Exposicións sobre Ramón Piñeiro e Eduardo Blanco Amor

olladas

Até o 26 de xullo a Casa da Cultura Salvador de Madariaga acolle dúas exposicións da editorial Galaxia: RAMÓN PIÑEIRO OLLADAS NO FUTURO, un percorrido pola vida e obra da figura a quen este ano se lle adicou o día das Letras e a A OLLADA DO DESEXO, unha mostra de fotografías de Blanco Amor, testemuñas da súa faceta de viaxeiro incansable.

Ademais, a Biblioteca de Estudos Locais organiza coincidindo co 50 aniversario da primeira edición d'A Esmorga unha mostra bibliográfica a modo de homenaxe á novela de Blanco Amor que inaugura o realismo social e marca un fito na narrativa galega contemporánea.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path