World Photo Press: Domus amosa a mellor fotografía do mundo

mércores, 23 setembro 2009, 20:00 | Category : fotografía, museos científicos
Tags :

suauDomus acolle do 19 de setembro ao 10 de outubro a presentación, por primeira vez na península, das mellores fotografías realizadas por fotoxornalistas de todo o mundo, premiadas no maior e máis prestixioso concurso de fotografía de prensa, World Photo Press.

A fotografía gañadora desta edición é unha instantánea en branco e negro realizada polo fotógrafo norteamericano Anthony Suau e mostra a un oficial armado rexistrando unha casa en Cleveland (EE.UU), como parte do protocolo de desafiuzamento dunha familia que non puido pagar a hipoteca. Os axentes deben asegurarse de que na casa non hai armas de fogo e de que os seus residentes marcharon. A foto forma parte dunha reportaxe sobre a crise económica que o autor fixo para a revista Time en marzo de 2008. Sobre esta imaxe, a presidenta do xurado do concurso, di: "A forza da foto está nos seus extremos. Ten unha dobre lectura. Parece unha clásica fotografía dun conflito, pero é simplemente un desafiuzamento. Agora a guerra no seu sentido tradicional entra nas casas da xente cando non poden pagar as súas hipotecas".

Os galardonados no World Photo Press foron 64 fotógrafos de 27 países: Alemaña, Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, Chile, China, Colombia, Corea do Sur, España, Estados Unidos, Francia, Grecia, Holanda, India, Irlanda, Italia, México, O Salvador, Polonia, Rusia, Sudáfrica, Suecia, Suíza, Ucraína, Xapón. Os seus traballos compoñen a exposición que podemos ver estes días en Domus; entre eles o do fotógrafo español Pep Bonet, que obtivo o 2º premio na categoría de Retratos. As fotografías premiadas neste concurso agrúpanse arredor de dez categorías temáticas: Noticias de actualidade, Temas de actualidade, Personaxes de actualidade, Deportes e fotografías de acción, Reportaxes de deportes, Temas contemporáneos, Vida cotiá, Retratos, Arte e entretemento e Natureza.

World Press Photo é unha organización que promove e apoia o traballo dos profesionais da fotografía de prensa a nivel internacional. As actividades que desenvolve inclúen un concurso anual, exposicións, programas educativos e publicacións que amplifican a visión da creación fotoxornalística. World Press Photo recibe o apoio de Dutch Postcode Lottery e está patrocinada en todo o mundo por Canon e TNT.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Leave a comment

Cannot get file list: '/var/www/mapa/wp-content/plugins/SK2/sk2_plugins/' is not a valid folder path