Presentación da novela Pirata de María Reimóndez

mércores, 30 setembro 2009, 17:00 | Category : Libro e lectura, presentacións
Tags : , , ,

A novela Pirata de María Reimóndez será presentada mañá xoves 1 de outubro na Sala Maremágnum do Aquarium Finisterrae da Coruña. No acto participarán ademais da autora o editor Manuel Bragado, a escritora Yolanda Castaño e o músico Xabier Díaz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Poesía e música co grupo Ouriol na Biblioteca dos Rosales

mércores, 30 setembro 2009, 13:00 | Category : bibliotecas, música, poesía
Tags : ,

Continúan os actos conmemorativos da inauguración da nova Biblioteca dos Rosales. Hoxe mércores 30 “SOÑOS E POEMAS DE CIRLOT”, un espectáculo poético-musical do grupo OURIOL (Eva Veiga, Bernardo Martínez e Fito Ares). A partir das 20:00, con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Estrea do documental 36/75, hoxe no CGAI

martes, 29 setembro 2009, 11:30 | Category : audiovisual, cinema
Tags : ,

Hoxe martes 29 ás 20:30 no CGAI, presentación do documental 36/75 coa presenza do seu autor Xurxo González. A entrada é gratuíta.

36/75 (Galicia, 2009). Dirección, guión e produción: Xurxo González. Duración: 40 minutos. Sinopse: A Guarda. Febreiro 2009. Eleccións Galegas. O sentimento democrático ilumina friamente lugares anónimos onde se esvaeceron os sinais do paso do “demo”. Reflexión sobre a dificultade de lembrar, dos problemas da Historia, do paso do tempo, da significación dos espazos, da fraxilidade da memoria, da natureza documental e da vontade de esquecer dunha parte da sociedade que convive, sen querer darse de conta, en escenarios que testemuñan a barbarie

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outonarte 09: Son e poder, seminario de Chiu Longina

martes, 29 setembro 2009, 11:20 | Category : Arte, obradoiros, seminario
Tags :

escoitar-outonarte

Dentro da programación de Outonarte do 5 ao 9 de outubro terá lugar un taller/seminario co título Son e poder. Tecnoloxías sonoras de control social. Armas acústicas, impartido por Chiu Longina, Escoitar.org. O taller trata de mostrar unha panorámica actual dos diferentes usos, desenvolvementos e implementacións tecnolóxicas baseadas en tecnoloxía sonora cuxa utilización ten como obxectivo exercer control social e poder ou atacar e defenderse (o caso das armas acústicas).

DIRIXIDO A: Artistas, músicos, científicos sociales, activistas sonoros e creadores nas áreas da imaxe, o son ou a produción multimedia interesados na experiencia acústica. Maiores de 16 anos.

INFORMACIÓN E MATRÍCULA: picar aquí

Dossier informativo: [descargar]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro 10 experimentos con pelos

A Fortiori Editorial presenta na Coruña 10 experimentos con pelos, o primeiro libro da colección Ciencia Infinita, dirixida a nenos de máis de 8 anos. Será hoxe martes 29 de setembro na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés ás 20 h. O acto será presidido pola directora da editorial, Natividad de la Puerta Rueda e estarán presentes os autores do libro, Marcos Pérez Maldonado, Francisco Franco del Amo, Patricia Barciela Durán e Francisco Armesto Ramón, dos Museos Científicos Coruñeses.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Xabier P. Docampo

martes, 29 setembro 2009, 10:30 | Category : conferencias
Tags : ,

O dia 29 de Setembro, terça-feira (martes), a Agrupaçom Cultural O Facho comeza as actividades do período 2009-10 coa palestra O governo Opus/P.P. e a sua política etnocida contra a Língua Galega dentro do ciclo “Língua, Literatura e Naçom”. A conferencia correrá a cargo do escritor Xabier P. Docampo. Será a partir das oito do serán na Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

IV Festival Galego de Cabaré

luns, 28 setembro 2009, 13:00 | Category : cabaré, música, teatro
Tags :

cabare

Programa de actividades

Luns 28 de setembro, 19 h: Performance inaugural no Fórum da Fnac.

Martes 29 de setembro: ás 21 h, Cabaréncrise a cargo da Compañía Femme Fatale (A Coruña), no auditorio do Fórum Metropolitano. Ás 23 ho a compañía de Vigo St James Street Band actuará no café bar La Belle Epoque.

