Concerto de Donaire no ciclo Forumfolk
O Forum Metropolitano presenta no seu concerto de maio do ciclo Forumfolk Con Canto Donaire, unha proposta musical que inicia o grupo de pandereteiras Donaire tratando de dar unha visión persoal e actualizada da música tradicional que levan anos interpretando. Estas seis rapazas que proveñen das Mariñas e a Mariña lucense, conflúen na Coruña cun interese común de grande peso: a nosa música de raíz. Dende o seu inicio foron dirixidas por Olga Kirk e actuaron en escearios moi diversos onde alcanzaron numerosísimos premios en todos os festivais e concursos do país, o cal lles levou a cantar por toda a xeografía galega. Participaron ademais na gravación de dous CDs, Cantos vellos para rapaces novos (2001) e Dálle donaire ao corpo (2006). Nesta nova andaina estas seis mulleres intentan encaixar dende as raíces da tradición, as súas diferentes tesituras vocais, gustos musicais e experiencias vitais, como se se tratase das pezas dun puzle, para chegar a variados resultados estético-musicais en cada peza. Compoñen Donaire Helga Vázquez R., Iria Penabad, Graciela Carral, Rocío Carral, Olga Kirk e Lucía Vázquez Q. Para poder expresar a súa inquietude musical contarán coa axuda de Gutier Álvarez (zanfona e programacións), Pablo Díaz (clarinete e percusións), Pablo Aller (guitarra), Ismael García (percusións e gaita) e Natalia Pérez (percusións). O seu concerto terá lugar hoxe luns 25 de maio ás 21 horas no Fórum Metropolitano. O prezo das entradas é de 5 euros (3 euros con carne xove, + 65 anos e desempregados).
O filme Soylent green, hoxe na Domus no ciclo "Os luns con ciencia"
Hoxe luns 25 de maio ás 20 horas haberá unha proxección de cinema na Domus dentro do ciclo Os luns con ciencia. Trátase do filme Soylent Green, unha película de ciencia ficción sobre o esgotamento dos recursos naturais dirixida por Richard Fleisher.
A presentación do filme correrá a cargo de Xurxo González, doutor en Historia da Arte, autor de artigos e críticas en revistas coma Tempos Novos ou Cahiers du Cinéma-España, asesor e analista audiovisual, documentalista e coordinador dos libros Manoel de Oliveira (CGAI) e Documentación da videocreación en Galicia nos anos 80 (CGAC). Xurxo González foi ademais creador de contidos da Axencia Audiovisual Galega, coordinador das plataformas na rede Teutubo e Flocos.tv e programador galego do Filminho, ademais de guionista e realizador amadorista (Argazo, 2005, Os señores do vento, 2008 e 36/75, 2009).
Concerto de Lila Downs, hoxe na Coruña
Hoxe ás 22 horas no Coliseum da Coruña, concerto de Lila Downs pertencente ao ciclo Música con raíces. Entradas á venta por 12 e 18 €.
Bine, a foca de máis idade do Aquarium Finisterrae, cumpre 24 anos
O vindeiro domingo 24 de maio o Aquarium Finisterrae celebra o vixésimo cuarto aniversario de Bine, a foca de maior idade das que viven nas súas instalacións. Bine chegou ao acuario o 17 de xullo de 2000 procedente do zoo de Bremerhaven, en Alemaña. O seu aniversario celébrase ao grande porque vinte e catro anos son moitos para unha foca: equivalen aos 75 anos dun ser humano.
Para celebrar co público o aniversario de Bine, o Aquarium Finisterrae convida a almorzar o domingo 24 de maio, entre as 10 e as 11:30 da mañá, a todas ás persoas nacidas no ano 1985. Abonda con que acrediten a súa idade mediante o Documento Nacional de Identidade para que se lles facilite a entrada e se lles invite a un almorzo na Cantina de Ultramar do Aquarium. Logo, contra as doce horas do mediodía, poderán visitar a Bine e ver como lle dan de comer e aproveitar o momento para facer algunha pregunta sobre a vida privada de Bine aos seus coidadores e aos monitores que atenden a actividade.
As focas forman parte do grupo de "animais estrela" do Aquarium Finisterrae. Son moi queridas polo público e reciben unha grande atención por parte da veterinaria e demáis persoal técnico do Aquarium. Inflúen nesta situación as fascinantes características destes animais e o feito de que os seres humanos sentímolos próximos e establecemos con eles vínculos emocionais.
Doutra banda, desempeñan un papel fundamental nos ecosistemas mariños. Quizais por iso, os mamíferos mariños en xeral, e as focas en particular, foron obxecto de numerosas campañas científicas e de conservación que nalgúns casos víronse referendadas por importantes decisións políticas, como o recente compromiso do Parlamento Europeo de prohibir a comercialización de produtos derivados das focas na Unión Europea. Estes aspectos de conservación son os que intentamos transmitir no Aquarium Finisterrae utilizando como recurso a presenza de animais como Bine.
Manuel Rivas presenta o acto do sábado no Rosalía
Este sábado 23 de maio ás 20:30 no Teatro Rosalía de Castro, Os libros arden mal. Homenaxe á cidade da liberdade.
Xavier Seoane presenta o seu novo poemario

