Música para celebrar o Día das Letras Galegas
Mañá sábado 16 de maio no Conservatorio Profesional de Música (Praza do Conservatorio) haberá un concerto especial co gallo do Día das Letras Galegas, a cargo da banda sinfónica do Circo de Artesáns. O programa incluirá composicións de Charpentier, Rossini, Ravel, Evers, John Williams e Pascual Veiga, baixo a dirección de Juan Pérez Berná. A actuación comeza ás 19:30 e a entrada é libre até completar capacidade.
A Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística organiza pola mesma razón un concerto no Parque de Santa Margarida, Festexando 365 días de vivirmos en galego, coa participación de Chámalle Xis, O sonoro maxín e Berri Txarrak. Será a partir das 20 horas, con entrada libre.














