Mañá danse a coñecer os gañadores do Concurso Literario de Contos de Nenos "Carlos Casares"

Co obxectivo de recuperar os premios literarios que dende os 60 convocou a Agrupaçon Cultural O Facho, este ano convocouse a XLII edición do certame que leva o nome de Carlos Casares como unha agarimosa homenaxe ao que fora o primeiro gañador, no ano 68, co conto A galiña azul. O concurso está dividido en dúas categorías, A (para alumnos de 6 a 12 anos) e B (de 12 a 16); este ano o xurado está formado por Xabier P. Docampo, José Mondelo, Mar Hermida e Soledad González Maside.

O xoves, día 14, ás 12:30, e dentro das actividades programadas pola Agrupación co gallo do Día das Letras Galegas, haberá unha ofrenda floral diante do monumento a Curros Enríquez na que o presidente de O Facho, José Luis Rodríguez Pardo dará a coñecer os gañadores do concurso.

A entrega de premios terá lugar na Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande, o próximo 20 de maio, ás 20:00.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path