Unha vez rematada a primeira fase das obras para a instalación da climatización, o Teatro Rosalía Castro reabrirá as súas portas esta semana con tres espectáculos singulares. O día 16, a compañía flamenca El Taller porá en escena Rosas Negras, un alegato sobre a violencia contra a muller. O día seguinte, venres 17, Clunia Jazz presentará o seu novo disco. E o domingo, a actriz e directora catalana Rosa Novell dará vida ao texto Sin noticias de Gurb de Eduardo Mendoza.
As entradas para as tres funcións xa están á venta no despacho de billetes da Praza de Ourense e a través do sistema de venta de entradas de Caixanova.
Xoves 16: EL TALLER COMPAÑÍA FLAMENCO: “ROSAS NEGRAS”. Función: 21:00. Entradas: 7 e 11 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, desconto dun 20%)
Venres 17: CLUNIA. Con Roberto Somoza (saxos), Nani García (piano), Baldo Martínez (contrabaixo), Fernando Llorca (batería). Función: 21:30. Entradas: 9 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, 7 €)
Domingo 19: “SIN NOTICIAS DE GURB”, de Eduardo Mendoza, con Rosa Novell. Música: Eugeni Roig. Función: 21:00. Entradas: 9, 10, 13 e 17 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados/as, desconto dun 20%).