A Caixiña dos Mistos, cinema para nenos nas prazas da Coruña

luns, 31 agosto 2009, 14:00 | Category : audiovisual, cinema, infantil
Tags :

a-caixina-dos-mistos

‘A Caixiña dos Mistos’ achegará aos máis novos da casa ao mundo dos contos e a fantasía durante o mes de setembro. A Caixa dos Mistos é unha sala de proxección sobre rodas que percorre os barrios e vilas galegas. Unha caravana ambulante máxica que leva ao público infantil aos mundos de conto e fantasía a través dunha oferta de contidos audiovisuais de curta duración. Os máis novos da casa son os verdadeiros protagonistas desta actividade interactiva, pois da súa idade e das súas preferencias depende a elección das películas a proxectar. Ademais, á saída son os encargados de votar ás súas pezas favoritas, así como participar en distintas actividades de entretenemento mentres esperan para entrar. Así, esta especial caravana percorrerá os distintos barrios da cidade durante o mes de setembro en horario de 11.30 a 14.00 horas e 16.30 a 20.00 horas:

Dia 5 de setembro- Praza das Conchiñas
Día 12 de setembro- Praza Elíptica de Os Rosales
Día 19 de setembro- Campo da Leña
Día 26 de setembro- Praza Salvador de Madariaga

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curtas na praza de Azcárraga todos os venres de setembro

luns, 31 agosto 2009, 13:30 | Category : audiovisual, cinema
Tags :

festival-on-five

O ‘Festival On Five’ achegará o mundo das curtas á praza de Azcárraga durante o mes de setembro. Organizado pola Concellaría de Cultura, o ciclo arrancará o vindeiro venres 4 e ofrecerá durante catro semanas os seguintes programas:

Venres 4 de setembro: Pánico a una muerte ridícula de Rubén Stein, ficción; No corras tanto de César Díaz Melendez, animación; Ferro ardendo de Miguel García Fernández; Cestla Vie de Young gyu Lee, animación; Cores de Jairo Iglesias, ficción; Mariñeiros de Omar Rabuñal, ficción; La sortie de Jesús Domínguez Sánchez, documental; O raio transparente de Pancho Lapeña, animación

Venres, 11 de setembro: The Werepig de Sam Orti Marti, animación; Niño Balcón de Pilar Palomero, ficción; Tan preto e tan lonxe de Isabel Rey Fernández, documental; Socarrat de David Montero, ficción; En la otra camilla de Luis Melgar, ficción; In the name of God de Julia Geker, animación; El encargado de Sergio Barrejón, ficción; Campás de Jairo Iglesias, ficción

Venres, 18 de setembro: 0,8 Miligramos de Imanol Ruíz de Lara, ficción; Continuará de Esther Fernández Carrodeaugas, animación; Túneles en el río de Augusta Zourelidi, animación; Funners de Marc Reixach, ficción; On the line de Jon Garaño, ficción; Pode ser de Carlos Seijo, ficción; Marruecos, un viaje de colores de Álvaro Sanz Alonso

Venres, 25 de setembro: El ministerio del pez de Giovanni Maccelli, animación; Muto de Blu, animación; La chica dentro de la caja de Matt Dickinson, documental; Miente de Isabel de Ocampo, ficción; Vellas de Carlos Prado Pampín, ficción; Mei Ling de Stephanie Lansagne & Francois Leroy, animación; Stikk de Vifidis Nielsen, ficción; No se preocupe de Eva Ungría, ficción

Todas as proxeccións terán lugar na praza de Azcárraga ás 22:30 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rock & Folk o venres e o sábado en Mesoiro

luns, 31 agosto 2009, 13:00 | Category : concertos, música
Tags :

mesoiroweb
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de Outonarte 09

venres, 28 agosto 2009, 10:00 | Category : Arte, exposicións
Tags :

