Campamentos de verán no Fórum Metropolitano
O vindeiro 16 de xuño ábrese o prazo de inscrición para os campamentos de verán do Fórum que terán lugar entre o 29 de xuño e o 21 de agosto. Nun total de catro quendas baixo as temáticas Baixo un manto de estrelas, Un misterio por resolver, Mitos mariños e Artistas do cómic pretenden que os nenos e nenas da Coruña teñan a posibilidade de ocupar parte do seu tempo de lecer estival a través de todo tipo de producións plásticas, musicais, motrices, de expresión otral e escrita... cuxa finalidade é a relación grupal entre os participantes e o descubimento da súa cidade. Nesta edición dos campamentos Fórum destácase especialmente o seu enfoque cultural. Utilizaranse especialmente os recursos que neste sentido ofrece a cidade e faranse saídas relacionadas coas temáticas de cada quenda.
Duración: Haberá quendas de dúas semanas, con actividade de luns a venres das 10:00 ás 14:00 horas, agás o último día de campamento en que se prolongará o horario até as 17:00 h para realizar unha xornada de convivencia, fóra da cidade. As familias que o desexen poderán solicitar a ampliación de horario de 09:00 a 10:00 h, no momento da inscrición.
1.ª quenda: do 29 de xuño ao 10 de xullo
2.ª quenda: do 13 ao 24 de xullo
3.ª quenda: do 27 de xullo ao 7 de agosto
4.ª quenda: do 10 ao 21 de agosto
Participantes: Poderán participar os/as nenos/as nados/as entre 1998 e 2005, agrupados por idades. Terán preferencia os menores empadroados no Concello da Coruña.
Cota: O prezo será de 26 euros por participante e quenda.
Horarios de inscrición: Terá lugar no Fórum Metropolitano das 9:00 ás 14:00 h e das 16:00 ás 20:00 h.
Proceso de inscrición nos campamentos do Forum: Realizarase a inscrición no Fórum Metropolitano. Cada participante poderá inscribirse nun máximo de dúas quendas. No caso de non cubrir as prazas, poderase optar ás prazas vacantes nas outras quendas. Do 16 ao 19 de xuño poderán inscribirse os nenos empadroados e as nenas empadroadas na cidade da Coruña. O día 22 de xuño abrirase o prazo de inscrición para as prazas vacantes e os nenos e as nenas empadroados fóra da cidade.
Temáticas
Baixo un manto de estrelas - 1ª quenda : No 2009 celébrase o Ano Internacional da Astronomía, da que se di é a ciencia máis antiga da humanidade. Descubrir de xeito entretido as estrelas, os planetas, o universo, con prácticas e experimentos, fará de todos nós uns intrépidos coñecedores do máis lonxano. Saída curta: Casa das Ciencias. Saída longa: Entorno cercano a cidade.
Un misterio por resolver - 2ª quenda: A través de adiviñas, enigmas e probas buscaremos infinidade de segredos, coñeceremos e descubriremos dunha forma diferente os libros, a cidade, os persoaxes, o medio que nos rodea, e un largo etcétera. Saída curta: Kiosco Alfonso. Saída longa: Entorno cercano a cidade.
Mitos mariños - 3ª quenda: A posibilidade de coñecer e descubrir as historias do mar, os seres mitolóxicos que viven nel, as lendas e contos populares achegarannos o mar de forma entretida e moi variada a través de distintas actividades. Saída curta: Casa dos Peces. Saída longa: Entorno cercano a cidade.
Artistas do cómic - 4ª quenda: Por medio de distintas expresións plásticas experimentaremos con variados materiais, para poder aventurarnos no mundo do cómic: moitas perspectivas e sobre todo moita imaxinación. Saída curta: Viñetas do Atlántico Casa das Ciencias. Saída longa: Entorno cercano a cidade.
Descargar folleto en PDF.














