Concerto da Banda Municipal con Susana Seivane

xoves, 25 xuño 2009, 13:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

banda-pequeno

O domingo 28 de xuño ás 20 horas terá lugar o concerto extraordinario e gratuito da Banda Municipal con Susana Seivane no Parque Europa onde interpretarán un repertorio de música galega para banda e gaita. É o broche de ouro a un ano de concertos no Forum adicados a música tradicional e ao folk, unha iniciativa da concellaría de cultura que contou non só co apoio dos músicos do país e coas asociacións de música tradicional da cidade, senón que estáse a consolidar como unha proposta novedosa no ámbito galego, convirtindo o Forum nun dos poucos espazos cunha oferta de música galega estable ao longo do ano e referente deste tipo de concerto. A colaboración de Susana Seivane coa Banda Municipal está sendo moi proveitosa e ambas partes coinciden en destacar a fermosura do repertorio e o ben que encaixa a gaita coa banda.

O programa do concerto do domingo é:

(*)Non Chores Sabeliña (Escolma) G. Freire
(**)Noites de lúa na praia E. Campos/ X.. L. Represas
(**)Fantasía Popular E. Campos/ X.. L. Represas
Balada
Danza do millo novo
(*)Danza Galega no. 1 R. Dorado
(*)La Leyenda del Beso (Intermedio) Soutullo/ Vert
(**)Rumba para Susi E. Campos/ X.. L. Represas
(**)Alborada Galega P. Veiga/ X.. L. Represas
(**)Cascarexa (Muiñeira) E. Campos/ X.. L. Represas
(*) Banda / (**) Banda e Susana Seivane

Descargar dossier sobre Susana Seivane: PDF, 786 KB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path