Volve Caixanova na Rúa
Caixanova volve levar ás rúas as representacións dos teatros, as películas dos cines, a música das salas de concertos… Entre o 1 e o 5 de xullo terá lugar nas rúas e prazas da Coruña unha nova edición de caixanova na rúa, un programa pensado para todos e repleto de espectáculos inéditos en A Coruña: maxia, pop, rock, teatro, novo circo, pintura, cine, pirotecnia, jazz, fantasía, música étnica…
Durante estes días, os puntos máis emblemáticos da cidade converteranse en escenario de máis de corenta espectáculos: a Torre de Hércules, as Prazas de Lugo e Vigo, rúa Real, Paseo Marítimo… Lugares habituais de reunión, de paseo, de conversación, transformaranse en espazos culturais aos que Caixanova levará a arte para o goce de públicos de todas as idades. Cinco días, máis de vinte artistas, máis de corenta espectáculos… Unha invitación a participar da rúa e os artistas con espectáculos procedentes de Alemaña, Arxentina, India, Galicia, Euskadi ou Madrid… Risas, emocións, sentimentos… Volve Caixanova na Rúa!
Descargar dossier: PDF comprimido, 11,4 MB.