O venres 22 de maio ás 20 horas no Centro Social Caixanova dos Cantóns, e coas intervencións de Fidel Vidal, Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán-Vello e o autor, Xavier Seoane.
Os libros arden mal, homenaxe á cidade da liberdade

Os libros arden mal. Homenaxe á cidade da liberdade é un acto que combina literatura, música e memoria da man de Manuel Rivas (narrador), Marcos Meléndrez (cantante de tangos), Gastón Rodríguez (guitarra) e Pulpiño Viascón (voz, gaita e serrucho). Está prevista a participación doutros músicos convidados. Será o sábado a partir das 20:30 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, con entrada libre e de balde.
Este é o texto co que se presenta a actividade:
"A boca da literatura e da canción, as palabras e a música, a poesía e os tangos, entrelazan e levedan nunha conmoción sen tregua sobre o escenario. A fonte que inspira este encontro é a novela Os libros arden mal, de Manuel Rivas, que ten por escenario a cidade da Coruña. Desta obra, co gallo da súa publicación en Francia, o xornal Le Monde dixo que provoca no lector “emoción, asombro, marabilla e pracer”.
O punto de arranque desta “historia dramática da cultura” é un feito real, o da queima de libros que tivo lugar en agosto de 1936 nas proximidades da dársena coruñesa. Aquelas fogueiras tentaban queimar para sempre o corazón libertario da cidade. Porque se hai unha esencia fundacional da Coruña é o amor pola liberdade.
Fronte a esa pulsión totalitaria, que trata de controlar o poder as mentes, resiste e xermola a enerxía do desexo e a re-existencia, a que se expresa a través a través da literatura, a música e a memoria das que o historiador Ranahit Guha chamou as “voces baixas” ou silenciadas da humanidade". (Texto de presentación da actividade)
Cancións para Antía, concerto este domingo no Rosalía
De Huidobro a Bolaño: un século de vangarda chilena en España

Programa do seminario internacional que terá lugar mañá no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía: De Huidobro a Bolaño: un século de vangarda chilena en España:
10.00h: Presentación
10.15h: Conferencia inaugural: Carlos Franz. Escritor. De Huidobro a Bolaño:la creación de un animal mitológico: el huibodolabroño
11.30h: Eva Valcárcel. Universidade da Coruña: Hay palabras que tienen forma de árbol. Vicente Huidobro en España
12.45h: Fernando Moreno. Universidade de Poitiers. Roberto Bolaño y la experiencia del abismo
16.00h: Raquel Bra. Investigadora da UDC. Roberto Bolaño: fragmentarismo y vanguardia
16.45h: Joaquín Lameiro. Profesor investigador da UDC. Imaginación y lenguaje en Ecuatorial de Vicente Huidobro
17.30h: Pedro Ramos. Escritor. Chile, Bolaño, Barcelona
18.30h: Recapitulacións. Clausura
Cinema no Fórum: Tiro en la cabeza
Tiro en la cabeza de Jaime Rosales, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Colleita española.
Horario: Xoves 21, 20:30. Venres 22, 20:30 e 23:00. Sábado 23, 17:30 e 20:30 (a proxección do venres ás 23:00 é gratuíta).
Cinema no Fórum: O ovo da serpe
O filme O ovo da serpe de Ingmar Bergman, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Saíndo da fábrica.
Horario: Xoves 21, 20:15. Venres 22, 20:15. Sábado 23, 20:15. A proxección do venres contará coa participación de Martín Naya, desempregado.
