outonarte

A Concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, presentou onte a segunda edición da Mostra de Arte Emerxente da Coruña, Outonarte 09 que se realizará do 1 de outubro ata o 1 de novembro nas rúas da cidade e tamén nas salas de exposición da Casa do Concello, a Sala de exposicións do Palexco e a sala de Salvador de Madariaga. Baixo o lema Irmos de escaparates e co espacio público, isto é, a cidade, coma leitmotiv, esta nova edición de Outonarte espallará durante o vindeiro mes de outubro polas rúas, soares e mesmo cristaleiras dos comercios da Coruña a obra de 29 autores emerxentes galego-portugueses, todos eles novos valores da expresión artística contemporánea máis vangardista. A cidade entendida coma espacio urbano de convivencia e recreo é, xa que logo, o fío condutor das revolucionarias propostas que traerán en outubro os artistas e grupos seleccionados polo comisario da mostra, Nilo Casares, un recoñecido promotor, investigador e crítico de arte.

O obxectivo é achegar o arte a todos os cidadáns saíndo ao seu encontro sen esperar a que sexan eles os que se acheguen as salas de exposicións. Outonarte 09 contará coa participación de máis dunha treintena de obras doutros tantos artistas galegos e unha pequena representación portuguesa. O obxectivo céntrase en ensinar o que están a facer os artistas máis mozos e de feito algúns dos artistas que participarán no Outonarte 09 será a primeira vez que expoñan ao público a súa obra.

O comisario, Nilo Casares, experto en arte dixital e arte público, explicou que ademais de obras físicas haberá outra serie de actuacións que se realizarán pola cidade e que non deixarán a ninguén indiferente. Algunhas das obras anunciou serán donadas ao remate da exposición ao Concello.

Na presentación acompañaron á Concelleira o director da Mostra, Jaime Oiza, o comisario, Nilo Casares, e o autor do cartaz de Outonarte 09, Suso Montero.

O comisario: Nilo Casares

Nilo-Manuel Casares Rivas (A Coruña, 1963) é polígrafo, investigador na área de estética e teoría das artes, comisario crítico de arte, promotor de arte dixital e arte público, coordinador e director de actividades culturais, conferenciante, consultor e asesor artístico con máis dun cento de actividades realizadas en Arxentina, Chile, Canadá, Corea do Sur, Dinamarca, España, Estados Unidos de América, Italia, México, Portugal, Sudáfrica e Suecia. Nilo Casares foi director do Konceptkonstmuseum de Valencia, fundador de Frescos & Salados, Lda. (Asociación cultural sen ánimo de lucro para a promoción da arte, en Valencia), da Fundación Cultural Privada Lavandería Fundació (Barcelona, España), de La Cor.Poració (Asociación Cultural para a Promoción da Arte Pública, en Valencia), membro de Artificialia (Asociacione culturale per la tutela e sviluppo dell'arte elettronica, en Pescara, Italia) e colaborador de prensa diaria e especializada, así coma autor dos libros Del net.art al web-art 2.0. (en prensa: Alfons el Magnánim. Valencia); De memoria (xunto a Francis Naranjo), Ediciones Metales Pesados, Las Palmas de Gran Canaria, 2009; Informe, Gas Editions, Las Palmas de Gran Canaria, 2007;Casa de citas/House of words, Gran Canaria espacio digital, Las Palmas de Gran Canaria, 2006; La restauración del significado. Arte, otra vez, Institució Alfons el Magnánim, Valencia, 2004; Niuistmos ou Labirinto, en Çopyright. Pensamento, crítica e criação em galego-português. Nº 27, A Coruña, 1997.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Últimos días da exposición Antón Alonso Ríos. O siñor Afranio

martes, 25 agosto 2009, 11:01 | Category : audiovisual, exposicións
Tags : , , ,

Na Casa Museo Casares Quiroga finaliza o 30 domingo a exposición Antón Alonso Ríos. O siñor Afranio. Con motivo desta mostra o xoves 27 de agosto ás 20:00 e con entrada de balde até completar capacidade, proxectarase o documental Afranio, gañador do Premio Mestre Mateo ao mellor documental, e que contará coa presenza do seu realizador, Víctor Coyote.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Exposición de fotografía sobre a Ribeira Sacra

