Caixanova na rúa: Cat People e Krakovia en concerto na Torre de Hércules
Esta banda viguesa afincada en Barcelona converteuse en habitual na escena alternativa española e europea. A publicación do seu segundo disco en novembro de 2008 levounos a realizar unha xira por Europa, con concertos en países como Francia, Portugal, Alemaña ou a República Checa. Épico e melancólico son os dous primeiros adxectivos que se asocian ao falar de Cat People, unha auténtica referencia na escena indie nacional. De feito, foi portada da revista Mondo Sonoro, o referente máis indiscutible do panorama da música independente.
CAT PEOPLE: sábado 4 de xullo ás 22:30 na Torre de Hércules.
Krakovia parece unha banda de rock sacada dunha película de Tarantino: a espectacular cantante e bailarina de burlesque Vinila Von Bismark, o cantante Petra Flurr procedente de grupos de punk underground de Berlín… Contrabaixo, dúas guitarras, moogs, coristas orientales… As cancións, compostas de noite, rodeadas dun ambiente de malicia enormemente sedutora, van dende o punk-rock adrenalínico, contundente de estribillos tan contaxiosos e emocionantes que son case himnos aos medios tempos profundos e escuros. Krakovia son a banda do momento: imaxe poderosa, son estremecedor, cancións perfectas e un directo que é unha experiencia de enerxía perigosa e adictiva.
KRAKOVIA: sábado 4 de xullo ás 24:00 na Torre de Hércules.














