I Certame de Pintura Cidade Vella
A Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, coa colaboración da Asociación de veciños da Cidade Vella “María Pita” e a Asociación de Artistas Plásticos Galegos, convoca o I Certame de Pintura Cidade Vella suxeito ás seguintes bases:
BASES
O día 16 de maio de 2009, entre as 9:00 e as 11:00 horas os participantes deberán presentarse no local da Asociación de Veciños da Cidade Vella “María Pita” (Rúa Santa María 10) para cumprimentar a autorización e selado do soporte da obra. A partir dese instante pódese comezar a pintar.
De 19:00 a 20:00 horas, entregarase a obra sen asinar na sala de exposicións do Arquivo do Reino de Galicia (Xardín de San Carlos, 10. Con posterioridade á entrega dos premios, os autores asinarán as súas obras.
O xurado reunirase de seguido e o fallo farase público a partir das 21.30 horas.
A organización non se responsabiliza das posibles perdas ou danos que poideran sufrir as obras.
1. Requisitos dos participantes: Persoas de calquera nacionalidade, de 16 anos en adiante, provistas de DNI ou pasaporte.
2. Temática: Interpretación libre, relativa á Cidade Vella da Coruña.
3. Técnica: Libre
4. Soporte: Cada participante presentará un único soporte a concurso, debidamente selado. Asimesmo levará o material necesario para o desenvolvemento da súa obra.
5. Dimensións da obra: Tanto a lonxitude como a anchura estarán comprendidas no intervalo de 40 cm. (mínimo) a 100 cm. (máximo).
6. Composición do xurado: O xurado, cuxa composición se dará a coñecer antes da data do certame, estará formado por profesionais das artes plásticas, e de secretario exercerá unha persoa designada pola Asociación de veciños da Cidade Vella “María Pita”, sen dereito a voto.
7. A participación no certame supón a aceptación das súas bases.
8. Premios:
Primeiro premio: 800 €
Segundo premio: 400 €
Terceiro premio: 200 €
Estes premios, que estarán suxeitos á retención fiscal que legalmente corresponda, poderán declararse desertos. A decisión do xurado é inapelábel, reservándose a Concellaría de Cultura o dereito de publicar o resultado desta convocatoria na maneira e polos medios que estime máis acaídos.
9. Propiedade das obras: As obras presentadas ao certame serán propiedade dos seus autores, se ben, ao participaren, autorizan ao Concello da Coruña a reproducilas e utilizalas con fins de promoción e difusión da cultura.
10. Exposición e retirada das obras: As obras participantes estarán expostas no Arquivo do Reino de Galicia (Xardín de San Carlos) o día 16 de 21.30 a 24.00 h., o día 17 de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h. Pola semana, até o xoves 21 de maio de 17.00 a 21.00 h. Os participantes poderán retirar as obras presentadas no lugar da exposición o venres 22 de maio de 17.00 a 21.00 h.





















4 Comments for “I Certame de Pintura Cidade Vella”
Trackbacks