Caixanova na rúa: Obradoiro "Ciencia Máxica"

martes, 30 xuño 2009, 14:30 | Category : ciencia
Tags :

caixanova-na-ruaOvos que se friten sen aceite, auga que se converte en vino, cristais que desaparecen…..todos estes incribles desafíos, máis propios dun número de maxia que da realidade, terán a súa explicación racional e científica neste obradoiro lúdico de características principalmente formativas.

Cal é a fronteira entre ciencia e maxia? Nunha cúpula inchable e ante os ollos dos visitantes levaranse a cabo un conxunto de experiencias que desafiarán a nosa lóxica e que nos levarán a pensar nun truco de maxia. Mais por sorte, a ciencia non ten trucos, e tras cada experiencia entre todos atoparemos a explicación do fenómeno observado. Así, de forma amena e divertida, este taller achegará aos sorprendidos espectadoras aos aspectos menos coñecidos deste mundo fascinante que chamamos ciencia.

CÚPULA CAIXANOVA: OBRADOIRO CIENCIA MÁXICA. No Obelisco, do mércores 1 ao domingo 5 de xullo de 11:00 a 14:00 e 17:30 a 20:30 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: programa completo

martes, 30 xuño 2009, 14:00 | Category : ciencia, cinema, circo, danza, maxia, música, obradoiros
Tags :

caixanova-na-ruaMércores 1 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco.
12:30: Macadam Piano, no Obelisco
12:30: Djuggledy, na Praza de Lugo
18:00: Macadam Piano, na Rúa Real
18:30: Djuggledy, na Praza de Vigo
19:00: Os Viqueiras, na Praza de Lugo
19:30: Macadam Piano, na Praza de Vigo
23:00: Cinema, na Praza de Vigo

Xoves 2 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco
12:30: Dado, no Paseo Marítimo
18:00: Bollywood Brass Band, da Praza de Lugo á Praza de Pontevedra
18:00: Sienta la cabeza, na Rúa Real, esquina Rúa Agar
18:30: Dado, na Praza de Vigo
20:00: Bollywood Brass Band, na Praza de Vigo
23:00: Cinema, na Praza de Vigo

Venres 3 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco
18:00: Hortzmuga, no Obelisco/Cantóns
18:00: Obradoiro de pintura a cargo de Branda, na Praza de Vigo
20:00: Mr. Dixie, na Praza de Vigo
23:30: Kull d’Sac, da Praza de Mina a Correos

Sábado 4 de xullo

De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30: Cúpula Caixanova, no Obelisco
12:00: Los Chatos, no Obelisco
12:30: Maku Jarrak, na Praza de Lugo
18:00: Maku Jarrak, na Praza de Vigo
19:00: Banda de gaitas da Deputación de Pontevedra, no Paseo Marítimo
19:30: Los Chatos, na Praza de Lugo
20:00: Mr. Dixie, na Rúa Real
20:00: Cuarteto de guitarras de Lisboa, na Praza de Vigo
22:30: CatPeople, na Torre de Hércules
24:00: Krakovia, na Torre de Hércules

Domingo 5 de xullo

De 11:00 a 14:00: Cúpula Caixanova, no Obelisco
12:30: Javi Javichi, no Obelisco
12:30: Os Viqueiras, na Praza de Vigo
13:30: Roi Sixto, na Praza de Vigo
17:00: Javi Javichi, no Paseo Marítimo
18:00: Roi Sixto, no Paseo Marítimo.

Descargar dossier: PDF comprimido, 11,4 MB.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caixanova na rúa: vídeo promocional

martes, 30 xuño 2009, 13:00 | Category : ciencia, cinema, circo, concertos, danza, infantil, música, teatro
Tags :

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mostra VKRS: programa do mércores 1 de xullo

luns, 29 xuño 2009, 20:00 | Category : audiovisual, certame, música
Tags : ,

vkrs-logo18:00 – CGAI: Coloquio Videoclip, obra de autor ou produto publicitario. Proxeccións: Galicia Sitio distinto (A.Reixa), Viúda Gómez (X.Villaverde), Salvamento e Socorrismo (A.Reixa), Matar está máis preto (A. Simón).