Mércores 30 de setembro: ás 21 h Lilí Berlín, pola Compañía Branca Cendán (Santiago) no auditorio do Fórum Metropolitano. Ás 23 h Encabareta2 da Compañía Fun Fanfarria Teatro (Madrid) no café bar La Postrería.

Xoves 1 de outubro: ás 21 h El desahucio pola Compañía Zanguango Teatro (Burgos) no auditorio do Fórum Metropolitano. Ás 23 h Siesta continental de Iria Pinheiro & Sul Produccións (Vigo) no café bar La Postrería.

Venres 2 de outubro: ás 21 h Máxico Circus Cabaret co Mago Cayetano Lledó (Santiago) no Fórum Metropolitano. Ás 23 h El orgasmo es cosa de mujeres coa Compañía Mundo Mandarina (Barcelona) no café bar La Belle Epoque.

Sábado 3 de outubro, 21 h: Gala Femme Fatale no Teatro Rosalía de Castro. Interveñen: St James Street Band, Iván Villar, Carla de Figueredo, Amparo Novas, Cayetano Lledó, Compañía Mundo Mandarina, Nelson Quinteiro e a Compañía Femme Fatale.

Máis información, na páxina web Cabaré3.

Dossier de prensa: [descargar]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xabier P. Docampo e Xosé Cobas pasearán por cidades imaxinarias hoxe na Biblioteca dos Rosales

luns, 28 setembro 2009, 12:00 | Category : bibliotecas, conferencias, infantil
Tags : , ,

Continúan os actos conmemorativos da inauguración da nova Biblioteca dos Rosales. Hoxe luns 28 de setembro ás 18:30 viaxaremos a mundos fantásticos e imaxinarios coas narracións do escritor Xabier P. Docampo e cos debuxos do ilustrador Xosé Cobas. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rodin e a mitoloxía simbolista, gran exposición no Kiosco Alfonso

sábado, 26 setembro 2009, 16:00 | Category : escultura, exposicións
Tags : ,

rodin

Onte inaugurouse a exposición Rodin e a mitoloxía simbolista, que estará aberta ao público até o 15 de novembro de 2009 no Pazo Municipal de Exposicións Kiosco Alfonso (Xardíns de Méndez Núñez, 3). O horario é de luns a domingo de 12 a 14 h e de 18 a 21 h. A exposición conta co patrocinio da Obra Social Fundación ”la Caixa”.

Podedes descargar o folleto informativo picando nesta ligazón

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Inaugurada a nova Biblioteca dos Rosales

sábado, 26 setembro 2009, 14:00 | Category : bibliotecas
Tags :

Hoxe sábado día 26 inauguramos na Coruña unha nova biblioteca: a Biblioteca dos Rosales. Compartimos con todos vós o texto de presentación do convite:

Logo dun longo camiño de proxectos e trámites, de reunións e conversas, de acción e de colaboración de moita xente, chega a celebración, celebración dos veciños que xa poden gozar dun novo espazo público en que se encontraren cos outros, coa cultura, coa información, …e celebración de todos e todas os/as que participamos deste proxecto desde os seus inicios porque conseguimos materializalo en algo real e tanxible. Pero tamén celebración doutra xente: docentes, membros de asociacións e colectivos do barrio e da cidade cos que traballamos no desenvolvemento dun proxecto cultural e educativo coa cidadanía. E isto sen nos esquecermos de moitas máis persoas: bibliotecarios e bibliotecarias, políticos e políticas, creadores e creadoras…, compañeiros e compañeiras de ilusións, de desexos, cómplices dun soño: bibliotecas de todos e para todos.

Por iso contamos con vós para participardes en todos os actos que aparecen no programa do convite da nova Biblioteca dos Rosales.

Folleto de presentación e programa de actividades: [Descargar]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Forum acolle esta fin de semana a obra infantil ‘Pingueiras e tarteiras’ de Teatro do Andamio

sábado, 26 setembro 2009, 9:00 | Category : infantil, teatro
Tags :

No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueirsa. Pero un día chega pola porta a Compañía do Paraugas. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo daranlle cor a tanta monotonía e farán que a mesma choiva soe a música, a música das pingueiras nas tarteiras.