martes, 25 agosto 2009, 11:00 | Category : exposicións, fotografía
Tags : ,

Onte luns 24 de agosto inaugurouse no Fórum Metropolitano unha exposición de fotografía dedicada á Ribeira Sacra. Toda a beleza da nosa terra inmortalizada nunha mostra que estará aberta até o sábado 29 de agosto. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Abrimos espazo en Twitter

sábado, 22 agosto 2009, 19:00 | Category : internet, noticias
Tags : ,

twitter

Desde hoxe podes manterte ao día das actividades culturais da cidade no noso espazo en Twitter.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cantajuego, espectáculo para nenos no Coliseum

venres, 21 agosto 2009, 12:00 | Category : infantil, música
Tags : ,

cantajuego-espectaculo

O proxecto CantaJuego son cinco DVD que en dous ano venderon 250.000 exemplares, sen saír en televisión e sen apenas promoción. No espectáculo ao vivo as cancións de CantaJuego son interpretadas e coreografiadas polo grupo Encanto, un conxunto de animadores especializados en nenos apoiados por catro títeres de gran tamaño. Na Coruña levan vendidas case 4.000 entradas para a actuación de hoxe no Coliseum ás 18:30. 400 novas localidades foron activadas no Tendido Alto, e haberá grandes pantallas que garantizarán a visibilidade desde calquera punto. A organización vai habilitar unha zona de consigna para os coches dos nenos, e nos baños haberá espazos acondicionados para cambiar os cueiros dos bebés..

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

1º Festival de Banda Desghreñada

xoves, 20 agosto 2009, 14:00 | Category : comic, concertos, música
Tags : , , , ,

Quén dixo que os ilustradores só sabían pintar? Recibe unha boa descarga de decibelios a cargo de tres dos mellores debuxantes da nosa cidade: ERROR! + CODIA + SAHARA. Será hoxe xoves 20 de agosto no Fórum Metropolitano a partir das 20:30, e con entrada de balde.

CODIA fórmase a finais de 2007 na Coruña, con xente doutros grupos da mesma cidade como Nashgul, Blünt, Under the waves ou Potombo para facer unha música influenciada polo punk rock e o hardcore vella escola. A mediados de Xuño entran a gravar o seu primeiro disco, Mala hierba nunca muere. Os ilustradores coruñeses Álvaro López e Luis Sendón tocan a batería e o baixo respectivamente neste grupo.

ERROR! é un cuarteto de música clásica que ás veces cambiaba as súas frautas e violíns por instrumentos desafinados pero que sempre nos amosan fantásticas sinfonías e reveladores adagios en re menor. O ilustrador Manel Cráneo forma parte deste grupo.

Despois de dar unha serie de concertos por Coruña e o norte de Galicia, catro membros do grupo Overfused decidiron deixar a banda a un lado e formar SAHARA. O son vólvese máis roqueiro e escuro, con fortes influencias dos 70, do stoner noventeiro e de todo o que nos ofrece A Coruña e as súas xentes a diario.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FORUMRAP: Wöyza en concerto hoxe no Fórum Metropolitano

mércores, 19 agosto 2009, 10:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

Hoxe ás 20.30 h no Fórum Metropolitano celebramos a segunda sesión de FÓRUMRAP coa actuación de Wöyza. A entrada é gratuita.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FORUMRAP: Aíd en concerto hoxe no Fórum Metropolitano

martes, 18 agosto 2009, 10:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Aíd ao vivo na IV Edición do Heineken Greenspace (Valencia)

O auditorio do Fórum convertirase hoxe e mañá ás 20.30 h. nunha sala alternativa onde se presentarán dúas das mellores rapeiras do panorama galego, AÍD (martes) e Wöyza (mércores). Estes concertos enmárcanse na programación de agosto do Fórum, onde ademáis podemos visitar a exposición Viñetas on the road (até o día 23 de agosto), a II Xornada de Anime Mangalego (do 18 ao 20 de agosto de 11 a 13 e de 16 a 20h) e o primeiro Festival de Banda Desghreñada que terá lugar o día 20 de agosto ás 20.30 h. Todas as actividades son de balde ata completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Alexandre Bóveda

luns, 17 agosto 2009, 10:00 | Category : homenaxes
Tags : ,

alexandre-bovedaA Concellaría de Cultura organiza hoxe unha homenaxe a Alexandre Bóveda, intelectual galeguista executado polas forzas franquistas o 17 de agosto de 1936. Alexandre Bóveda desempeñou unha importante actividade política durante a Segunda República e foi unha figura esencial na consolidación do Partido Galeguista nos anos trinta.