23:30 – Café Old School (R/ División Azul, Falperra): Proxección bloque Easy Rider "Orgullo e paixón”:

Su factura, caballero (A pedir de Milkhouse). Director: Juan Galva
Inventar (Glass Onion). Director: Jacobo Casal
Dr. Hyde (Hyde Casino). Director: Fernando Cortizo (Artefacto Producciones
Five Versus the Shadows (Moon Cresta). Director: Juan Martínez
Néboa (Shroud of TearS). Director: Jairo Iglesias
No camino sólo (Twenty Fighters). Director: José Louzao (25 Produccións
Alarido (Forraje). Director: Inmaculada Ricoy.
Pois Eu (Quant). Director: Rubén Coca.
13th Floor Elevator (Hyde Casino). Director: Manuel Vidal
As cores da solpor (Loretta Martin). Director: Jairo Iglesias.
Ekilibrio (Ekilibrio). Director: Juan Luis Gomez Frieiro
Welcome to London (Capitán Morgan). Director: Capitán Morgan
Laberinto (Baldosa Amarilla. Director: Andrea Taboas & Ana Belen Diz
I Wanna See Your Pussy under the Moonlight (Los Santos). Director: Nico Campos & Luis Quintana
Karthikeyan (Grasa). Director: Alex del Valle
Que más da (Daga de 2 puntas). Director: Andrea Taboas & Ana Belen Diz
Lagartona (Juanito Broders). Director: d.f.Vieites
Somos siglas (Slowlee). Director: The Zombeats

Máis información: web da Mostra VKRS.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mostra VKRS: programa do martes 30 de xuño

luns, 29 xuño 2009, 16:00 | Category : audiovisual, certame, música
Tags : ,

vkrs-logo18:00 - CGAI: Coloquio Os antecedentes do videoclip. Filmación de eventos musicais. Proxeccións: Rock, rock, rock. 1º Concurso de Rock Cidade dá Coruña (1982)

23:30 – Pub Loft 46 (Av. Fisterra – Ronda de Nelle): Proxección bloque The Last Waltz ”Sentido e sensibilidade”:

Sitting by the Fire (Carlos Childe). Director: Segundo Grandio (Casa de Tolos)
Cuanto hay que aguantar (Roger de Flor). Director: Carlos Alberto Alonso
A miña bala perdida (Victor Aneiros). Director: Simón Vázquez (GSeis)
Canto de serea (Magín Blanco & Burgas Beat). Director: Segundo Grandio (Casa de Tolos)
Wastin’ My Time No More (Miki Nervio). Director: Segundo Grandio (Casa de Tolos)
Good for Love (Carlos Childe). Director: Segundo Grandio (Casa de Tolos)
Una desconocida más (Roger de Flor). Director: Carlos Alberto Alonso
Hielo sobre hielo (Magín Blanco). Director: Segundo Grandio (Casa de Tolos)
Soia (Victor Aneiros). Director: Simón Vázquez (Gseis)
Reventaba (Silvia Penide). Director: Rita Moreno
Días (Todo el Largo Verano). Director: Rubén Coca
Os dous amigos (Roger de Flor). Director: Carlos Alberto Alonso
Chámalle Rumba (Os Terribles). Director: Segundo Grandio (Casa de Tolos)
A Lira (Uxía). Director: Mario Iglesias
Galicia (Os Carunchos). Director: Segundo Grandio (Casa de Tolos)
Ninfa das frescas augas (Roi Casal). Director: Segundo Grandio (Casa de Tolos)
Santiago (Narf). Director: Xavier Belho Cortizo & Fran Perez
Desde que decidiste no volver (Luís Moro). Director: Enrique Moro Padín
Boppity Bop (Teté y los ciclones). Director: Juan José Ocio (Cine de guerrilla)

Máis información: web da Mostra VKRS.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mostra VKRS: programa do luns 29 de xuño

luns, 29 xuño 2009, 10:00 | Category : audiovisual, certame, música
Tags : ,

vkrs-logo18:00 - CGAI. Coloquio: Presente e futuro do videoclip en Galicia. Proxección dunha escolma de videoclips inscritos na Mostra VKRS.

23:30 - Pub Picasso (R/ Sol, Orzán). Proxección bloque Blow Up ”Inxenio e creatividade”:

