Gravados de José Valentín na Casa Museo Casares Quiroga
O artista José Valentín expón na Coruña a colección Deter o día cunha flor, que recolle os gravados que o artista preparou para os poemas de Luz Pozo, publicados nun libro do mesmo título por Baía Edicións. O acto de inauguración terá lugar na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panadeiras 12 (A Coruña), o mércores 29 ás 20:00 horas, e nel participará o tamén gravador e humorista Siro López. A exposición estará aberta do 28 de xullo ao 16 de agosto.














