Viñetas desde o Atlántico: conferencia de Pasqual Ferry

xoves, 13 agosto 2009, 13:00 | Category : comic
Tags : ,

Hoxe xoves 13 de agosto no Kiosco Alfonso de 18:45 a 20:00. Entrada libre.

Pasqual Ferry (Barcelona, 1961) é sen dúbida un dos grandes nomes da industria do cómic de superheroes norteamericano. Os seus traballos para a grandes editoriais Marvel e DC gozan do recoñecemento absoluto de crítica e do público. Empezou como colaborador da editorial Bruguera. A súa primeira historieta como autor completo a pública no fanzine Zero, onde coincide con moitos dos grandes nomes do cómic español da época (Castells, Beroy, Miguelanxo Prado, etc). A partir deste momento Ferry comeza unha incesante etapa creativa, colaborando con case a totalidade das revistas de cómic existentes nese momento: El Jueves, El Papus, Totem, Cairo, Madriz, Zona 84… Nesta última revista publicou de forma serializada Crepúsculo, un cómic co que gañou o premio de autor revelación do Salón do Cómic de Barcelona, no ano 1989. Nese tempo, outros títulos como Sebastián Gorza, La ruta de la medusa ou Agorafobia saen á luz sen moita repercusión en canto a vendas. Este feito, unido ao comezo da decadencia da revistas de cómic en España, leva a Ferry a dar o salto ao mercado norteamericano de superheroes.

O seu primeiro paso será a realización en 1993 de Plasmer, un traballo para a filial de Marvel en Inglaterra. A serie sofre unha cancelación e durante o período seguinte Ferry realiza traballos en series de pouca repercusión mediática, entre eles o debuxo da serie Warlock. É precisamente a persoal mestura de estilos que utiliza nesta serie a que chama a atención de varios editores en DC, que lle ofrecen en 2002 unha colaboración en exclusiva coa editorial. Para ela debuxa as series Superboy, Action Cómics (Superman) e Adam Strange. Cando parecía que a carreira de Ferry en DC estaba totalmente canalizada, o autor sorprende a propios e estraños, no ano 2005, ao asinar un contrato de exclusividade con Marvel. Desde ese momento, traballa para a casa das ideas, facéndose cargo da parte gráfica de series como Los 4 fantásticos; Jóvenes vengadores; Los nuevos vengadores; Ultimate Iron-man ou a aínda inédita en España Ender's Game: Battle School.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: conferencia de André Juillard

mércores, 12 agosto 2009, 15:30 | Category : comic
Tags : ,

Hoxe mércores 12 de 19:45 a 21:00 no Kiosco Alfonso. Entrada libre.

André Juillard (París, 1948) é un dos grandes autores franceses de todos os tempos. Con máis de 30 anos de carreira, André Juillard é artífice dunha obra persoal e coherente, que a crítica especializada cualifica como “a simbiose perfecta entre clasicismo e modernidade”. Comezou a súa carreira profesional na editorial Fleurus, no seu semanario Formule 1. Para este seminario realizou series como Le Longue Piste de Loup Gris (con guión de Verrien) ou unha adaptación de Romeo e Julieta (con guión de Josselin). En 1976 comeza, unha vez máis xunto ao guionista Verrien, a que sería a súa primeira serie histórica Bohémond de St. Pilles, que relata as aventuras dun cabaleiro medieval. A súa etapa en Fleurus, a pesar de ser moi produtiva, non lle produciu excesivo recoñecemento. En 1978 deixa a editorial para incorporarse ao semanario Pif Gadget, onde xa publicara a adaptación dunha historia de Xullo Verne. Neste semanario é onde publica os primeiros episodios de Masquerouge, serie creada xunto ao guionista Patrick Cothias. Tras publicar 15 historias curtas do personaxe, a serie non obtén o favor do público e a crítica, razón pola cal a revista Pif cancela a serie. Deixando atrás este contratempo, os autores fanse cos dereitos sobre o personaxe e o universo Masquerouge. En 1982 comezan a publicar na revista Circus, da editorial Glenat, unha versión co mesmo contexto histórico pero nun ton máis adulto. Así nace As sete vidas do Gavilán, que narra a epopea da bela e tráxica Arianne de Troil, personaxe que xa forma parte do panteón dos heroes de ficción do cómic francés.