Setecentos (Fanny + Alexander). Director: Noel Feáns
El crimen, cómo ocurre y cómo remediarlo (Triangulo de Amor Bizarro). Director: Diego Delgado
Ta liste deas amities brises (Quant). Director: Álvaro León (Keloide)
Más de lo mismo (Combo Dínamo). Director: Hector Dieguez & Pablo Goluboff
Sr. Anido 16 (Sr. Anido). Director: Ruben Dominguez
Bicho Raro (Indómitos). Director: Manu G. Sanz
Calamar (The homens). Director: Roi Fernandez, Isaac Cordal
Nofunanymore (Ns|Nc). Director: Ángel Santos
Darkness (Kathaarsys). Director: Abelardo Rendo, Fernando Lema
Planeta 19 (Boy Elliott & Plastic Bags). Director: Gorevision TV
Dos piedras (Vale tudo). Director: Francisco Calvelo
Gone to Liverpool (Niño y Pistola). Director: Manuel Portolés (Manolito)
O Xadrez de Mister Spock (Telémaco). Director: Marcos Turnes - Luis Salgado
Vista (6pm). Director: Alberto Baamonde e Cristina López
Girls Girls Girls (Quant). Director: Álvaro Leon & Ruben Coca
Believe In Trane (Sumrrá). Director: idNespereira

Máis información: web da Mostra VKRS.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Torre de Hércules, Patrimonio da Humanidade

domingo, 28 xuño 2009, 16:00 | Category : Torre de Hércules, prensa
Tags :

torre-de-hercules
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O sábado, todos coa Torre!

venres, 26 xuño 2009, 15:00 | Category : Torre de Hércules
Tags : ,

torre

Mañá sábado 27 de xuño todos os coruñeses e coruñesas temos unha cita na Praza de María Pita, onde poderemos seguir a retransmisión en directo desde Sevilla da resolución do Comité do Patrimonio Mundial da Unesco. Haberá actividades na praza todo o día desde as 12:30. Mañá é o día decisivo: o sábado, todos cos Torre!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Novos módulos divulgativos no Aquarium Finisterrae

venres, 26 xuño 2009, 12:00 | Category : Aquarium Finisterrae, ciencia, museos científicos, natureza
Tags : ,

aquarium-2

Con ocasión do Ano Darwin 2009 e do 10º aniversario da súa apertura ao público o Aquarium Finisterrae presenta un conxunto de novos módulos sobre evolución mariña. A intervención supón a primeira renovación importante dos contidos da Sala Maremagnum, onde están instalados catro deles. Nesta ocasión, o tema elixido, Darwin e o Mar, fai homenaxe ás achegas do naturalista xurdidas das súas observacións durante a viaxe a bordo do Beagle, como é a súa teoría sobre a formación dos arrecifes de coral. Tamén fai especial fincapé nas numerosas especies de transición -os chamados popularmente elos perdidos- entre diferentes grupos de animais, moitos dos cales son mariños.

Seguindo a formulación museográfica da sala, os contidos dos cinco módulos responden a outras tantas preguntas elixidas entre as que formulan os escolares. Trátase, unha vez máis, de manter o compromiso expositivo dos Museos Científicos Coruñeses con aquelas cuestións que suscitan o interese dos seus visitantes:
- Cantas especies mariñas hai no mundo?
- Por que hai tantas clases diferentes de peixes?
- Cando apareceron os primeiros peixes?
- Existirán peixes que ademais de aletas tivesen patas, para poder saír do mar?
- Que clase de ser vivo é o coral?

aquarium-1

Un dos módulos máis espectaculares desta exposición é o tanque cilíndrico de gran volumen, no que se representa un ecosistema litoral, e no que o nivel de auga baixa e sobe cada catro horas simulando as mareas, un tipo de instalación acuariolóxica que é pioneira entre os acuarios españois.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto da Banda Municipal con Susana Seivane

xoves, 25 xuño 2009, 13:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

banda-pequeno

O domingo 28 de xuño ás 20 horas terá lugar o concerto extraordinario e gratuito da Banda Municipal con Susana Seivane no Parque Europa onde interpretarán un repertorio de música galega para banda e gaita. É o broche de ouro a un ano de concertos no Forum adicados a música tradicional e ao folk, unha iniciativa da concellaría de cultura que contou non só co apoio dos músicos do país e coas asociacións de música tradicional da cidade, senón que estáse a consolidar como unha proposta novedosa no ámbito galego, convirtindo o Forum nun dos poucos espazos cunha oferta de música galega estable ao longo do ano e referente deste tipo de concerto. A colaboración de Susana Seivane coa Banda Municipal está sendo moi proveitosa e ambas partes coinciden en destacar a fermosura do repertorio e o ben que encaixa a gaita coa banda.