O acto celébrase en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e terá lugar ás 20:00 na Praza de Catro Camiños, na rúa que leva o seu nome.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concertos de AÍD e Wöyza no Fórum Metropolitano

domingo, 16 agosto 2009, 21:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Os dous concertos celebraranse no Fórum Metropolitano dentro do ciclo FórumRap, con entrada gratuíta.

Martes 18 de agosto, 20:30: AÍD

Viguesa nacida en 1990, a súa afición a escribir e o seu espíritu expresivo fixo que empezara a crear os seus primeiros tema no 2003. Empeza a ser coñecida ao ano seguinte, ao seren difundidos catro temas seus a través de Internet. En 2008 colle forma Licor Kafé, un proxecto musical que embarca a 040 (Solemne & Zentinela), Wöyza, Aíd e El Puto Coke na produción. Ese mesmo ano Aid foi elixida gañadora do festival Heineken Greenspace en Valencia, superando aos máis de 1300 grupos que se presentaran; convertiuse así non só na primeira rapeira gañadora senón tamén na artista máis nova en triunfar no certame. En 2009 abandona Licor Kafé e sae á rúa o seu primeiro disco, Jugando.

Mércores 19 de agosto, 20:30: WÖYZA

Artista de hip-hop, soul e R&B de raíces uruguaias mais formada en Vigo. Bob Marley e Aretha Franklin foron as súas primeiras influencias; logo veu o rap. En 2002 e con 18 anos coñeceu ao que até hoxe segue a ser o seu produtor musical, El Puto Coke. Wöyza acaba de rematar o seu primeiro disco, Pisando el suelo que ves, que na primeira semana conseguiu superar a cifra de 10000 descargas na súa web e outras páxinas dedicadas ao hip-hop. Colaborou nos últimos álbums dos prestixiosos grupos portugueses Mind da Gap e Dealema e en paralelo á súa carreira en solitario pertence ao grupo galaico-portugués Imperio Norte.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: conferencias de Paco Roca e Posy Simmonds

venres, 14 agosto 2009, 13:00 | Category : comic
Tags : , ,

Hoxe venres 14 de agosto no Kiosco Alfonso de de 18:15 a 19:30, conferencia de Paco Roca; e despois, a partir das 19:45 e até as 21:00, charla de Posy Simmonds. Entrada libre. Ademais, de 18:30 a 20:30 os autores de comics participantes no salón asinarán as súas obras.

A debuxante e ilustradora británica Posy Simmonds (Berkshire, Inglaterra, 1945) empezou a súa carreira a finais dos anos sesenta, debuxando para os xornais The Sun e The Guardian. En 1979 empezou a debuxar unha tira semanal para este último rotativo, inicialmente titulada The Silent Three of St. Botolph's, unha homenaxe á dos anos cincuenta The Silent Tree de Evelyn Flinders. Narra a vida de tres amigos da escola de clase media e de mediana idade, na década dos cincuenta. A tira, que foi titulada e coñecida despois como Posy, perviviu ata finais dos anos oitenta. Foi recompilada en numerosos libros: Mrs Weber's Diary; Pick of Posy; Very Posy e Pure Posy e ata nun cómic orixinal, pondo de relevo os mesmos personaxes: True Love. O seu último cómic para The Guardian, O espectador, foi recompilado baixo o título de Mustn´t Grumble (1992).

Posy Simmonds foi nomeada debuxante do ano en 1980 e en 1981. En 1987 empezou a escribir e ilustrar libros infantís. Fred, a historia dun gato cunha vida secreta, foi convertido logo nunha curta de animación (Famous Fred) nomeada a un premio Oscar. A finais de 1990, Posy volveu ás páxinas de The Guardian con Gemma Bovery, a historia de Madame Bovary, o clásico de Flaubert, actualizada e transformada en conto satírico sobre expatriados ingleses en Francia. Foi publicado como novela gráfica en 1999.

