décadas. O espectáculo que montaron conxuntamente é Kvetch de Steven Bekoff e con el se presentan no Teatro Rosalía de Castro os días 29 e 30 dentro do Ciclo Caixanova.
Kvetch é un espectáculo impúdico e feroz sobre os medos, as frustracións e o estrés diario do mundo actual. Para interpretalo constituíuse un elenco mixto de galegos e portugueses que cambian de idioma segundo se estea representando en Galicia, en Portugal ou no resto de España pois pódeno facer en calquiera dos idiomas propios. No Teatro Rosalía, o reparto estará protagonizado por Celso Parada, Mónica Camaño, Antonio Reis, Dorotea Bárcena, Paulo Calatré (Portugal) baixo a dirección de Alvaro Lavín.
Oriana Méndez no ciclo Escrita(s)
Partindo da noción de "identidades relacionais", a poeta e filóloga Oriana Méndez tratará de caracterizar a estrutura da blogosfera e provocar, así, a conversa sobre as capacidades que estas redes sociais (blogs) posúen á hora de repercutir ou influenciar no ámbito do pensamento e da acción política. É a blogosfera un novo espazo público ou unha extensión do que xa existía? É unha refundación da Democracia? Esas serán algunhas das preguntas sobre as cales reflexionar nesta sesión do ciclo Escrita(s) baixo o título A blogosfera e a pluriarquia. Que posibilidades?, na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56), hoxe xoves 28 de maio a partir das 20 horas.
Goretti Sanmartín fala na Alexandre Bóveda
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 28 de maio terá lugar a conferencia Os retos da(s) lingua(s) hoxe a cargo da filóloga e profesora da Universidade da Coruña Goretti Sanmartín dentro do ciclo Lingua e Letras. Será ás 20:30 h, no salón de actos da asociación (R/ Olmos 16-18, 1º) con entrada libre.
Charla de Celso Álvarez Cáccamo nas Atochas
Hoxe xoves 28 de maio ás 20.30 horas na Casa das Atochas o profesor Celso Álvarez Cáccamo dará unha charla co título A crise da língua e a lógica do Mercado, con entrada libre..
José-María Monterroso Devesa presenta o seu novo libro
Mañá xoves 28 de maio na Libraría Couceiro da Coruña (na Praza do Libro) terá lugar a presentación do libro Mil e pico de nomes galegos do Uruguai de José-María Monterroso Devesa. O acto estará conducido polo profesor Luís Pérez e comezará ás 20:30.
Conferencia de Federico G. Martín Palmeiro
Mañá xoves 28 de Maio o doutor en Economía e Vicedecano da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, Federico G. Martín Palmeiro, falará dentro do ciclo Economia, História e Realidade Social. A súa charla leva por título A Emigraçom galega, hoje. Incapacidade das classes dominantes galegas ou colonialismo?. Será a partir das oito do serán no local da Fundación PAIDEIA, na Praza de María Pita da Coruña. Organiza a Agrupaçom O Facho.
Fía na roca pecha o ciclo Música con raíces

O ciclo Música con raíces pecha mañá xoves 28 de maio coa actuación do grupo folk galego Fía na roca, que presentará o seu disco Quince maios, unha celebración dos quince anos de traballo e paixón pola música de raíz que caracterizan a esta banda emblemática. A función comezará ás 21 horas no Teatro Rosalía de Castro e o prezo das entradas é de 6, 7, 9 e 13 € (os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desmpregados/as teñen un desconto do 20%).
Cinema no Fórum: La question humaine
O filme La question humaine (A cuestión humana) de Nicolas Klotz, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.
Horario: Xoves 28, 20:15. Venres 29, 20:15. Sábado 30, 20:15. A proxección do venres contará coa participación de Miguel Castelo, cineasta.
Cinema no Fórum: Yo
Yo de Rafa Cortés, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Colleita española.
Horario: Xoves 28, 20:30. Venres 29, 20:30 e 23:00. Sábado 30, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).
Coloquio sobre literatura infantil e xuvenil con Xabier P. Docampo

Hoxe mércores 27 de maio ás 20 horas na Casa das Atochas o escritor Xabier DoCampo impartirá unha palestra-coloquio arredor do tema A literatura infantil e xuvenil galega. A entrada é libre.




