O programa do concerto do domingo é:

(*)Non Chores Sabeliña (Escolma) G. Freire
(**)Noites de lúa na praia E. Campos/ X.. L. Represas
(**)Fantasía Popular E. Campos/ X.. L. Represas
Balada
Danza do millo novo
(*)Danza Galega no. 1 R. Dorado
(*)La Leyenda del Beso (Intermedio) Soutullo/ Vert
(**)Rumba para Susi E. Campos/ X.. L. Represas
(**)Alborada Galega P. Veiga/ X.. L. Represas
(**)Cascarexa (Muiñeira) E. Campos/ X.. L. Represas
(*) Banda / (**) Banda e Susana Seivane

Descargar dossier sobre Susana Seivane: PDF, 786 KB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O impacto da obra de Darwin en Galiza, conferencia de Xosé Antón Fraga

xoves, 25 xuño 2009, 12:00 | Category : ciencia, conferencias
Tags : ,

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que hoxe xoves 25 de xuño terá lugar a conferencia O impacto da obra de Darwin en Galiza, a cargo do director dos museos científicos coruñeses Xosé Antón Fraga.

Xosé Antón Fraga (A Coruña, 1950) é Doutor en Bioloxía pola Universidade de Compostela, diplomado en Historia das Ciencias e das Técnicas, exerceu como catedrático de Bioloxía e Xeología e dirixiu o instituto Monelos en A Coruña, antes de ser nomeado para o seu actual cargo como Director dos Museos Científicos da Coruña. Ten editado numerosas publicacións sobre divulgación científica e investigación, ademais de ser presidente da Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra ou membro do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Tamén foi membro da xunta directiva da Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de la Técnica e formou parte do consello de redacción da revista sobre ciencia Llul

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Transamerica

mércores, 24 xuño 2009, 20:30 | Category : cinema
Tags : ,

Transamerica de Duncan Tucker, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo No camiño.

Horario: Xoves 25, 20:30. Venres 26, 20:30 e 23:00. Sábado 27, 17:30 e 20:30.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Irina Palm

mércores, 24 xuño 2009, 20:00 | Category : cinema
Tags : ,

O filme Irina Palm de Sam Garbarski, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Sorrisos europeos.

Horario: Xoves 25, 20:15. Venres 26, 20:15. Sábado 27, 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Volve Caixanova na Rúa

martes, 23 xuño 2009, 13:30 | Category : ciencia, cinema, circo, concertos, danza, infantil, música, teatro
Tags :

caixanova-na-ruaCaixanova volve levar ás rúas as representacións dos teatros, as películas dos cines, a música das salas de concertos… Entre o 1 e o 5 de xullo terá lugar nas rúas e prazas da Coruña unha nova edición de caixanova na rúa, un programa pensado para todos e repleto de espectáculos inéditos en A Coruña: maxia, pop, rock, teatro, novo circo, pintura, cine, pirotecnia, jazz, fantasía, música étnica…

Durante estes días, os puntos máis emblemáticos da cidade converteranse en escenario de máis de corenta espectáculos: a Torre de Hércules, as Prazas de Lugo e Vigo, rúa Real, Paseo Marítimo… Lugares habituais de reunión, de paseo, de conversación, transformaranse en espazos culturais aos que Caixanova levará a arte para o goce de públicos de todas as idades. Cinco días, máis de vinte artistas, máis de corenta espectáculos… Unha invitación a participar da rúa e os artistas con espectáculos procedentes de Alemaña, Arxentina, India, Galicia, Euskadi ou Madrid… Risas, emocións, sentimentos… Volve Caixanova na Rúa!

Descargar dossier: PDF comprimido, 11,4 MB.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sardiñada solidaria con Intermón Oxfam

martes, 23 xuño 2009, 13:00 | Category : dereitos humanos, festas
Tags : ,

Co gallo do San Xoan e para celebrar o Día Internacional do Refuxiado (20 de xuño) Intermón Oxfam organiza unha gran sardiñada no antigo Campo da Leña, hoxe martes 23 de xuño a partir das 18 horas. Grazas aos consellos da Peña David, que durante máis de 20 anos organizou a sardiñada nesta popular praza da cidade, Intermón Oxfam sae esta vez á rúa para animar a noite máxica e achegar a cidadanía a situación nos campos de refuxiados. Na sardiñada vanse utilizarar pratos, vasos e bolsas compostables; deste xeito, non se xerarán residuos contaminantes e promóvese o consumo responsábel. Polo prezo de 5 € gozarase do pan, a bebida, as sardiñas e unha papeleta para unha rifa solidaria. Nesta iniciativa cóntase coa colaboración do Concello da Coruña e de diferentes entidades como Gadisa, Cabreiroá e a Obra Social de Caixa Galicia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google