Aproveitando o tirón de As sete vidas do Gavilán, en 1983 e con guión de Jacques Martin, comeza outra serie de corte histórico, Arno, que tamén se faría co apoio do gran público. Logo de moitos anos debuxando series de corte histórico, desexoso de non ser encasillado e de explorar novas temáticas, comeza a elaboración dunha obra moito máis persoal, cun contexto contemporáneo, na que realiza tanto o guión como o debuxo. En 1994 sae Diario Azul, serializado durante un ano na revista À Suivre, cuxo álbum posterior é todo un éxito. Con el recolle numerosos premios. En 1998 Diario Azul” ten unha continuación, Logo da choiva. A pesar da gran repercusión que estas obras máis persoais tiveron na súa carreira, Juillard non abandonou en ningún momento o xénero histórico que lle deu sona, alternando a creación destes proxectos con obras máis comerciais, como Pluma ao vento, continuación de As sete vidas do Gavilán.

En 1999 volve sorprender. Xunto a Yves Sente como guionista, recolle o desafío de prolongar as aventuras de Blake e Mortimer (os personaxes creados por Edgar P. Jacobs). Continuar as aventuras destes personaxes, un dos seus amores de infancia, representa para Juillard unha oportunidade de evasión melancólica, ao mesmo tempo que un reto artístico. A pesar da fría acollida da crítica, os catro álbums son un rotundo éxito de vendas. O seu último traballo publicado é A longa viaxe de Lena. Actualmente traballa nunha continuación desta obra. Juillard realiza habitualmente tamén ilustracións para diversas editoriais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: conferencias de Enrique Vegas e José Miguel Fonollosa

mércores, 12 agosto 2009, 15:00 | Category : comic
Tags : , ,

Hoxe mércores no Kiosco Alfonso de 18:15 a 19:30. Entrada libre.

.Enrique Vegas (Segovia, 1967) é un autor que se fixo un oco no competitivo mundo do cómic cun personalísimo estilo. O seu selo son as parodias de películas e cómics por medio dos seus coñecidos cabezones. Nun estudo de animación, faceta na que se iniciou como debuxante, coñeceu a Carlos J. Oliveirais, quen lle propón colaborar na realización dun cómic. Atraído polo desafío, acepta a proposta. Pouco tempo despois, Arbillos, unha particular parodia da película Aliens, é publicado pola editorial Dude. A proposta foi todo un éxito de vendas. Este cómic cambiou o mercado editorial en España, ao demostrar que este tipo de historieta, irreverente e humorística, pero de calidade, tiña espazo no mercado. A este primeiro traballo seguíronlle outros títulos similares, todos eles na mesma liña paródica: Cambotero, É-Piderman, Vlade. En 2002, Enrique Vegas emprende un proxecto persoal, deixando as parodias e desenvolvendo unha historia propia titulada Kobe. Desde ese momento, a produción deste autor é incesante, combinando os seus traballos máis comerciais con outros máis persoais. Destacan as súas particulares versións dos universos Star Wars (Los cabezones de las galaxias e El cabezón contraataca); Matrix (Matris, Matris Chimpún) ou Indiana Jones (Cabezón Jones y el arca escondida e Cabezón Jones y el templo malito).

