Arranca o Forumfolk co concerto de Pablo Seoane Grupo

Hoxe luns 14 ás 21 h terá lugar no Fórum Metropolitano o primeiro concerto do ciclo outono-inverno 09 do Forumfolk, un escaparate do folk e da música tradicional galega que busca novas propostas, formatos diferentes, estreas de traballos, presentacións discográficas, etc.
Este primeiro concerto corre a cargo do septeto liderado polo gaiteiro Pablo Seoane que presenta o seu novo proxecto Baila se "ques" bailar, un espectáculo de música galega de baile arranxado tanto para bailar como para escoitar. De feito o auditorio do Forum transformarase nun espazo diferente, unha mistura entre o auditorio convencional e un café teatro con espazo para bailar. Ademáis o grupo contará coa colaboración de músicos da Asociación Cultural Donaire.
Entradas: 5 euros (3 euros para usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados)















2 Comments for “Arranca o Forumfolk co concerto de Pablo Seoane Grupo”
Trackbacks