A Concellaría de Cultura expresa o seu malestar pola decisión da Xunta de non convocar este ano o Culturgal
A Concellaría de Cultura quere expresar a súa máis profunda decepción ante a decisión dada a coñecer hoxe por parte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia de non organizar en 2009 a Feira Galega das Industrias Culturais “Culturgal”. A anterior edición do Culturgal celebrouse na nosa cidade o pasado mes de decembro e acadou espectaculares cifras de asistencia, que favoreceron a proclamación da Coruña como sede permanente desta Feira, un evento que demostrou ser un utilísimo escaparate para a cultura de noso. Ao adiar a Feira como mínimo ata 2010 alegando razóns financeiras o departamento de cultura da Xunta de Galicia deixa aos coruñeses e coruñesas sen un dos principais acontecementos culturais e sociais do ano, que é tamén, non o esquezamos, unha valiosa oportunidade de negocio para as empresas do sector.

1Jorge Castro
wrote on 9 setembro 2009 at 22:28
É triste malia ser previsible. E triste tamén é pensar que isto supoña que tampouco no 2010 haberá Culturgal. Seguro que coa escusa do Xacobeo tampouco haberá cartos…
Cantas contradicións, canta in-cultura… Por unha parte a imaxe de pretendida modernidade. Por outra parte paus como este… Está claro que nin hai programación cultural nin hai preocupación pola cultura, nin polas industrias culturais e penso que nin tan sequera hai unha idea clara do que é a cultura.
2Jorge Castro