José Miguel Fonollosa (Vinarós, 1975) é un autor polifacético que, coma moitos dos seus compañeiros de profesión, curtiuse nos noventa en multitude de fanzines como Hiperespacio ou Flascinder. No ano 2000, comezou a publicar na revista infantil CAMACUC, creando as series Trastades a l´olimp e Hotel Monster, que segue realizando hoxe en día. No 2006 debuxa, con guión de Manuel Castaño, a obra Billy Bob, unha sátira sobre a vida mesma, cun personaxe principal no cal todos podémonos ver reflectidos. Un ano despois, a editorial Dibbuks volveu confiar nel, esta vez para unha obra moito máis intimista: Te quise como sólo se quiere a los cabrones, con guión de María José Jiménez. Esta obra chamou a atención da editorial francesa Dargaud e foi publicada no país veciño. Cambiando radicalmente de rexistro realizou Sebastián Lefou, da man de Aleta edicións. Nun mundo fantástico, cheo de misterio e hechicería, o bravo Sebastián Lefou loita contra todo tipo de seres malvados. Desde o ano 2008, Fonollosa está enfrascado no seu proxecto máis ambicioso: El viaje de Darwin. Ata o momento publicáronse os dous primeiros tomos, Plymouth-Río de Janeiro e La tierra del fuego, da man de Planeta de Agostini. A obra pretende contar os cinco anos que Charles Darwin estivo embarcado no HMS Beagle, onde descubriu unha verdade oculta ata entón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: as exposicións

martes, 11 agosto 2009, 15:00 | Category : comic
Tags :

AQUARIUM FINISTERRAE: José Fonollosa

CASA DE CULTURA SALVADOR DE MADARIAGA: Emma Ríos / Mariano Casas Gil

PAZO MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS KIOSKO ALFONSO: André Juillard / Enrique Vegas / Posy Simmonds / Vittorio Giardino / Álex Cal

PALEXCO: Guionistas Americanos / Pasqual Ferry / Carteles de Viñetas desde o Atlántico

SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO MUNICIPAL: Scott McCloud

FÓRUM METROPOLITANO: Viñetas on the road

FUNDACIÓN LUIS SEOANE: Max: Hipnotopía / O debuxo animado americano. Unha arte do século XX. Colección Luciano Berriatúa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: as conferencias

martes, 11 agosto 2009, 14:00 | Category : comic
Tags :

Todas as conferencias celebraranse no Kiosco Alfonso.

Martes 11
18:15 – 19:30 Visita guidada Expo Guionistas con Jaume Vaquer
19:45 – 21:00 Charla Emma Ríos e Alex Cal

Mércores 12
18:15- 19:30 Charla Enrique Vegas e José Fonollosa
19:45 – 21:00 Charla André Juillard

Xoves 13
18:45 – 20:00 Charla Pascual Ferry
20:05 – 21:30 Charla Vittorio Giardino

Venres 14
18:15 –19:30 Charla Paco Roca
19:45 – 21:00 Charla Posy Simmonds
18:30 – 20:30 Sinatura de autores

Sábado 15
12:00 – 13:30 Sinatura de autores
18:15 – 20:30 Conferencia Scott McCloud

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: actividades na carpa

martes, 11 agosto 2009, 13:30 | Category : comic
Tags :

Martes 11
17:00 – 21:00 Ocio dixital / Friquiz/ Karaoke

Mércores 12
12:00 - 14:00 Obradoiro Comic
18:00 21:00 Ocio dixital / Friquiz / Karaoke

Xoves 13
12:00 - 14:00 Obradoiro Comic
18:00 – 18:15 Charla Asociación Galega de Profesionais da ilustración (AGPI)
18:15 – 18:30 Presentación Comic "Trafalgar"
18:15 - 18:45 Presentación nº 20 de "Dos Veces Breve"

Venres 14
12:00 - 14:00 Obradoiro Manga
18:00 – 18:15 Presentación novidades Colectivo Polaqia
18:30 – 19:30 Torneo "Guitar Hero"
19:30 - 20:30 Torneo alfombras de baile Stepmania
20:30 - 23:00 Draff cartas Magic

