O sábado, todos coa Torre!

Mañá sábado 27 de xuño todos os coruñeses e coruñesas temos unha cita na Praza de María Pita, onde poderemos seguir a retransmisión en directo desde Sevilla da resolución do Comité do Patrimonio Mundial da Unesco. Haberá actividades na praza todo o día desde as 12:30. Mañá é o día decisivo: o sábado, todos cos Torre!














