Música para un ouveo, hoxe no Rosalía

Espectáculo con música de Borja Costa sobre o texto Howl de Allen Ginsberg, traducido ao galego por Xoán Abeleira. Estrea absoluta coa participación de Manuel Rivas como escritor invitado o xoves 3 de setembro na Coruña ás 21.00 horas no Teatro Rosalía de Castro. Máis información na páxina web do proxecto.