Sábado 15
12:00 - 14:00 Obradoiro Manga
17:00 - 18:00 Charla Asociación tintinófila "Mil Rayos!" 40 aniversario chegada á lúa
18:00 – 18:15 Presentación Retranca "FITO e PITA"
18:30 - 20:00 Torneo "Tekken"
20:00 - 21:00 Concurso Cosplay

Domingo 16
12:00 - 14:00 Kedada bonecas de colección e taller de custonización
17:00 – 21:00 Ocio dixital / Friquiz / Karaoke

Para os obradoiros e concursos é necesario inscribirse.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Remata a Feira do Libro da Coruña

luns, 10 agosto 2009, 10:00 | Category : Libro e lectura, feiras
Tags :

Programa do luns 10 de agosto

18.00 A feira dos nenos. Espectáculo de monicreques: Os tres porquiños e algún outro, realizado por Mario Tomás.
19.30 O escritor Xavier Seoane presentará o seu libro Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008, publicado pola Editorial Trifolium. Xunto co autor, tamén participarán Miguel Anxo Fernán-Vello e o editor Xan Arias. Ao remate do acto, o escritor asinará exemplares do seu libro.
20.00 A escritora Leticia Dotras Méndez asinará exemplares do seu libro Océanos de una orilla, editado por Publicaciones Arenas.
20.30 A Associaçao de Amizade Galicia e Portugal fai a presentación do libro Galiza: Língua e sociedade (XIV Ensaios). Presenta e modera, Fernando Vasques Corredoira (traductor). Interveñen: António Gil Hernández (editor e co-autor) e Ernesto Vázquez Sousa (co-autor).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Feira do Libro da Coruña: programa do domingo 9 de agosto

sábado, 8 agosto 2009, 23:00 | Category : Libro e lectura, feiras
Tags :

19.00 A feira dos nenos. A escritora Irene Castelos Cortizas asinará exemplares do seu libro Pesadillas al anochecer, publicado por Éride Ediciones.
19.00 A editorial Trifolium presenta o libro de María Casares Residente Privilexiada. Presentará o acto María Lopo. Tamén participarán no mesmo María Xosé Bravo, concelleira de Cultura do concello da Coruña e o editor, Xan Arias.
19.00 O escritor Luis Sepúlveda asinará exemplares do seu libro La sombra de lo que fuimos (Premio Primavera de Novela), publicado pola Editorial Espasa Calpe e do resto dos seus libros.
19.30 A escritora Consuelo Mariño Bobillo asinará exemplares do seu libro La Coruña bajo el reinado de Fernando VII, editado por Publicaciones Arenas.
20.00 Presentación libro Hasta el fin del mundo, do escritor Manuel Sánchez Dalama.
21.00 A escritora Magdalena del Amo, presentará o seu libro Déjame nacer, publicado pola editorial La Regla de Oro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O ceo de agosto

sábado, 8 agosto 2009, 13:00 | Category : astronomía, ciencia
Tags : ,

guia-do-ceo-agosto-2009-blog
Mapa do ceo do mes de agosto: [descargar]

Xúpiter entra en oposición o 14 de agosto, polo que será visíbel ao longo de toda a noite. O día 7 de agosto o planeta máis grande do sistema solar estará en conxunción coa Lúa, e once días despois será Venus quen entre en conxunción coa Lúa ao amencer. Mercurio será visíbel pola tardiña e terá a súa máxima elongación leste o 24 de agosto (27,1º).

Aínda que se ven durante gran parte do ano, nesta altura é cando máis destacan tres constelacións ben coñecidas polos afeccionados: Cygnus, Lyra e Aquila, coas súas estrelas máis brillantes Deneb, Vega e Altair. Estas estrelas forman o chamado “Triángulo do Verán”, un asterismo moi famoso. Vega é unha das estrelas máis brillantes do noso ceo e non está demasiado lonxe, pois fica a só 26 anos luz do Sol. Deneb porén é unha estrela bastante afastada de nós, pero aínda así o seu brillo é moi intenso. Deneb significa “cola” e de feito representa a cola de Cygnus (o Cisne).

