Últimos días da exposición A Escola da Haia. Obras mestras do Rijksmuseum

A exposición A Escola da Haia. Obras mestras do Rijksmuseum pecha as súas portas no Palexco a semana que vén, o domingo 21 de xuño, despois de acadar un enorme éxito de público: máis de trinta e cinco mil visitantes desde que abriu as portas o pasado 23 de abril. A mostra está formada por 58 óleos e 16 acuarelas, e ofrécenos obras de artistas coma Anton Mauve ou Gabriëls, que exerceron unha gran influencia sobre Van Gogh e Piet Mondrian.
Nestes últimos dez días da exposición reforzaranse as visitas guiadas: de luns a venres haberá dúas, unha ás 18:30 e outra ás 20:00; e os sábados e domingos tres, ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00. O horario de visita é de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00.