Esa é a sinopse da obra de Teatro do Andamio Pingueiras e Tarteiras de Teresa González, a representar hoxe sábado 26 (ás 19.00 horas) e mañá domingo 27 de setembro (ás 17.00 horas) no Forum Metropolitano. Trátase dunha obra infantil que fala de mundo colorido e cheo de forza do Circo e como fai mudar un mundo triste e gris. Unha obra dirixida especialmente a nenos e nenas de catro a dez anos pero na que tamén os adultos desfrutarán cunha representación chea de colorido, máxia e humor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Carmelo Gómez e Silvia Abascal abren a programación de outono do Rosalía

venres, 25 setembro 2009, 9:00 | Category : teatro
Tags : , ,

dias-de-vino-y-rosas-3

Días de vino y rosas é o título escollido polo Teatro Rosalía de Castro para abrir a súa programación de outono. A obra foi adaptada por David Serrano e ten como parella protagonista a Carmelo Gómez e Silvia Abascal, guiados pola enorme experiencia na dirección de Tamzin Townsend.

O Teatro Rosalía programou funcións ás 20:30 o sábado 26 e o domingo 27. As entradas para os dous días xa están esgotadas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: La fille coupée en deux

xoves, 24 setembro 2009, 11:30 | Category : cinema
Tags :

La fille coupée en deux de Claude Chabrol, esta semana na Sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Consagrados.

Horario: Xoves 24, 20:30. Venres 25, 20:30 e 23:00. Sábado 26, 17:30 e 20:30.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cinema no Fórum: Parlez-moi de la pluie

xoves, 24 setembro 2009, 11:00 | Category : cinema
Tags :

O filme Parlez-moi de la pluie de Agnès Jaoui, esta semana na Sala Marilyn Monroe do Fórum Metropolitano dentro do ciclo Estreas en V.O..

Horario: Xoves 24, 20:15. Venres 25, 20:15 e 22:45. Sábado 26, 17:15 e 20:15.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

World Photo Press: Domus amosa a mellor fotografía do mundo

mércores, 23 setembro 2009, 20:00 | Category : fotografía, museos científicos
Tags :

suauDomus acolle do 19 de setembro ao 10 de outubro a presentación, por primeira vez na península, das mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo, premiadas no maior e máis prestixioso concurso de fotografía de prensa, World Photo Press.

A fotografía gañadora desta edición é unha instantánea en branco e negro realizada polo fotógrafo norteamericano Anthony Suau e mostra a un oficial armado rexistrando unha casa en Cleveland (EE.UU), como parte do protocolo de desafiuzamento dunha familia que non puido pagar a hipoteca. Os axentes deben asegurarse de que na casa non hai armas de fogo e de que os seus residentes marcharon. A foto forma parte dunha reportaxe sobre a crise económica que o autor fixo para a revista Time en marzo de 2008. Sobre esta imaxe, a presidenta do xurado do concurso, di: "A forza da foto está nos seus extremos. Ten unha dobre lectura. Parece unha clásica fotografía dun conflito, pero é simplemente un desafiuzamento. Agora a guerra no seu sentido tradicional entra nas casas da xente cando non poden pagar as súas hipotecas".

Os galardonados no World Photo Press foron 64 fotógrafos de 27 países: Alemaña, Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, Corea do Sur, España, Estados Unidos, Francia, Grecia, Holanda, India, Irlanda, Italia, México, O Salvador, Polonia, Rusia, Sudáfrica, Suecia, Suíza, Ucraína, Xapón. Os seus traballos compoñen a exposición que podemos ver estes días en Domus; entre eles o do fotógrafo español Pep Bonet, que obtivo o 2º premio na categoría de Retratos. As fotografías premiadas neste concurso agrúpanse arredor de dez categorías temáticas: Noticias de actualidade, Temas de actualidade, Personaxes de actualidade, Deportes e fotografías de acción, Reportaxes de deportes, Temas contemporáneos, Vida cotiá, Retratos, Arte e entretemento e Natureza.

World Press Photo é unha organización que promove e apoia o traballo dos profesionais da fotografía de prensa a nivel internacional. As actividades que desenvolve inclúen un concurso anual, exposicións, programas educativos e publicacións que amplifican a visión da creación fotoxornalística. World Press Photo recibe o apoio de Dutch Postcode Lottery e está patrocinada en todo o mundo por Canon e TNT.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google