A máis famosa chuvia de estrelas do ano, a das Perseidas, ocupará a atención dos afeccionados as noites do 11 e 12 de agosto, que é cando se prevé o seu máximo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Feira do Libro da Coruña: programa do sábado 8 de agosto

venres, 7 agosto 2009, 23:00 | Category : Libro e lectura, feiras
Tags :

19.00 A feira dos nenos. Contacontos da escritora Yolanda Castaño e do debuxante Mario Tomás, arredor do seu libro Cando eu saiba ler, publicado pola Editorial Galaxia.
19.00 O escritor, debuxante e actor Moncho Borrajo, asinará exemplares do seu libro Gatos, publicado pola Editorial Ir Indo.
20.00 Presentación do libro Os días adiados, de Correa Corredoira, publicado por Edicións Espiral Maior. Xunto co autor, participan no acto o poeta e profesor Xavier Seoane e Miguel Anxo Fernán Vello, director da editorial.
20.00 A escritora Espido Freire asinará exemplares dos seus último libros: El trabajo os hará libres, publicado pola Editorial Páginas de Espuma e Cartas de amor y desamor, publicada por 451 Editores.
20.30 O escritor Xavier Alcalá asinará exemplares do seu libro Habana Flash, publicado por Ediciones Nowtilus e do resto das súas obras.
21.00 Edicións Laiovento presenta o libro Rosalía de Castro. A luz da ousadía, do escritor Diego Pardo Amado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Feira do Libro da Coruña: programa do venres 7 de agosto

venres, 7 agosto 2009, 14:00 | Category : Libro e lectura, feiras
Tags :

18.00 A feira dos nenos. A compañía de teatro de rúa Seisdedos, representará a súa obra O galo Kiriko e os seus amigos.
19.00 A escritora Concha Blanco asinará exemplares dos seus libros.
19.00 A asociación MusicArte presentará o seu libro-CD Once máis 15. Poemas musicados.
19.30 O escritor Vicente Iglesias Martelo asinará exemplares do seu libro La Calle Real Coruñesa. Historias y vivencias, editado por Publicaciones Arenas.
20.00 Edicións Laiovento presenta os libros De fala a língua: un proceso inacabado, de María del Pilar García Negro e Sobre o racismo lingüístico, de varios autores e coordinado pola mesma autora.
20.00 Xabier P. Docampo (autor) e Xosé Cobas (ilustrador), asinarán exemplares do seu Libro das viaxes imaxinarias (Premio Irmandade do Libro 2009 da Federación de Libreiros de Galicia), publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.30 O escritor Luis Lamela asinará exemplares do seu libro Escapado, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
21.00 O humor na feira do libro. Monólogo humorístico de Cándido Pazó.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mercedes Peón en Son de noite (vídeo)

xoves, 6 agosto 2009, 21:00 | Category : concertos, música, vídeo
Tags : ,

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Feira do Libro da Coruña: programa do xoves 6 de agosto

xoves, 6 agosto 2009, 10:00 | Category : Libro e lectura, feiras
Tags :

18.00 A feira dos nenos. A escritora Heidi Kühn-Bode presenta a súa Actividade teatral para nenos realizada arredor do seu libro Falou un queixo, publicado pola Editorial Galaxia.
19.00 O escritor e xornalista Carlos G. Reigosa asinará exemplares do seu libro A vida do outro (premio Torrente Ballester 2008), publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.00 O escritor Carlos L. Medrano, presenta o seu libro Esfinge. Relatos de pensamento creativo, publicado por 3C3 Editores. Xunto co autor, participan no acto Salvador Naya e Amancio Liñares Giraut.
19.30 O escritor Ignacio del Valle, asinará exemplares do seu libro Los demonios de Berlín, publicado pola Editorial Alfaguara.
20.00 O escritor Luis Pousa Rodríguez asinará exemplares dos seus libros La noche de las palabras, gañador do IX Premio Literario Fernando Arenas Quintela (2009), editado por Publicaciones Arenas e Embigo do mar, publicado por Edicións Espiral Maior.
20.00 O escritor Carlos Mella presenta o seu libro Memorias dun ninguén, publicado pola Editorial Galaxia.
20.30 O escritor Javier Sáez de Ibarra asinará exemplares do seu libro Mirar al agua (Premio Ribera del Duero de Narrativa Breve), publicado pola editorial Páginas de Espuma.
21.00 Recital narrativo musical de Xosé Carlos Caneiro arredor do seu libro Blue moon, publicado por Biblos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Feira do Libro da Coruña: programa do mércores 5 de agosto

