Cinco anos contando contos no Fórum Metropolitano

O pasado xoves celebrouse no Fórum Metropolitano a festa de aniversario da actividade "Os nosos contos", e o equipo da Biblioteca Infantill mandounos esta carta para contarnos a súa experiencia ao longo destes anos:
Os nosos contos
Levamos unha andaza de 5 anos, 5 anos de contos onde os protagonistas foron as familias e os rapaces que aman a maxia dos contos e que gustan de escoitar historias. A maioria de nosos usuarios creceron con Os Nosos Contos, pero nós tamén crecimos con eles en todos os sentidos, por iso cando falamos de ONC, gústanos dicir que somos unha familia. Unha familia implicada, participativa, ilusionada, onde todos e cada un de nós aporta o seu grao de area para que a paixón pola lectura encha as nosas vidas.
ONC naceu no curso escolar 2004-2005 como medio para promover un achegamento verdadeiramente efectivo a os usuarios da biblioteca a través de historias de amizade, de valores humanos, de medio ambiente, de sentimentos, de medos infantís, de familias, etc... a través de unha programación anual estructurada cun tema xenérico dividida en bloques trimestrais e divulgados a través dos folletos que editamos puntualmente.
Ó longo destes 5 anos contamos 73 contos, aprendimos a comportarnos mediante a nosa canción, a compartir experiencias e actividades, e aprendimos a escoitar a maioria dos contos en galego e a velos na lingua de signos. Os contos se contaron con diferentes recursos narrativos, intentando que non se repetiran ao longo do ano (títeres de palo, de tea, de dedo, teatro de sombras, video animacións con plastilina, presentacións en power point, representacións teatrais, etc..). Pero tamén nos obradioros fixemos bailes rituais, xogamos coa música, coas texturas, aprendimos xogos de mesa e grupais, recuperamos xogos tradicionais, fixemos teatro, fomos solidarios recollendo xoguetes e roupa, reciclamos... aprendimos a facer pócimas máxicas, espanta-monstros e comenoites, reciclamos cartón e outros materiais, construimos axóuxeres, conxuramos medos con atrapasoños, e incluso chegamos facer unha cidade enteira...
Ademáis fixemos sesións especiais adicadas ó Chocolate, ao lobo, a solidaridade, ao coñecemento de outras culturas. Compartimos experiencias con rapaces con síndrome de Down, e co colectivo de mulleres de a Carcel de Teixeiro, con alumnos e alumnas dos centros educativos da cidade, etc...
Ainda nos quedan cousas por facer e contos por contar... Pero eso deixámolo para o mes de Xuño, porque na última seman de maio sempre facemos unha sesión especial resumo do ano de ONC. Pero este ano é especial, cumprimos 5 anos. ¡Todo un lustro! e querémolo celebrar por todo lo alto cunha festa final no auditorio do Forum Metropolitano. Agardámosvos
O equipo da sala infantil da Biblioteca Forum














