Caixanova na rúa: novo circo con Los Chatos
O dúo Los Chatos ofrece un show variado e de gran calidade no que o espectador é transportado a un fascinante mundo sen fronteiras: danza, teatro, acrobacia, lume e maxia mestúranse harmoniosamente creando unha atmosfera onde todo é posible. E sempre, cun mesmo obxectivo: a risa do público. Veñen de presentar o seu espectáculo en diversos festivais e cidades de España, Italia, Suiza, Austria e Alemaña onde recolleron un gran éxito. No ano 2006 resultaron gañadores do Festival degli artisti di strada di Aosta (Italia). En 2007, Los Chatos gañaron o Festival Et Voilà en Castell'Arquato (Italia) e quedaron segundos no Milano Clown Festival (Italia) .
LOS CHATOS: sábado 4 de xullo ás 12:00 no Obelisco e ás 19:30 na Praza de Lugo.