A última serie de Posy, Tamara Drewe, inicialmente publicada en forma de tiras en The Guardian, publicouse por primeira vez en setembro de 2005 e posteriormente foi recompilada en formato de novela gráfica en 2007, en Inglaterra pola editorial Jonathan Cape. En España foi publicada en 2009 pola editorial Sen Sentido, logo de gañar o Premio Esencial Angoulême 2009, o Gran Premio da Crítica ACBD 2009 e de ser nomeada aos Premios Eisner 2009. Tamara Drewe pertence verdadeiramente ao xénero da novela gráfica, tanto pola súa lonxitude como pola súa temática literaria e o seu tipo de narración. O seu elemento máis impactante é a brillante xestión do argumento, cuxa riqueza e orixinalidade sorprende pola súa coherencia imaxinativa, así como a súa invención visual, especialmente co paso dun debuxo monocromático a un debuxo en cor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: conferencia de Vittorio Giardino

xoves, 13 agosto 2009, 13:15 | Category : comic
Tags : ,

Hoxe xoves 13 de agosto no Kiosco Alfonso de 20:05 a 21:30. Entrada libre.

Vittorio Giardino (Bolonia, 1946) comezou a súa carreira profesional en plena madurez. Estudou Enxeñería Electrónica e exerceu a profesión durante dez anos. Cumprida xa a trintena, decidiu abandonar o seu traballo como enxeñeiro para dedicarse en corpo e alma ao mundo do cómic. En 1979, tras un ano de colaboracións en diversas revistas e fanzines, crea un dos seus personaxes máis famosos, o detective Sam Pezzo, cuxas historias foron serializadas na revista Il Mago. Ao pechar esta publicación, empezou a traballar na revista Orient Express ás ordes do editor Luigi Bernardi. Nesta contorna nace outra das súas grandes creacións, Max Fridman, un axente secreto francés, cuxas misións transcorren en diversos puntos de Europa. A primeira aventura deste axente secreto, Rapsodia Hungara, foi recompilada nun álbum unitario en 1982. A partir de entón, Max Fridman non abandonará ao seu creador ao longo do tempo. Son múltiples as obras que viron a luz co axente secreto como protagonista. Este personaxe é o aceno de identidade do autor e foi o seu pasaporte para o recoñecemento internacional.

En 1984, como un traballo de encarga para revista Comic Art, Giardino creou o personaxe Little Ego, unha clara homenaxe ao Little Nemo, de Winsor McCay. Pouco despois, sae á venda a segunda aventura de Max Fridman, A porta de Oriente, un traballo que alternou coa creación dunha serie de historias curtas publicadas en diversos medios e que posteriormente se recompilarían no volume colectivo Vacaciones Fatales.

En 1981, co personaxe Jonas Fink e a súa triloxía de álbums (A infancia, A adolescencia e A mocidade) obtén o recoñecemento da crítica e numerosos e prestixiosos premios tanto en Europa como en Estados Unidos. Trátase da obra máis persoal do autor xa que se serve da súa experiencia e a da súa familia, parte da cal residía na antiga Checoslovaquia. Describe a Praga dos anos cincuenta, onde un mozo sofre a represión da policía comunista. En 1999 Giardino recupera ao seu personaxe Max Fridman para a triloxía Non pasarán, ambientada na guerra civil española. Unha obra complexa e chea de matices, onde tras a inicial premisa da investigación dun amigo de Fridman, e por medio de tramas secundarias, Giardino realiza unha radiografía do conflito a través da mirada distante dun axente secreto enfrascado nunha guerra que non é a súa. Esta triloxía levoulle dez anos de traballo, só interrompidos pola publicación de Eva Miranda, (axudado ao guión por Giovanni Barbieri), unha parodia do mundo dos culebróns televisivos. Na actualidade, Giardino compaxina o seu labor de historietista con traballos de ilustración para revistas como Vogue ou Je Bouquine.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google