Viñetas desde o Atlántico: conferencias de Paco Roca e Posy Simmonds

venres, 14 agosto 2009, 13:00 | Category : comic
Tags : , ,

Hoxe venres 14 de agosto no Kiosco Alfonso de de 18:15 a 19:30, conferencia de Paco Roca; e despois, a partir das 19:45 e até as 21:00, charla de Posy Simmonds. Entrada libre. Ademais, de 18:30 a 20:30 os autores de comics participantes no salón asinarán as súas obras.

A debuxante e ilustradora británica Posy Simmonds (Berkshire, Inglaterra, 1945) empezou a súa carreira a finais dos anos sesenta, debuxando para os xornais The Sun e The Guardian. En 1979 empezou a debuxar unha tira semanal para este último rotativo, inicialmente titulada The Silent Three of St. Botolph's, unha homenaxe á dos anos cincuenta The Silent Tree de Evelyn Flinders. Narra a vida de tres amigos da escola de clase media e de mediana idade, na década dos cincuenta. A tira, que foi titulada e coñecida despois como Posy, perviviu ata finais dos anos oitenta. Foi recompilada en numerosos libros: Mrs Weber's Diary; Pick of Posy; Very Posy e Pure Posy e ata nun cómic orixinal, pondo de relevo os mesmos personaxes: True Love. O seu último cómic para The Guardian, O espectador, foi recompilado baixo o título de Mustn´t Grumble (1992).

Posy Simmonds foi nomeada debuxante do ano en 1980 e en 1981. En 1987 empezou a escribir e ilustrar libros infantís. Fred, a historia dun gato cunha vida secreta, foi convertido logo nunha curta de animación (Famous Fred) nomeada a un premio Oscar. A finais de 1990, Posy volveu ás páxinas de The Guardian con Gemma Bovery, a historia de Madame Bovary, o clásico de Flaubert, actualizada e transformada en conto satírico sobre expatriados ingleses en Francia. Foi publicado como novela gráfica en 1999.

A última serie de Posy, Tamara Drewe, inicialmente publicada en forma de tiras en The Guardian, publicouse por primeira vez en setembro de 2005 e posteriormente foi recompilada en formato de novela gráfica en 2007, en Inglaterra pola editorial Jonathan Cape. En España foi publicada en 2009 pola editorial Sen Sentido, logo de gañar o Premio Esencial Angoulême 2009, o Gran Premio da Crítica ACBD 2009 e de ser nomeada aos Premios Eisner 2009. Tamara Drewe pertence verdadeiramente ao xénero da novela gráfica, tanto pola súa lonxitude como pola súa temática literaria e o seu tipo de narración. O seu elemento máis impactante é a brillante xestión do argumento, cuxa riqueza e orixinalidade sorprende pola súa coherencia imaxinativa, así como a súa invención visual, especialmente co paso dun debuxo monocromático a un debuxo en cor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path