mércores, 5 agosto 2009, 10:00 | Category : Libro e lectura, feiras
Tags :

18.00 A feira dos nenos. Acto arredor do libro O arco da vella, de Charo Pita, ilustrado por Xosé Tomás e publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participarán os autores do libro.
18:15 Espectáculo de escapismo co Mago Pedro Volta
19.00 O escritor Bieito Romero asinará ejemplares do seu libro Xeometrías máxicas de Galicia, publicado pola Editorial Ir Indo.
19.00. Presentación do libro A casa máxica. O meu primeiro libro de maxia do Mago Pedro Volta, publicado por Baía Edicións.
20.00 O escritor e xornalista Luis Rei Núñez presenta o seu libro Monte Louro, gañador do Premio Blanco Amor de Narrativa 2009 , publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto o escritor Xavier Seoane e Manuel Bragado, director xeral da editorial.
20.00 O actor e escritor Moncho Borrajo, asinará exemplares do seu libro Dende a outra beira, publicado por 3 Editores
21.00 A Editorial Galaxia presenta os últimos títulos da colección Árbore Os Duros. Participan Xosé A. Neira Cruz e os autores e ilustradores dos libros: María Lires, Alberto Varela Ferreiro, Margarita Ledo, David Pintor, Xabier P. Docampo e Xosé Cobas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Monólogos de Carlos Blanco, Avelino González e Cándido Pazó no Fórum Metropolitano

martes, 4 agosto 2009, 14:00 | Category : teatro
Tags : , , ,

Hoxe, mañá e pasadomañá no Fórum Metropolitano teremos ocasión de escoitar a tres grandes monologuitas galegos: Carlos Blanco, Avelino González e Cándido Pazó. As súas actuacións terán lugar os tres días a partir das 21 horas, e a entrada é de balde. Detallamos a seguir o programa desta actividade:

carlosblancoMartes 4 de agosto: CARLOS BLANCO
Autor, director, actor, monologuista, conta cunha ampla traxectoria teatral e é un dos actores galegos máis coñecidos. Como actor foi durante 3 anos parte do elenco Mareas vivas e participou en longametraxes como O lápis do carpinteiro e O alquimista impaciente. Como autor conta con varios guións escritos para Mareas vivas. Como monologuista destacamos que foi finalista do concurso El club de la comedia 2003 co monólogo titulado Guirilandia.

avelinoMércores 5 de agosto: AVELINO GONZÁLEZ
Actor, director e autor teatral comezou a súa carreira na compañía A Farándula (Vigo) ata a súa desaparición. Fundador de Tranvía Teatro e Ollomol Tranvía é un home consolidado no noso panorama escénico. Participou en varias películas e conta con numerosas intervencións en series e programas de televisión. No seu repertorio como contador atoparemos historias verdadeiras e falsas, oídas e inventadas, tenras, graciosas, picantes, subversivas...

candidoXoves 6 de agosto: CÁNDIDO PAZÓ
Autor teatral, guionista de televisión e director de escea con numerosos espectáculos estreados, entre os que destacan: O Merlo branco (Premio Xeración Nós, 1989), Ñiqui-Ñaque (Premio Max ao Mellor Texto Galego, 2002), ou Bicos con lingua (Premio María Casares, 2004). É un dos referentes da nosa cultura, tanto como contador como autor teatral.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google